En lembranza a todas aquelas mulleres que desgraciadamente seguen a sofrir o maltrato, a discriminación e a violencia por parte das súas parellas, desde o centro quixemos
celebrar hoxe esta conmemoración con algunhas actividades que cada aula escolleu. Este ano, entre os actos programados, gardouse un afectuoso minuto de silencio
en recordo de todas elas e no que participou todo o alumnado e profesorado do centro
Como prato forte deixámosvos esta videomontaxe onde participan as mulleres que representan aos diferentes sectores da nosa comunidade educativa.
Foi moi laborioso, pero coa colaboración de todas, esperemos que sirva para concienciar sobre a gravidade do problema a toda a cidadanía.
O martes 28 de novembro tivemos a sorte de visitar Castro Landín,magnífica visita para profundar no noso proxecto "COIDANDO DO NOSO"Moitas grazas aos nosos guías pola súas magníficas explicacións.
O mércores 30 de outubro celebramos o magosto e o Samaín,pola mañán antes do recreo, consistiron en obradoiros de cociña, baile, plástica ou enigmas.
Despois do recreo, fixemos xogos no pavillón, onde fixemos construcións con carozos. Xogamos a " tira da corda", chapas,..........
No xantar disfrutamos dun postre delicioso, magdalenas de cabaza adornadas con pantasmas de chocolate, que realizou o alumnado que estivo no obradoiro de cociña.
Despois do xantar, dsfrutamos de unhas deliciosas castañas asadas.
Como xa sabedes, este ano o Día das Letras Galegas dedícaselle a Carlos Casares, autor de numerosas obras infantís e gañador de diferentes premios literarios. Na aula de 3 e 4 anos quixemos celebralo por todo o alto coa lectura do seu conto "A galiña azul", unha pequena historia sobre unha curiosa galiña que non todos aceptaban por ser diferente ás demais.
Para nós foi moi importante reflexionar sobre as nosas diferenzas, xa que resulta fundamental entender que non somos mellores por ter os ollos azuis, verdes ou marróns, nin por ter a pel máis clara ou máis escura (ao igual que no conto, no que se nos fai ver que unha galiña azul é tan válida coma as demais).
Ademais, aproveitamos a ocasión para deseñar as nosas propias portadas do libro, nas que debuxamos á galiña protagonista do conto. E tamén pintamos con acuarelas as galiñas veciñas.
Que sorte poder compartir historias tan bonitas coma esta da man de autores galegos!
Para conmemorar o Día da Biblioteca e coa poesía como eixo, todos os grupos do cole recitamos poesías( de autores de renombre ou creadas polos alumnos e alumnas), que fomos colgando nun tendal.( O soporte físico era unha peza de roupa).
O pasado 17 outubro, tivemos unha actividade na que Mari Carmen Matalobos e Carlos Barruso nos presentaron ao alumnado e profesorado do centro o seu patentado Método de estimulación cerebral "BarruMat". O método busca conxugar o exercicio físico, a cromoloxía e a música para activar as funcións motoras e sensoriais acompañado do son, en directo, do saxo de Carlos Barruso.
Fixéronnos unha pequena demostración dos diferentes exercicios que levan a cabo acompañados dunha breve explicación do que se traballa en cada un deles.
Dende o centro queremos expresar o noso agredecemento pola implicación mostrada por eles en todo momento así como pola súa desinteresada colaboración.
No Ceip Cabada Vázquez queremos que todos os días sexan 25 de novembro e ao longo de toda a semana levamos a cabo actividades distintas nas titorías. Entre todos adornamos un mural co lema "NINGUNHA FLOR NUN PUÑO MEDRARÁ". Vimos diferentes curtametraxes relacionadas co tema e tamén expuxéronse diferentes contos que aludían á temática.
PARA INICIAR O NOVO PROXECTO SOBRE O RÍO ULLA, NADA MELLOR QUE UNHA SAÍDA POR ESTE ENTORNO, COMPROBANDO O ESTADO DA AUGA, AS ESPECIES QUE ALÍ SE ATOPAN, E UNHA MAGNÍFICA EXPLICACIÓN SOBRE A VIDA DE ALGÚNS PEIXES, ASÍ COMO OS DISTINTOS INSTRUMENTOS QUE OS AXENTES USAN PARA PODER FACER UN EXHAUSTIVO SEGUIMENTO POLOS SEUS PERCORRIDOS.
O mércores 8 de maio os alumnos e alumnas de 5º e 6º visitamos FP INNOVA , pasámolo realmente ben e experimentamos un montón de cousas, dende facer diferentes pans nun taller de cociña, ata como montar algúns sinxelos circuitos en serie e en paralelo.