Plambe

ESPECIAL MANUEL GARCÍA BARROS E NEIRA VILAS (RECUNCHO DA LINGUA)

Hoxe, 16 de novembro de 2024, día no que o escritor e periodista estradense Manuel García Barros cumpriría 148 anos, Irune (3º EP) e Abel (4º EP) participaron

no Recuncho da Lingua de Radio Estrada para compartir cos oíntes un dos seus contos do libro "Contiños da Terra": Antón non come.

Animámovos a que os escoitedes xa que se trata dun conto cheo de humor e retranca.

 

Poderedes escoitalos a partires do minuto 32::35 premendo na imaxe.

 

 

 

 

ESPECIAL AVELINA VALLADARES (RECUNCHO DA LINGUA)

Hoxe, Valentina (5ºEP) e Mateo (6ºEP) participaron no Recuncho da Lingua de Radio Estrada no especial "Avelina Valladarres"

facendo un percorrido pola súa biografía e o seu labor como muller do século XIX. Ademais recitaron un dos seus poemas  "A Ulla"

cun acompañamento musical interpretado e gravado previamente no cole pola mestra de música, Irene.

 

Poderedes escoitalos a partires do minuto 29:30 premendo na imaxe.

 

recuncho da lingua

ACTO FIN DE CURSO 2023-2024

O 21 DE XUÑO LEVAMOS A CABO UN ACTO QUE QUIXEMOS COMPARTIR COAS FAMILIAS E QUE ESTIVO CARGADO DE MOMENTOS MARABILLOS E EMOCIONANTES:

- "O MUSICAL DO REI LEÓN"

- A GRADUACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

- A GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

- A ENTREGA DE DIPLOMAS DA FESTA DAS PALABRAS

- ENTREGA DE DIPLOMAS DO CONCURSO DE POESÍA CABADA VÁZQUEZ

AGARDAMOS QUE O DESFRUTARADES!

FELIZ VERÁN PARA TODAS E TODOS!

 

 

I Encontro de Centros Escolares no CMUS

O 26 de abril, todo o alumnado do noso centro, acompañado polo profesorado, participou no I Encontro de Centros Escolares

no CMUS compartindo a xornada co CPI de Vedra e alumnado do propio conservatorio.

Iniciou o acto o alumnado de 1º,2º,3º e 4º de educación primaria bailando a ritmo de "Zimbolé". Seguidamente o alumnado de

5º e 6º representou "Durmindo está o león" combinando obra musical, obra teatral e danza. (Podedes velos no seguinte vídeo)

A xornada continuación amenizada polo alumnado do propio conservatorio e do CPI de Vedra.

Foi unha mañá moi especial e agardamos que se poidan continuar con este tipo de encontros nos vindeiros anos!

 

 

 

FESTIVAL DE ENTROIDO 2024: O REI LEÓN E MÚSICA AFRICANA

Como xa sabedes, os protagonistas deste festival, tanto alumnado como profesorado, traballaron moito os días previos na elaboración

de máscaras, rabos, orellas, etc co fin de caracterizar as personaxes do Rei León.

Deste xeito Simba, Nala, Rafiki, Zazú, Mufasa, Timón, Scar e Pumba saíron desfilar acompañados de xirafas, leóns, cebras, guacamaios, panteras,

gacelas, elefantes e monos.

A  continuación, todas estas personaxes colocáronse en círculos respetando o seu nivel educativo para representar a canción “Amawelé, Amawelé”.

 Seguidamente, o alumnado de primaria a través de ritmos africanos representou as seguintes danzas:

 -        Funga Alafia (1º e 2º de educación primaria): canción e danza de saúdo extendida por todo o oeste de África (Nixeria, Liberia, Senegal, Ghana...) Alafia é un saúdo e Ashe significa algo equivalente a "que teñas saúde e paz".

 -        Zimbolé (3º e 4º de educación primaria): canción africana, posiblemente de Suráfrica.  É unha canción moi sinxela pero  está chea de optimismo e enerxía. O seu significado é PAZ.

 -        Kwaheri (5º e 6º de educación primaria): Esta danza de Kenia significa "adeus" e está en suajili (unha lingua bantúe). Recibe este nome por tratarse dun canto ós que se foron e xa non van volver.

Para finalizar a xornada, o alumnado invitou ás familias a bailar con eles a canción que iniciaba o festival e formando unha gran roda ao son de “Amawelé, Amawelé”, unha gran parte da comunidade educativa do CEIP Cabada Vázquez desfrutou desta danza.

A festividade continuou con minutos de baile para alumnado, profesorado e familias.

DEIXÁMOSVOS AQUÍ UN PEQUENO RESUMO!

  

FESTIVAL DE NADAL 2023

Este ano levamos a cabo o tradicional festival de Nadal ao que foron convidadas as familias e no que tivemos

unha gran variedade de actuacións: obras de teatro, panxoliñas, recitación de poemas, actividades rítmicas, etc.

 -        Representación da panxoliña “Buscando unha estrela” por parte do alumnado de educación infantil.

 -        Obra de teatro “Xuntos Podemos” escenificada por alumnado de infantil e primaria pertencente ao grupo

de teatro do noso centro.

-        Clap Clap Song  ( Alumnado de 1º e 2º de educación primaria).

-        Recitación de poemas: “O canto nocturno do grilo” e “A xoaniña e o escarabello” por parte dun alumno de

1º educación primaria e unha alumna de 3º educación primaria.

-        A Bandeneire (3º de educación primaria)

-        Obra de teatro “ A mellor sopa deste Nadal” (adaptación do conto “A mellor sopa do mundo”)

representada polo alumnado de 2º de educación primaria.

 -        Ségueme (4º de educación primaria)

-        Adianto do Rei León: representación rítmica por parte do alumnado de 5º e 6º de educación primaria.

-        Santa Claus is coming (todo o alumnado de educación infantil e primaria).

-  A vida está por comezar: 4º educación primaria.

 

Powered by Drupal - Design by artinet