EDLGESPECIAL MANUEL GARCÍA BARROS E NEIRA VILAS (RECUNCHO DA LINGUA)Hoxe, 16 de novembro de 2024, día no que o escritor e periodista estradense Manuel García Barros cumpriría 148 anos, Irune (3º EP) e Abel (4º EP) participaron no Recuncho da Lingua de Radio Estrada para compartir cos oíntes un dos seus contos do libro "Contiños da Terra": Antón non come. Animámovos a que os escoitedes xa que se trata dun conto cheo de humor e retranca.
Poderedes escoitalos a partires do minuto 32::35 premendo na imaxe.
MAGOSTO 2024Xa estamos en novembro, mes no que toda Galicia festexa a recollida da castaña. Hoxe, 8 de novembro , no noso cole tamén desfrutamos desta festividade con degustación de castañas e xogos tradicionais ( "a chave" , "os birlos", "os carozos", "a raia" , "os sacos", "a culler" e "o ferrón"). Ademais esta semana nas aulas estivemos decorando os cestos do magosto ambientados no Proxecto Documental Integrado "Un ano de cine". Preme na imaxe para ver o ben que o pasamos!
( categories: )
SAMAÍN 2024Chegou o día de SAMAÍN! No cole xa levamos días pensando nesta data e onte, mércores 30 de outubro, festexámolo con obradoiros con todo o alumnado. Os nenos e nenas de infantil, primeiro e segundo desfrutaron con obradoiros de apócemas e decoración de cabazas; mentres que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º decoraron as súas terroríficas cabazas e elaboraron unhas deliciosas galletas de cabaza e avea.
Visualizando o seguinte vídeo poderedes ver como levamos a cabo estes obradoiros.
Como en anos anteriores, compartimos postais de Samaín con outros centros de A Estrada, chegando a facer no noso centro unha bonita exposición con todas as que recibimos.
Podedes visualizar o vídeo no que se amosan todas as postais compartidas e recibidas cos centros educativos de A Estrada.
( categories: )
Día das Bibliotecas e as Mulleres escritorasNeste 24 de outubro, para conmemorar o Día das Bibliotecas e o das Mulleres escritoras, dous alumnos de 5º e 6º de primaria ofrecéronnos un cachiño da vida da escitora estradense Avelina Valladares e recitáronnos un dos seus poemas, "Ulla". Estes alumnos xa nos representaran o pasado sábado no programa " O Recuncho da Lingua" de Radio Estrada, pero quixeron compartilo con todos nós neste día tan especial.Para completar a xornada, o alumnado de 4º, 5º e 6º animouse a compartir lecturas cos máis pequenos do centro.Como agasallo para todo o centro fixemos unhas chapas conmemorando o día.
ESPECIAL AVELINA VALLADARES (RECUNCHO DA LINGUA)Hoxe, Valentina (5ºEP) e Mateo (6ºEP) participaron no Recuncho da Lingua de Radio Estrada no especial "Avelina Valladarres" facendo un percorrido pola súa biografía e o seu labor como muller do século XIX. Ademais recitaron un dos seus poemas "A Ulla" cun acompañamento musical interpretado e gravado previamente no cole pola mestra de música, Irene.
Poderedes escoitalos a partires do minuto 29:30 premendo na imaxe.
Coñecendo flora exótica invasoraNa pasada semana do 30 de setembro ao 4 de outubro tivemos a posibilidade de coñecer da man da asociación AMABUL un programa de divulgación que visita diferentes centros educativos, e que quere dar a coñecer ao alumnado das diferentes idades de infantil e primaria, as diferentes especies de flora exótica invasora que podemos atopar nas nosas paisaxes. Ao longo desa semana, estiveron expostos no corredor amplo da entrada do centro, varios paneis informativos moi chamativos con información e imaxes das diferentes especies. Asemade, nas xornadas do luns 30 de setembro e do venres 4 de outubro, as diferentes aulas puideron celebrar pequenos obradoiros que facilitaron o achegamento a esta problemática e que ao mesmo tempo tamén lles permitiu desfrutar con algunha actividade moi divertida (quebracabezas, clasificación de imaxes con velcro sobre paneis,...).
|