Educación físicaEDUCACIÓN FÍSICA 5º e 6º (do 24 de abril ao 8 de maio)EDUCACIÓN FÍSICA _ MUIÑEIRA HIP HOP (Actividades do 24 de abril ao 8 de maio) Como o 1 de maio é festivo tedes 2 semanas para aprender varios pasos para crear a “muiñeira hip hop” que estabamos a inventar na clase. Facédeo o mellor que poidades e enviádeme de volta os vídeos cos pasos que vos pido para facer unha montaxe coas vosas aportacións. Tedes de prazo ata o 8 de maio. Abro tamén unha tarefa para que poidades enviarme a través do EDIXGAL (o eva) os vídeos.
Para empezar comezamos quecendo un pouco todo o corpo: https://youtu.be/9qS-fQuifnM
Agora xa estamos preparados para aprender os pasos: 1º paso: https://youtu.be/h-b2TGBX3XA 2º paso: https://youtu.be/PJpdCMmvT1c 3º paso: https://youtu.be/pgQfXcQ-oGU (se o precisas podes aprendelo máis amodo seguindo este vídeo:https://youtu.be/44LxfM6vDuA Se che resulta moi complicado fai este outro: https://youtu.be/ZI9PM8z2WLY ) 4º paso: Pensa nun equilibrio e grávate facéndoo (pode ser de 2, 3 ou 4 apoios). 5º paso: practica un xiro e envíamo. 6º paso: https://youtu.be/PIuUF_xGAQQ Comeza polo primeiro paso e cando che saia ben envíame un vídeo a través do Edixgal (o eva), ou por correo electrónico ou por wathsapp se tes o meu número. Avísame con unha mensaxe polo Edixgal. Logo fai o 2º paso e envíamo, e así sucesivamente.
Para terminar estiramos un pouco: https://youtu.be/cesbI_YUjno
Saúdos, saúde e móvete moito! Carmen. EDUCACIÓN FÍSICA 3º e 4º _ Muiñeira hip hop (Do 23 ao 30 de abril)EDUCACIÓN FÍSICA _ MUIÑEIRA HIP HOP (Actividades do 23 ao 30 de abril)
Esta semana imos aprender varios pasos para crear a “muiñeira hip hop” que estabamos a inventar na clase. Facédeo o mellor que poidades e enviádeme de volta os vídeos cos pasos que vos pido para facer unha montaxe coas vosas aportacións.
Para empezar comezamos quecendo un pouco todo o corpo. Sígueme!
Agora xa estamos preparados para aprender os pasos: 1º paso: https://youtu.be/7wliLhkPcZM 2º paso: https://youtu.be/HCAh7OKcpoE (se o precisas podes aprendelo máis amodo seguindo este vídeo: https://youtu.be/UZfqGIaDsnQ ) 3º paso: https://youtu.be/nCK5zaacyIM (se o precisas podes aprendelo máis amodo seguindo este vídeo: https://youtu.be/vNlSIJTOqa8 )
Cando che saian ben os pasos envíame un vídeo con cada un. Usade o meu correo electrónico (se aínda non o tedes pedídello á titora. Quen teña o meu teléfono pode enviarmo por wathsapp).
Para terminar estiramos un pouco:
Saúdos, saúde e móvete moito! Carmen. EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL 1º E 2ºINFANTIL, 1º E 2º (Semana do 20 ao 26 de abril)Esta semana seguimos movéndonos e traballando a lateralidade (dereita/esquerda) ademais do adiante e atrás.
Podes xogar comigo:
Para infantil: https://youtu.be/vs8LVQkCwhw
Para 1º e 2º: https://youtu.be/7LjYCah1Nms
Para 1º e 2º Lateralidade: https://youtu.be/t-eb97KLIo8
(Se podes envíame a túa proposta para o xogo. Por exemplo: 1 Rosa, 2 laranxa, 3 verde, 4 azul)
Saúdos, saúde e movédevos moito!
PROPOSTAS DO ALUMNADO
(Fai clik na imaxe)
MOVÉMONOS COA MÚSICA IIRETO 5º e 6º: MÚSICA – EDUCACIÓN FÍSICA Para esta semana temos un novo reto, no que combinamos as áreas de Música e Educación Física. Antes de empezar le as instrucións e logo practica.
1º Comezamos quecendo un pouco. Imita o vídeo: https://youtu.be/wyM4dvh-h2c
2º Traballamos con raqueta e pelota (lembrade que poden ser feitas por vós). O máis importante é seguir o ritmo. Mirade o vídeo da profe Irene e facede o mesmo: https://youtu.be/eMY6GD6lsUo
Corresponde á parte B da canción “Jump in the line”. Jump in the Line (Shake, Senora) é unha canción de calipso (xénero musical afrocaribeño orixinario de Trinidad e Tobago, moi popular nas illas do Caribe de fala inglesa e francesa. Tamén é popular en Costa Rica, Hondoras, Panamá, México, Perú ou Ecuador. A súa peculiaridade é que fai uso como instrumento principal duns tambores metálicos, fabricados a partir de barrís de petróleo reciclados) cantada por Harry Belafonte e composta por Lord Kitchener . Aquí vos deixamos a música da PARTE B: https://www.dropbox.com/s/89cijezl0jg0qzq/Reto%205%C2%BA%206%C2%BA%20raqueta.mp3?dl=0 No seguinte enlace podedes escoitar a canción enteira interpretada por Harry Belafonte:https://www.youtube.com/watch?v=kMXBJW1PuU8
Tedes ata o 24 de abril para enviarlle á profe Carmen un vídeo como o da profe Irene.
3º Para rematar a sesión estiramos. Sigue o vídeo: https://youtu.be/F4Qlv8ywWKA
Saúdos, saúde e moito ánimo!!! Irene e Carmen.
MOVÉMONOS COA MÚSICA IIRETO 3º e 4º: MÚSICA – EDUCACIÓN FÍSICA
Para esta semana temos un novo reto, no que combinamos as áreas de Música e Educación Física. Antes de empezar le as instrucións e logo practica.
1º Comezamos quecendo un pouco. Imita o vídeo: https://youtu.be/O1bzuFFUq44
2º Temos que facer o ritmo correspondente á parte A da Muiñeira de Pontesampaio, que aprendemos a semana pasada. Para isto precisamos unha raqueta e unha pelota. Mirade o vídeo para entender mellor a actividade: https://youtu.be/tmYHBFJtIes
Escoitade varias veces o audio antes de comezar a practicar. https://www.dropbox.com/s/yaekgnbg8tqixc0/AUD-20200415-WA0009.mp3?dl=0 Hai unha introdución de 8 pulsos antes de empezar a realizar a actividade.
Tedes ata o 23 de abril para enviarlle á profe Carmen un vídeo como o da profe Irene. Se aínda non o tes, pídelle o correo a túa titora.
AUDIO PARTE A
3º Para rematar a sesión estiramos. Sigue o vídeo: https://youtu.be/yKDnOyKvzg8
INFORMACIÓN "Muiñeira de Pontesampaio"
Grupo MILLADOIRO Milladoiro é un grupo musical galego de folk, creado no ano 1979. Está considerado como o máis internacional dos grupos galegos, e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego. Para máis información do grupo e ver algún vídeo visita a páxina:
Saúdos, saúde e moito ánimo!!!
Irene e Carmen.
EDUCACIÓN FÍSICA 1º e 2º (semana do 13 ao 19 de abril)ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA 1º e 2º (Semana do 14 ao 19 de abril) ALGÚNS DOS TRABALLOS FEITOS POLO ALUMNADO (Pincha na imaxe)
|