Está convocada unha reunión coas familias do alumnado de tres anos que se vai incorporar a este centro en 4º de Educación Infantil o próximo curso 2016-2017.
A reunión terá lugar o xoves 30 de xuño, ás 10 da mañá na aula de usos múltiples do colexio.
Os temas que se tratarán na xuntanza son:
- Presentación do equipo directivo do centro e da xefatura do departamento de orientación
- O proceso de desapego afectivo
- Hábitos e habilidades básicas de nenos e nenas desta etapa, que facilitarán a integración e o desenvolvemento xeral
- Criterios de distribución do alumnado nas aulas
- A entrada gradual na escola
- Outros asuntos de interese