Hoxe recibimos no centro unha fermosa visita. O colectivo feminista Deza - Tabeirós quixo homenaxear á gran Rosalía de Castro dun dos xeitos máis orixinais e creativos. Un grupo de mulleres da nosa zona deseñou e creou un fermoso tapiz usando diferentes técnicas artísticas para que o puidesen desfrutar en exposición canta máis xente mellor.
A iniciativa consiste en que esta bela creación viaxe polos diferentes centros educativos do noso concello estando exposto nun lugar visible polo menos unha semana, para despois continuar o percorrido polos demais centros. Era unha actividade xa programada no curso pasado pero que ao igual que outras máis foi adiada polo confinamento ao que toda a poboación foi obrigada.
Comezamos nós pois, co orgullo e fachenda de darlle a merecida publicidade ás nosas grandes artistas, entre elas á coidadora do noso centro, Pili Torrado, que tamén participou na súa elaboración.
A situación deste ano non permite tampouco o desfrute pleno desta obra pois as visitas ao centro para as familias están restrinxidas, pero conformámonos con que poidades valorar e agradecer o traballo destas grandes creadoras. PARABÉNS!
O 24 de febreiro disfrutamos da lectura de poemas de Rosalía de Castro por parte de Uxía e Sergio, de 5º e 6º respectivamente. A elaboración dovídeo tamén correa pola súa conta.
NA BIBLIOTECA DO CENTRO DISPOÑEMOS DE LECTURAS QUE VOS PODERÍAN INTERESAR, ESTARÍAMOS ENCANTADOS DE COMPARTILAS CON TODOS VÓS. PINCHADE NA IMAXE PARA VER ALGUNHAS.
Comezamos o curso cunha visita importante. O pasado venres 10 de setembro visitáronnos Ángela e Mariña, dúas colaboradoras da ONG Stop Accidentes. Como o seu nome indica traballan na atención a persoas que foron víctimas dun accidente de tráfico pero tamén se esforzan por concienciar á cidadanía en xeral da importancia de acadar bos hábitos de RESPECTO aos demais como usuarios da vía pública.
Mellorar a nosa CONVIVENCIA e coñecer algunha das NORMAS básicas foi o que nos deixaron ese día.
ESTE MOMENTO DE CONFINAMENTO NON NOS PERMITE CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS COMO SE MERECE, DE AÍ QUE ESTEMOS INTENTANDO QUE O ALUMNADO POIDA , DE ALGUNHA MANEIRA, DESFRUTAR DESTA CELEBRACIÓN AÍNDA QUE SÓ SEXA A TRAVÉS DE XOGOS COMO O QUE VOS DEIXAMOS AQUÍ.
AGRADECEMOS AO COLEXIO PÍO X DE OURENSE PERMITIRNOS COMPARTIR ESTE MAGNÍFICO VÍDEO FEITO POLO ALUMNADO DE 5º, QUE SEN EL NON SERÍA POSIBLE REMATAR O TRABALLO.
1 DE FEBREIRO CONMEMÓRASE " O DÍA DA LECTURA EN VOZ ALTA", no CEIP CABADA VÁZQUEZ, QUIXEMOS CELEBRALO COA LECTURA VOLUNTARIA E, EN VOZ ALTA , A CARGO DE TODO O ALUMNADO.
Como se di no comezo desta videomontaxe que podedes ver, imos celebrar un nadal distinto, e a todos nos doe moito que non se poida celebrar como a todos nos gustaría. A quen máis lle doe seguro que é á rapazada pero non queda outra que esperar tempos mellores.
Cos nosos mellorese desexos de saúde e ilusión para o novo ano.
O xoves 30, conmemoramos o Día da Paz cun obradoiro a cargo de Anxo Fariña, escritor e ilustrador. Tivemos a oportunidade de ver algúns dos seus segredos, á hora de ilustrar os seus marabillosos traballos e trasmiteunos que para conseguir un obxectivo é necesario ter perseverancia, crer nun mesmo, e non tirar a toalla nunca.
Como non podía ser doutro xeito, non podemos deixar de celebrar " O DÍA DA POESÍA", por iso vos deixamos aquí unha pequena escolma para que poidades compartir coas vosas familias.
(Agradecemos aos autores: Fernando González Graña, Sindo Villamayor, Xosé Luna e Rosalía Morlán que nos permitan facer uso das súas obras para desfrutar nestes tempos tan delicados).