Xuño 2024

ACTO FIN DE CURSO 2023-2024

O 21 DE XUÑO LEVAMOS A CABO UN ACTO QUE QUIXEMOS COMPARTIR COAS FAMILIAS E QUE ESTIVO CARGADO DE MOMENTOS MARABILLOS E EMOCIONANTES:

- "O MUSICAL DO REI LEÓN"

- A GRADUACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

- A GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

- A ENTREGA DE DIPLOMAS DA FESTA DAS PALABRAS

- ENTREGA DE DIPLOMAS DO CONCURSO DE POESÍA CABADA VÁZQUEZ

AGARDAMOS QUE O DESFRUTARADES!

FELIZ VERÁN PARA TODAS E TODOS!

 

 

DINAMIZA TV

Desde o Departamento de Cultura do Concello de A Estrada convidáronos a participar por terceiro ano consecutivo en “Dinamiza TV”, un programa de televisión protagonizado por centros de educación primaria e secundaria do Concello de A Estrada.

 

O noso centro participou  a través de catro seccións diferentes:

 a)     “Vai unha historia” : o Entroido.

 b)     “En xogo”: o alumnado de 3º de educación primaria fixo unha mostra do uso do ioió.

 c)     “Cine en Galicia”: entrevista á actriz Cristina Collazo.

 d)     Recomendación lectora: o alumnado do club de lectura recomendará o libro “ A marabillosa medicina de George”.

 

Os nosos agradecementos a Paula e a Lucas pola gravación e montaxe!

Deixámosvos aquí o programa.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para este verán. Desfrutade da lectura.

 

XI FESTA DAS PALABRAS

O pasado 22 de maio, tivo lugar A XI Festa das Palabras no Teatro Principal de A Estrada, acto organizado polos

Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros de ensino da Estrada, Dinamizaestrada e que coroa un

concurso literario desenvolvido ao longo de varios meses.

Para o "XI Concurso de Micropoemas e Microrrelatos" os nosos autores e autoras tiveron que crear mcrorrelatos

coa palabra "MÚSICA" e micropoemas coa palabra "SILENCIO", palabrasque aparecen nos títulos das obras de Luísa

Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas deste ano.

Os gañadores e gañadoras do noso centro nesta edición foron:

- NOA, XIAN e IVÁN (micropoemas)

- CIBRÁN, IRENE e LARA (microrrelatos)

 

Noraboa a todos eles polos seus fermosos traballos e tamén os nosos agradecementos ao alumnado de infantil por

participar cos seus debuxos ilustrando as dúas palabras "MÚSICA" e "SILENCIO".

 

 

 

CORRELINGUA 2024

O pasado 28 de maio todo o alumnado e profesorado de educación infantil e primaria participou no Correlingua organizado

en A Estrada e no que participaron centos de alumnos de diversos centros da nosa contorna.

Baixo o lema "Dende aquí até acolá, galego xa!" percorremos as rúas de A Estrada uníndonos a esa carreira en prol da nosa

lingua para reivindicar o dereito de medrar en galego e garantir o seu uso no futuro.

Esta xornada tamén tivo outros momentos importantes como a  lectura do manifesto do Correlingua na voz da "galetiktoker"

Leti da Taberna; a actuación do grupo "Gramola Gominola" ;  a entrega de diplomas e agasallos para cada centro educativo

participante e a solta de globos.

Deixámosvos aquí unha pequena mostra dos numerosos carteis elaborados polo alumnado do noso centro para sumarse a

esta iniciativa e que os acompañaron durante toda a xornada, así como do diploma e libros que recibiu o noso centro por

participar no Correlingua 2024  e que estarán dispoñibles para todos vós na biblioteca do noso centro.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet