Outubro 2022

Samaín 2022

 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos diferentes obradoiros que este ano fixemos. Cociña e manualidades para os de infantil, primeiro e segundo, mentras que os de 3º, 4º, 5º e 6º, desfrutaron dos obradoiros de maquillaxe e baile. 

 

DÍA DA BIBLIOTECA e DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS

O 24 DE OUTUBRO, "Día das Bibliotecas", tivemos a honra de contar coa ilustradora do "Poder máxico do sorriso", Luz Beloso, obra escrita pola nosa compañeira e mestra deste centro Thalía Trotiño González. 

Luz Beloso, docente nun centro de secundaria, non puido asistir fisicamente ao noso cole, pero fíxoo a través de videoconferencia, de xeito que puido compartir con todos nós o papel tan importante,  das ilustracións dunha obra. Conseguíu que todos reflexionásemos sobre a importancia do debuxo nas nosas vidas e convidounos a practicar todos os días.

Celebramos o día do Sorriso, 7 de outubro

Como novidade, este ano decidimos celebrar o día do Sorriso. A razón pode parecer absurda pero para nós resultou moi gratificante. A nosa compañeira e mestra de infantil, Thalía Troitiño González, non só ven de aprobar as oposicións ao corpo de mestres neste verán pasado, senón que tamén se estreou na eloxiosa labor de crear un libro para público infantil.  "O poder máxico do sorriso" é o título desa obra que presentou o mes pasado no seu concello, en Silleda, e neste día tivemos a boa idea de convidala a que compartise con nós a súa experiencia como xove creadora.

Nesta actividade, colaborou o alumnado da materia de Valores sociais e cívicos de sexto curso de primaria. 

Moitas felicitacións a todas (Jamila, Fátima e Danna) e moi en especial á nosa ESCRITORA, Thalía. 

Powered by Drupal - Design by artinet