Educación físicaCros 24-25Enviado por jairo o Lun, 18/11/2024 - 11:26
Este venres, 15 de novembro, por fin, celebramos o tan esperado Cros. Tivo que aprazarse en dúas ocasións no mes de outubro polas condicións meteorolóxicas e, como non podían ser de outra forma, aínda que as previsións eran boas, tamén nos choveu un pouquiño. A pesares disto, pasámolo en grande!
Tivemos varios diplomas e mesmo unha medalla pero o máis importante de todo foi todo o que conleva a preparación da carreira: o esforzo, a perseverancia, a superación e o compañeirismo. Con traballo, dedicación e un obxectivo claro podemos chegar a onde queiramos e o cros é tamén unha forma de entender esta aprendizaxe tan importante na vida. Noraboa rapaces/as!!! ( categories: )
MAGOSTO DE XOGOS POPULARESEnviado por jairo o Lun, 11/11/2024 - 11:04
Este venres 8 de novembro, celebramos o Magosto no noso cole. Como ven sendo habitual nos últimos anos, festexamos esta celebración cunha xornada de xogos populares. Realizamos 7 estacións de 7 xogos populares: - A raia - O ferrón - A culler - Os sacos - A chave - Os bolos - Os carozos
A súa vez fixemos 7 grupos polo que íamos rotando para que todos realizasen todos os xogos.
Pasámolo xenial! ( categories: )
Xornadas de BalonmánEnviado por jairo o Dom, 20/10/2024 - 16:33
Esta semana contamos no centro coa presenza do adestrador de balonmán Quique, que impartiu dúas sesións deste deporte ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Na primeira das sesións traballouse fundamentalmente o pase e a recepción; na segunda xornada introducíronse conceptos tácticos para acabar facendo un pequeno partido. Foron sesións moi entretidas onde os nenos e nenas estableceron unha toma de contacto con este deporte tan divertido. Pasámolo en grande!!!
( categories: )
COMEZAMOS O CURSO 2024-2025!!!Enviado por jairo o Mar, 24/09/2024 - 11:07
Despois dunhas merecidas vacacións, voltamos ao colexio con enorme ilusión. Aínda que os cambios son positivos, hai cousas que non deben cambiar, como é a importancia do exercicio físico no día a día. Dende a área de Educación Físíca seguiranse organizando actividades deportivas dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) no que continúa o centro. Nos tempos de lecer tamén se organizan actividades deportivas para ter momentos de xogo os cinco días da semana. Os alumnos de 5º e 6º de Primaria continuarán a ser os encargados de levar a cabo a distribución e recollida do material.
( categories: )
Datchball 5º e 6º de E.P.O xoves 30 de maio fixemos a última das saídas deportivas do centro. Nesta ocasión foi a quenda do alumnado de 5º e 6º de E.P. que, como ven sendo habitual, desprazouse ao Pavillón Manuel Coto Ferreiro para realizar unha xornada de encontros multideportivos na que se xogou ao Datchball. O Datchball é un deporte alternativo e inclusivo que se xoga coa dinámica do brilé pero con 3 pelotas. Para facelo aínda máis divertido había superpoderes: Hulk, Superwoman, Lobezno, Batman ...O alumnado organizouse por equipos de 8 ou 9 membros, contando en todos os equipos con alumnos/as de 6º e de 1º da ESO dos centros educativos da contorna. A xornada prolongouse durante unhas 3 horas, na que os sorrisos, o compañeirismo e o espírito deportivo estiveron moi presentes.
Agradecer á Agrupación Deportiva de A Estrada, formada polo mestres/as de Educación Física dos colexios da comarca, a implicación durante todo o curso escolar, organizando e aportando ideas para que os nosos rapaces e rapazas poideran disfrutar destas experiencias deportivas. Para o vindeiro curso seguro que haberá moitas máis!
( categories: )
Encontros Multideportivos 3º e 4º de E.P.O xoves 25 de abril de 2024 tivemos unha xornada de Encontros Multideportivos con alumnado de 3º e 4º de Primaria doutros centros educativos da zona. Esta actividade deportiva está incluída no Plan de Vida Activa e Deportiva de Centro, no apartado de XOGADE. Os nenos e nenas de 3º de Primaria estiveron xogando ao brilé formando equipos de 10 con alumnado de distintos centros. Cada 8 minutos rotábanse os equipos para enfrentarse a outro diferente polo que ao rematar a xornada, case todos os participantes xogaron entre sí.
Para 4º de Primaria, como se ven realizando dende fai anos, fixéronse partidos de bádminton. Neste caso os equipos estaban formados por 5 integrantes do mesmo cole, polo que no noso centro fixemos 3 equipos. Cada equipo xogaba de forma individual, un por un, cos integrantes doutro equipo. As partidas eran de 5 minutos polo que cada neno/a xogou varios partidos nesta xornada. Os árbitros dos encontros eran alumnos/as de 6º de Primaria de coles de A Estrada.
Ao rematar a xornada regresamos ao cole cun sorriso inmenso polo ben que o pasamos. O deporte é alegría, compañeirismo, ilusión e paixón. Noraboa deportistas!!!
( categories: )
|