Experimentamos a radio un ano máis. Desta volta elaboramos unha cuña publicitaria grazas á colaboración do noso mestre en prácticas Alberto. Desexamos que vos guste... Logo desta pequena experiencia, gran parte do profesorado está convencido das posibilidades que esta potente ferramenta didáctica pode ofrecer a todo o alumnado do centro; de feito, neste momento tres docentes do centro están particpando nun curso de radio escolar. As grandes vantaxes son moi importantes tamén para o alumnado con dificultades na expresión oral, na fluidez verbal, na escoita activa... Sen embargo, a grande desventaxa coa que nos atopamos é que o equipamento básico co que esta actividade se puido levar a cabo, pertence na súa totalidade, ao mestre de prácticas citado anteriormente, Alberto Pereiras, que con moito interese e xenerosidade se ofreceu para sacar adiante esta iniciativa. É por iso polo que nun futuro, próximo, xa neste curso, nos gustaría atopar a posibilidade de conseguir ese equipamento para poder desenvolver e implementar unha radio escolar no noso centro.
Aquí vos deixo as recomendacións lectoras para o verán.
A guía está feita en colaboración cos centros PLAMBE do Concello da Estrada: Ceip Plurilingüe de Oca, Ceip do Foxo, Ceip de Figueiroa e Ceip Cabada Vázquez.
Como sabedes, no centro celebrouse recentemente o "DÍA DA CIENCIA EN GALEGO", no que se organizaron diversas actividades e exposicións. No caso dos nenos e nenas de 3 e 4 anos tamén acudimos á biblioteca e alí descubrimos unha serie de libros cos que documentarnos sobre o tema que estamos a traballar na aula: O CORPO HUMANO. Foi unha sesión chea de curiosidades e, por suposto, de moita ciencia!
Canto vos botei de menos nas vacacións... espero que veñades con moitas ganas de traballar e aprender.
Para este curso imos desenvolver un novo Proxecto Documental Integrado (PDI) sobre "O MEL" no que xa están traballando os mestres e mestras e do que logo teredes noticias.
Ola nenas e nenos, Líatantoscontos recórdavos que de cara á celebración do Día das Bibliotecas,está en marcha o concurso de marcapáxinas ;
A BIBLIOTECA É........
Todos os traballos presentados serán expostos na entrada da nosa Biblioteca , co que resulte gañador ,faremos un marcapáxinas para os nenos e nenas do cole.
OS NENOS E NENAS DE 1º E 2º TAMÉN TRABALLARON, SEGUINDO O PROXECTO RELACIONADO CO PATRIMONIO, AS PONTES E EN COLABORACIÓN COAS FAMILIAS FIXERON UNS TRABALLOS QUE PODEDES VER AQUI
O 24 DE OUTUBRO, "Día das Bibliotecas", tivemos a honra de contar coa ilustradora do "Poder máxico do sorriso", Luz Beloso, obra escrita pola nosa compañeira e mestra deste centro Thalía Trotiño González.
Luz Beloso, docente nun centro de secundaria, non puido asistir fisicamente ao noso cole, pero fíxoo a través de videoconferencia, de xeito que puido compartir con todos nós o papel tan importante, das ilustracións dunha obra. Conseguíu que todos reflexionásemos sobre a importancia do debuxo nas nosas vidas e convidounos a practicar todos os días.