Educación físicaEDUCACIÓN FÍSICA 5º E 6º (Día 8 de maio)EDUCACIÓN FÍSICA 5º E 6º (8 de maio)
Pincha no enlace para ver as tarefas: EDUCACIÓN FÍSICA 3º e 4º (7 de maio)EDUCACIÓN FÍSICA 3º E 4º (7 de maio) XOGOS TRADICIONAIS
Pincha no enlace para ver as actividades:
EDUCACIÓN FÍSICA 1º e 2º (Semana do 4 ao 10 de maio)EDUCACIÓN FÍSICA 1º E 2º _ XOGOS TRADICIONAIS (Semana do 4 ao 10 de maio)
Esta semana vamos a recordar algúns xogos tradicionais de Galicia. Os xogos tradicionais son aqueles que se transmiten de xeración en xeración, por iso o primeiro que debedes realizar é unha pequena ficha sobre un xogo ao que xogaba algunha das persoas maiores coas que vives. Escribe nunha folla os seguintes datos e cúbreos: Nome e curso: Nome do xogo: Materiais necesarios: Explica como se xoga (regras, lugar onde se xoga,…): Foto ou debuxo xogando: Cubre estos datos nunha folla, sácalle unha foto e envíama de volta.
Agora vamos a realizar un pouco de exercicio físico: - Comezamos quecendo os músculos coa música “Brinca Vai!” de Paco Nogueiras:https://youtu.be/jI7f65ZWfm0
- Logo practicamos algún xogo tradicional. Escolle os que queiras: o Mariola: https://youtu.be/RvnjOwGB3Mo o Saltar á corda: https://youtu.be/DgIuBRU2a-c o Sete e medio: https://youtu.be/a62gY2-SC20 o Xogos coa goma, por exemplo “Chicle”: https://youtu.be/8ZnljrmaUks o As chapas: https://youtu.be/qD-vM89phsE Escríbeme ou envíame unha foto do que máis che gustara.
- Por último, relaxámonos facendo un pouco de ioga. (Lembrades que na clase de emocional estabamos traballando a atención e unha das cousas que faciamos era ioga. O ioga sérvemos para concentrarnos, mellorar a atención, traballar o equilibrio, e moitas cousas máis). A ver se es capaz de facer todas estas posturas: https://youtu.be/u0vTvMh1I04 Escolle unha das postura de ioga, saca unha foto facéndoa e envíama de volta.
Saudiños, saúde e móvete moito! EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL (Semana do 4 ao 10 de maio)EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL _ XOGOS TRADICIONAIS
(Semana do 4 ao 10 de maio)
Esta semana vamos a recordar algúns xogos tradicionais de Galicia.
Comezamos quecendo un pouquiño. Como estades traballando sobre o “polo Pepe” imos a xogar ao xogo do “polo”. Lémbraste como é:
- Opción fácil: https://youtu.be/bFN37KKahgA
- Opción menos fácil: https://youtu.be/1x062p2xIsM
Agora seguiremos practicando algún xogo tradicional. Escolle os que queiras e pásao moi ben:
- Mariola: https://youtu.be/RvnjOwGB3Mo - Sete e medio: https://youtu.be/a62gY2-SC20 - As chapas: https://youtu.be/qD-vM89phsE - Saltar á corda: https://youtu.be/DgIuBRU2a-c (Para Infantil os xogos do final do vídeo: o reloxo, a serpe ou, o alumnado de 4 e 5 anos poden saltar se hai 2 persoas para darlle á corda, xa que a maioría xa é quen de saltar así). -
Por último, relaxámonos. Podes realizar os estiramentos da semana pasada (https://youtu.be/YH9Q82EWsbs) ou intentar facer estas posturas de ioga: https://youtu.be/u0vTvMh1I04
Saudiños, saúde e móvete moito!
( categories: )
EDUCACIÓN FÍSICA 3º e 4º (30 de abril)EDUCACIÓN FÍSICA 3º E 4º (Clase do 30 de abril)
Nesta sesión imos a rematar coas actividades relacionadas coa “muiñeira hip hop”.
Comezamos quecendo:https://youtu.be/IH2ZbU2i9qI (Imítame para quentar os músculos e prepararnos para os exercicios)
Agora vamos a facer equilibrios e xiros: - Equilibrio 1: https://youtu.be/GI944XCTL3E (Imítame e se podes grava un vídeo e envíamo de volta). - Equilibrio 2: Inventa un equilibrio e envíame un vídeo, se podes. - Xiro 1: https://youtu.be/cmNNkkTxqmc (Imítame e se podes grava un vídeo e envíamo de volta). - Xiro 2: Inventa un xiro e envíamo, se podes. Tes ata o 5 de maio para enviarme os vídeos.
Por último, estiramos un pouco. Sígueme! https://youtu.be/qft7Spb5KG4
Saúdos, saúde e móvete moito! Carmen
DÍA INTERNACIONAL DA DANZAHoxe é o "Día Internacional da Danza", así que vos deixo algunha ideas para que vos movades con moito ritmo:
Bailade moito e pasádeo moi ben!
|