Decembro 2023

FESTIVAL DE NADAL 2023

Este ano levamos a cabo o tradicional festival de Nadal ao que foron convidadas as familias e no que tivemos

unha gran variedade de actuacións: obras de teatro, panxoliñas, recitación de poemas, actividades rítmicas, etc.

 -        Representación da panxoliña “Buscando unha estrela” por parte do alumnado de educación infantil.

 -        Obra de teatro “Xuntos Podemos” escenificada por alumnado de infantil e primaria pertencente ao grupo

de teatro do noso centro.

-        Clap Clap Song  ( Alumnado de 1º e 2º de educación primaria).

-        Recitación de poemas: “O canto nocturno do grilo” e “A xoaniña e o escarabello” por parte dun alumno de

1º educación primaria e unha alumna de 3º educación primaria.

-        A Bandeneire (3º de educación primaria)

-        Obra de teatro “ A mellor sopa deste Nadal” (adaptación do conto “A mellor sopa do mundo”)

representada polo alumnado de 2º de educación primaria.

 -        Ségueme (4º de educación primaria)

-        Adianto do Rei León: representación rítmica por parte do alumnado de 5º e 6º de educación primaria.

-        Santa Claus is coming (todo o alumnado de educación infantil e primaria).

-  A vida está por comezar: 4º educación primaria.

 

CALENDARIO

 

OUTRO ANO MÁIS O ALUMNADO DE 5º E 6º ELABOROU O CALENDARIO PARA O ANO 23-24, BASEADO NO NOSO PDI "O REI LEÓN".

 

 

Agasallámonos cunha bolsa

Un dos produtos finais do primeiro trimestre foi esta bolsa coa imaxe do rei león que temos na aula de música, creada polo alumnado de 5º. Durante esta últimsa semana, todo o alumnado do centro puido pintar a súa propia bolsa para poder levar como agasallo.

                            

                                               

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 

AQUÍ DEIXAMOS AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS DOS CENTROS PLAMBE DA ESTRADA PARA QUE DESFRUTEDES DUN NADAL CHEO DE IMAXINACIÓN.

DÍA DA POESÍA

Hoxe, 14 de decembro, Pablo de 1º de educación primaria e Melania de 3º de educación primaria

participaron na "Festa da Poesía" organizada polo departamento de cultura do concello de A Estrada,

interpretando os poemas “O canto nocturno do grilo” e“A xoaniña e o escaravello”  do libro "Bichopoemas e

outras bestas de Leire Bilbao".

 

Deixámosvos un vídeo para que os vexades.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet