Para celebrar o DÍA DA PAZ os nenos e nenas do Cabada Vázquez vimos cos nosos mestres/as o curto "Sadako y las mil grullas de papel". Despois traballamos moito facendo "grullas" de papel, aínda non chegamos ás 1.000 pero xa nos falta menos...
Podes consultar máis información sobre a historia de Sadako premendo aquí
Para celebrar o Día da Biblioteca,decidimos homenaxear a Antonio García Teijeiro e ao seu premiado "POEMAR O MAR"e para elo os distintos cursos ilustraron un poema de este autor.
O pasado martes 27 de outubro celebramos na escola o SAMAÍN e o MAGOSTO.
Tivemos exposición de cabazas.
De 1º a 6º participamos no xa tradicional concurso da ANPA para adiviñar o peso de dous calacús.
As aulas de Infantil como aínda non teñen interiorizado o concepto de "peso" elaboraron individualmente, na aula de 4 e 5 anos, debuxos de calacús e os da aula de 3 anos construiron un calacú con castañas.
Recibimos e enviamos postais felicitando o Samaín a outros centros do Concello de A Estrada e por aulas elaboramos contos de medo. Os maiores cantaron un par de cancións que prepararon coa profe Irene para amenizar o magosto.
Ola a todos e todas, como sabedes, o 23 de abril celébrase o DÍA MUNDIAL DO LIBRO.
Premendo aquí ou no arquivo adxunto podes ler a mensaxe da directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, con motivo do Día mundial do libro e dos dereitos de autor.
Como sabedes o día 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS, ao ser sábado na escola decidimos celebralo o venres 23.
Na hora do PLAN LECTOR, en dous grupos (3º, 4º, 5º e 6º e Infantil, 1º e 2º), pasamos pola Biblioteca. Alí estaba esperando algún/ha dos integrantes do Equipo de Biblioteca.
Ola, son LIATANTOSCONTOS a mascota da Biblio do CEIP Cabada Vázquez e quero darvos a BENVIDA a este novo espazo dixital a todos e todas.
Comezamos esta andaina na web a partir dun curso que estamos facendo os mestres e mestras do cole cun proxecto de formación no centro (PFPP).
Este xa é o segundo ano neste proxecto no que participamos todo o claustro. Os "profes" están moi contentos/as porque agora comézase a ver o traballo que veñen desenvolvendo dendo hai dous ou tres cursos.
Para continuar co noso proxecto de biblioteca, os alumnos de 3º e 4º imos estudar as partes dos muíños. Para iso, e grazas á colaboración dos pais, imos rechear unha ficha que nos amosa unha fotografía dunha parte na que os alumnos deberán averiguar o seu nome, para que serve e onde vai situada con respecto ao muíño.
COÑECENDO OS MUÍÑOS DE AUGA
NOME DA PARTE SINALADA
SITUACIÓN(Con respecto ao muíño: fóra, dentro, debaixo,...)
A Asesoría de bibliotecas escolarespon a disposición dos centros unhas maletas viaxeiras co fin de achegar, ao profesorado que as solicite, uns materiais que sirvan para reforzar e apoiar as súas propias iniciativas de formación no ámbito do fomento da lectura, e outras actividades destinadas ao alumnado.
Este curso recibimos por primeira vez as MALETAS VIAXEIRAS.
Dende hoxe ata o día 15 de xuño temos no cole dúas maletas moi interesantes, premendo nos seguintes enlaces podedes ver os títulos que inclúe cada unha das maletas:
Seguimos traballando no Proxecto Documental Integrado deste curso, ARREDOR DOS MUÍÑOS.
Próximamente publicaremos aquí unhas fotos e un curto de animación que está ultimando a mestra Irene.
Este curto está relacionado coas Letras galegas, sendo un dos personaxes Filgueira Valverde. Como todos e todas sabedes Xosé Filgueira Valverde foi o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.
Fixo unha importante recopilación do folclore galego (cantigas, historias,..) verédelo acompañado de Losada Díeguez, mestre e colaborador del, e figura importante para o Concello da Estrada xa que pasou parte da súa vida na localidade.
As figuras que aparecen no curto foron feitas polo alumnado do Cabada Vázquez.