EDLGENTROIDO CON STOP MOTION
ALUMNADO DE PROXECTO COMPETENCIAL DE 4º DE PRIMARIA ELABOROU UNHA PEQUENA ANIMACIÓN EMPREGANDO A TÉCNICA DE STOP MOTION PARA DESEXARNOS UN BO ENTROIDO!
GRAZAS LÚA, NICO E XICO
( categories: )
Semana de EntroidoAsí transcorreu a semana de Entroido no CEIP Cabada Vázquez. O tótem que adorna a nosa entrada foi o encargado de indicar os mandados de Entroido este ano. Animámosvos a visualizar este vídeo que o amosa.
( categories: )
30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIATodo o alumnado e profesorado do centro participou nun acto na aula de psicomotricidade onde o alumnado de 5º e 6º amosou lugares do mundo e situacións nas que son vítimas nenas e nenos, non só nas guerras senón tamén na explotación de man de obra infantil, na fame, ... Ademais dous alumnos ou alumnas de cada curso mencionaron o nome e a idade de nenos ou nenas xa tristemente falecidos por algunhas das razóns que previamente se explicaron, co fin de concienciar ao alumnado da terrible situación á que moitos nenos e nenas do mundo están sometidos diariamente. Para finalizar o acto, alumnado e profesrado, saíron ao patio unindo as súas mans con panos para facer unha gran roda mentres cantaa a canción "As cores da paz", unha adaptación, feita pola mestra de música do noso centro, da canción do brasileiro Marcelo Serralva "Corda colorida".
( categories: )
FESTIVAL DE NADAL 2023Este ano levamos a cabo o tradicional festival de Nadal ao que foron convidadas as familias e no que tivemos unha gran variedade de actuacións: obras de teatro, panxoliñas, recitación de poemas, actividades rítmicas, etc. - Representación da panxoliña “Buscando unha estrela” por parte do alumnado de educación infantil. - Obra de teatro “Xuntos Podemos” escenificada por alumnado de infantil e primaria pertencente ao grupo de teatro do noso centro. - Clap Clap Song ( Alumnado de 1º e 2º de educación primaria). - Recitación de poemas: “O canto nocturno do grilo” e “A xoaniña e o escarabello” por parte dun alumno de 1º educación primaria e unha alumna de 3º educación primaria. - A Bandeneire (3º de educación primaria) - Obra de teatro “ A mellor sopa deste Nadal” (adaptación do conto “A mellor sopa do mundo”) representada polo alumnado de 2º de educación primaria. - Ségueme (4º de educación primaria) - Adianto do Rei León: representación rítmica por parte do alumnado de 5º e 6º de educación primaria. - Santa Claus is coming (todo o alumnado de educación infantil e primaria). - A vida está por comezar: 4º educación primaria.
( categories: )
DÍA DA POESÍAHoxe, 14 de decembro, Pablo de 1º de educación primaria e Melania de 3º de educación primaria participaron na "Festa da Poesía" organizada polo departamento de cultura do concello de A Estrada, interpretando os poemas “O canto nocturno do grilo” e“A xoaniña e o escaravello” do libro "Bichopoemas e outras bestas de Leire Bilbao".
Deixámosvos un vídeo para que os vexades.
( categories: )
|