Skip to Content

Matrícula de novo alumnado para o curso 2016-2017

Matrícula para alumnado novo: Todo o alumnado que solicitou praza para o curso 2016-2017 foi admitido. O alumnado que xa cursou estudos no actual curso non ten que facer este trámite.

Prazo de matrícula: do 20 ao 30 de xuño, de 13:30 a 14:30 horas.

Documentación necesaria para todo o alumnado:

  1. Impreso de matrícula cuberto en letra maiúscula e con datos completos. Débese elixir a opción de Atención Educativa ou Relixión Católica. Se vai usar transporte escolar da Consellería, deberán sinalar cunha cruz no recadro correspondente e escribir, ao lado, o nome da parada máis próxima. O impreso pode ser descargado aquí, e encherse directamente na pantalla se o dispositivo o permite.
  2. Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a alumno/a.
  3. Autorización para uso de imaxe. Pode descargala aquí.
  4. Listado de persoas autorizadas para a recollida do alumno/a e de aviso en caso de emerxencia. Pode descargalo aquí.
  5. Enquisa sobre a lingua para o alumnado de 3 anos. Pode descargala aquí, e enchela directamente na pantalla se o seu dispositivo o permite.
  6. Oito fotos de tamaño carné, co nome e apelidos por detrás de cada unha.

Documentación adicional, en caso de que o alumno/a estea nalgunha destas situacións:

  • Fotocopia do carné de familia numerosa, se é o caso.
  • Solicitude de uso excepcional de transporte se vive a menos de dous quilómetros do colexio. Pode descargala aquí.
  • Copia dos documentos médicos que acrediten doenzas ou problemas de saúde que o centro escolar deba coñecer, así como as pautas sanitarias recomendadas.
  • Copia de sentenza xudicial sobre a custodia e patria potestade en caso de separación ou titoría legal.

 

MOI IMPORTANTE: Coas copias da documentación presentaranse os orixinais correspondentes para o seu cotexo.

AnexoTamaño
2016-2017 - Matrícula.pdf427.8 KB
2016-2017 - Imaxe.pdf214.57 KB
2016-2017 - Recollida.pdf217.41 KB
2016-2017 - Enquisa sobre a lingua.pdf175.11 KB
2016-2017 - Transporte escolar.pdf100.43 KB


story | by Dr. Radut