Devolución dos libros de texto
O alumnado debe devolver antes do 20 de xuño os libros de texto que lles foron entregados a inicios de curso (no caso de 3º e 5º) ou os que foron adquiridos co vale (alumnado de 4º e 6º). As familias tamén poden doar os libros non adquiridos co vale, que pasarán a formar parte do fondo de material deste colexio.
Fondo solidario de libros de texto 2016-2017 (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria)
• Solicitudes: ata o 23 de xuño
• Publicación de listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas: 5 de xullo
• Reclamacións: 6 e 7 de xullo
• Publicación de listaxes definitivas de alumnado beneficiario no taboeiro de anuncios: 11 de xullo
• Entrega de libros: ao comezar as clases en setembro, por parte da nova titora ou titor.
Vales de libros de texto (1º e 2º de Primaria) e material escolar (toda Primaria) – con impreso de solicitude e data de presentación anterior
A recollida de vales farase os días 13 e 14 de xullo, de 11:00 a 12:00 h. Entregaranse á persoa solicitante ou por medio dunha autorización escrita.
Matrícula de novo alumnado para o curso 2016-2017
A matrícula farase do 20 ao 30 de xuño, en horario de 13:40 a 14:30h. Os impresos poden descargarse aquí ou recollerse na conserxería do centro.
Recollida de expedientes para o alumnado de 6º
Os expedientes necesarios para matricularse nos institutos e os historiais académicos poderán recollerse o día 30 de xuño, de 13:00 h. a 14:00h.
Remate e inicio das clases
As clases rematan o mércores 22 de xuño, e comezarán de novo o luns 12 de setembro.