23 de abril |
Para celebrar o DÍA DO LIBRO, nos días previos, voluntariamente, escollemos libros e un lugar do centro para facernos unhas fotos. Premendo no seguinte enlace podedes ver o resultado. Agardamos que vos guste:
https://view.genial.ly/5cbdda784303a70f716d3ea2/presentation-23-de-abril
O día 23, o alumnado de 5º e 6º de Primaria foi ás aulas de Infantil, 1º, 2º e 3º - 4º a ler uns contos. A continuación fixemos un mural en cada aula e ao ir rematando fómolos expoñendo na entrada da escola:
|
BRAULIO TUBER VISITA O NOSO COLE! |
Vai facer un ano que recibimos a visita de Braulio dos Bolechas para celebrar o "DÍA MUNDIAL DA RADIO".
Estivemos encantados/as con Braulio e demostrámoslle que sabemos moitas cousas deste medio de comunicación tan importante.
Podedes ver o programa picando na imaxe.
|
INICIAMOS O CURSO |
O novo curso comenzámolo con moitas ganas de traballar, por iso o primeiro que fixemos foi limpar os bancais, tarfa a cargo dos maiores para que logo os de 1º e 2º plantaran aromaticas. Desfrutamos tanto ou máis que nun día de festa.
|
Pinguiñas 2021 |
Ao remate do curso recóllese na revista escolar o máis reseñable do realizado ao longo do curso. Recordade que en moitos artigos hai creados enlaces para poder desfrutar doutra maneira das montaxes de vídeo que foron elaboradas por alumnado e polos mestres coordinadores da biblioteca e do EDLG.
|
VIAXE FIN DE CURSO |
|
Promoción 2011-2020 |
|
DÍA MUNDIAL DO AUTISMO |
O día 2 de abril celébrase o Día Mundial do Autismo, e no Ceip Cabada Vázquez quixémonos
sumar a esta campaña co obxectivo de poñer o noso graniño de area para facer unha sociedade
máis inclusiva, onde se valore e respecte a diversidade.
|
O ROSCO DAS LETRAS |
O ALUMNADO DE 5º E 6º QUIXO PARTICIPAR NESTA ANÓMALA CELEBRACIÓN DAS LETRAS, ELABORANDO UN ROSCO CON DIFERENTES AUTORES HOMENAXEADOS E HOMENAXEADAS AO LONGO DO TEMPO.
PRESTADE MOITA ATENCIÓN Á LECTURA, ESCRIBIDE O NOME COMPLETO DO ESCRITOR E ESCRITORA E SEMPRE CON MAIÚSCULAS, NON OLVIDEDES OS ACENTOS.
XOGADE MÁIS DE UNHA VEZ, APRENDEREDES MOITO.
https://www.educaplay.com/learning-resources/5757263-os_escritores_das_l...
|
TRABALLOS DO MAR |
|
exposición |
|
A PINTURA EN FEMININO |
O NOSO PROXECTO "EN FEMININO" LEVOUNOS A BUSCAR
MULLERES QUE DESTACARAN EN ALGUNHA ARTE PARA PREPARAR
O NOSO DISFRAZ,OS ALUMNOS DE 5º DECIDIMOS TRABALLAR
MULLERES DESTACADAS NA PINTURA E NA ESCRITURA.TIVEMOS
A GRAN SORTE DE CONTAR CON UNHA MAMÁ QUE PINTA E QUE
SE BRINDOU A VIR A EXPLICARNOS ALGO SOBRE AS PINTORAS
ELEXIDAS.FOI UNHA XORNADA FANTÁSTICA.
DESPOIS DE APROVEITARNOS DA SÚA COMPAÑA,OFRECEUNOS
ALGÚNS DOS SEUS TRABALLOS PARA EXPOÑER NO NOSO COLE.
AQUÍ VOS AMOSAMOS ALGÚNS MOMENTOS DA SÚA VISITA.EN
BREVE VOS ENSINAREMOS AS SUAS OBRAS.
GRACIAS KLAUS
|
O PAPAGAIO |
Bo día, podedes ver aquí a revista O PAPAGAIO en formato dixital.
Dende a Biblioteca esperamos que esteades levando un tranquilo confinamento.
ÁNIMO
|
AMAR O MAR |
O NOSO PROXECTO "AMAR O MAR" DEU COMENZO COA PROXECCIÓN DUN VÍDEO DE COUSTEAU, E COA VISITA DO MESTRE VÍCTOR LOMBA, QUE SE BRINDOU A COMPARTIR CONNOSCVO ÁS SÚAS EXPERIENCIAS SOBRE O MAR.
A PARTIR DE AÍ, DEMOS COMENZO Á INVESTIGACIÓN POR PARTE DO ALUMNADO DE PREGUNTAS SOBRE O MAR E A VIDA NESTE, PARA ASÍ COMENZAR O TRABALLO NOS CONTEXTOS E A NOSA SAÍDA AO MUSEO DO MAR , EN VIGO, O QUE RESULTOU ALTAMENTE ENRIQUECEDOR
Aquí amosamos a marabillosa vida do mar pero tamén temos que amosar a triste realidade.
Nas nosas mans está que estas dúas últimas mostras sexan tan só imaxes.
|
Camiño circular |
|
RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2020 |
NESTE CURSO TAN ESPECIAL NON PODEMOS ENVIAR O TRÍPTICO COAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PERO AQUÍ TEDES UN TRABALLO FEITO POLOS CENTROS PLAMBE DE A ESTRADA. PICADE NA IMAXE. MOITO ÁNIMO E..... A LER!!!!
|
SARS COV 2 |
SARS COV 2
Rematamos o primeiro proxecto do curso, como non podía ser menos o tema non podía ser máis actual.
Vimos as comarcas e concellos con restriccións, fixemos unha línea do tempo coas Pandemias máis mortíferas,calculamos a cantidade de xel e desinfectante que usamos no colexio, entrevistamos á Directora para que nos contara as novas normas de organización do noso Centro, fixemos o aparato respiratorio, a maqueta da Covid, representamos nun debuxo o que para nós significaba a pandemia.
|
Semana da froita |
Semana da froita
Do 18 ao 22 de xaneiro
|
DÍA DA TERRA - O NOSO GRAN DE AREA |
|
Comezamos limpando |
O verán pasou e despois de tantas semanas sen acompañamento a natureza seguiu facendo o seu traballo no noso patio. As malas herbas gañaron moito espazo e sacábanlle protagonismo ás nosas plantacións polo que decidimos entre todos facer unha limpeza xa a comezos de curso e poder adecentar polo menos as xardineiras da fachada principal e os bancais do horto.
Colaborou desta vez o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e en pouco tempo fixeron un traballo fantástico.
MOITAS GRAZAS!!
|
Recomendacións do DO para o confinamento |
Desde o departamento de orientación do centro ofrécense unha serie de propostas para un traballo alternativo e complementario neste inesperado tempo de confinamento. Consulta o enlace ao documento adxunto e anímate a probar algunha desas propostas.
PROPOSTAS PARA UN TRABALLO ALTERNATIVO E COMPLEMENTARIO
CONSELLOS DE ÁLVARO BILBAO
TÉCNICAS DE ESTUDO
GaliciaLe
|
DICIONARIO DO CORONAVIRUS |
|
FELICITACIÓN DE NADAL |
Termina un ano difícil e moi distinto ao que calquera puidera imaxinar. As celebracións destes días tamén han de estar condicionadas pola evolución da pandemia mais non podemos deixar pasar a oportunidade de desexarlle a toda a nosa comunidade educativa que siga mantendo a ilusión e forzas para afrontar estas dificultades.
Por suposto tamén queremos aproveitar a oportunidade para agradecer a axuda e comprensión prestada para saír adiante nesta situación. Agradecemos ao alumnado polo seu exemplar compromiso coas normas e por facilitar o desenvolvemento do curso e ás familias pola colaboración e confianza que nos deron nesta nova e esixente realidade.
Por último, estimamos moito o valioso apoio do resto da comunidade educativa para poder rematar o trimestre coa nula incidencia do virus no noso centro.
Cos nosos mellores de desexos de paz, saúde e ilusión para o vindeiro 2021.
O equipo directivo
Fai clic aquí para ver a Postal de Nadal
|
X Concurso de poesía "Cabada Vázquez" |
Fai clic aquí para ver as bases do concurso
|
DÍA DO LIBRO |
|
Carnets |
A NOSA PDI NESTE CURSO " NATUREZA SILVESTRE" DOU LUGAR A QUE OS NOSOS CARNETS DE BIBLIOTECA FOSEN DIFERENTES AO DOS OUTROS ANOS. O EQUIPO DE BIBLIOTECA, AXUDADO POLO EQUIPO DE TICs, CONSEGUÍU UNS CARNETS ILUSTRADOS CON ÁRBORES, ARBUSTOS E HERBAS DA NOSA CONTORNA. AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DE COMO QUEDOU O TRABALLO.
|