Algunhas actividades feitas para celebrar AS LETRAS GALEGAS foi a creación de pop arts acompañedos de poemas do libro de Mª Victoria Moreno " EU CONTO TI CANTAS", que os nenos e nenas memorizaron e recitaron ao resto dos compañeiros e compañeiras.
Outra activdade foi a realización de un "MAIO" en colaboración cos pais e nais.
Para conmemorar o DÍA DA POESÍA, achegouse ao noso cole o profesor xubilado e escritor estradense DAVID OTERO para realizar un obradoiro de poesía cos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º. Gustounos moito a experiencia. Volveremos a repetila co alumnado de infantil, 1º e 2º.
Durante toda a semana adicaremos un ratiño a lecturas compartidas .Aquí deixamos fotos de hoxe, ao longo da semana iremos subindo as actividades levadas a cabo por todos os cursos.
Tamén disfrutamos de un conto en inglés que fixeran nenos e nenas do cole e co apoio da imaxen Noemi e Xiana nos contaron.
Aquí vos deixo as recomendacións lectoras para o verán.
A guía está feita en colaboración cos centros PLAMBE do Concello da Estrada: Ceip Plurilingüe de Oca, Ceip do Foxo, Ceip de Figueiroa e Ceip Cabada Vázquez.
Eiquí vos deixamos as presentacións que os Xenerais da Ulla fixeron das actuacións do noso alumnado na xornada do pasado venres 9 de febreiro para celebrar o entroido no noso cole. Nin que decir ten que por causa do mal tempo non puidemos facer o desfile ata o centro do pobo como era costume en anos anteriores, porén fixemos unha inauguración forzada da nosa nova aula de usos múltiples. A dicir verdade esa nova dependencia aínda non ten nome, pero para esa xornada foi moi proveitosa.
Déixovos unhas imaxes da exposición que fixo o alumnado de 5º e 6º aos compañeiros e compañeiras do cole. Recolleron información sobre os muíños cercanos ao seu domicilio e logo puxérona en común:
PARA CELEBRAR O DÍA DA BIBLIOTECA NADA MELLOR QUE UNHA GINKANA POR EQUIPOS POR TODO O COLE , ONDE TIÑAMOS QUE CONSEGUIR PISTA TRAS PISTA, IR COMPOÑENDO UNHA MENSAXE QUE LOGO TIÑAMOS QUE DESCIFRAR.
Ola a todas e a todos,imos seguir engadindo noticias á nosa páxina para que poidades compartilas con nós.
Os alumnos de 5º de primaria ,dedicaron estes días a recompilar receitas elaboradas con productos típicos de este tempo ,e como non podía ser menos...."EN FEMININO" , é dicir, dadas polas nais,tías,avoas,madriñas,etc. en definitiva "MULLERES" ,que é como ben sabedes o noso tema central para este curso.
Aí vos quedan algunhas imaxes da súa exposición no festival de hoxe, as receitas e como non podía ser menos unha torta traída por unha alumna de 5º cocoa forma da nosa mascota "LIATANTOSCONTOS".
O venres 5 de febreiro celebramos o entroido na escola. Como xa sabedes este ano o noso PDI é "ALOUMIÑOS DE MEL" así que centramos o entroido na temática do mel.
Ola todas e todos,dende a biblioteca do noso cole queremos darvos a benvida ao novo curso e amosarvos a gran festa que fixemos con motivo do inicio do curso.
Primeiro fomos ás clases para coñecer e saudar aos profesores e aos novos compañeiros.
A continuación ,e mentres os máis pequenos disfrutaban dunha animación a cargo de Cristina Collazo, os demáis participamos por equipos en xogos tradicionais(algo que nos encanta).
Despois foi o turno dos xogos para os peques e nós fomos á biblioteca para a sesión de Cristina ,quen conseguíu que a nosa imaxinación voase ,que a nosa timidez non existise por un anaco e que rísemos e disfrutáramos durante todo o tempo que nos acompañou.
Ao final da mañán tivemos unha sesión de karaoke ,coa que nos divertimos cantando e bailando os temas musicais máis actuais.
Ímosvos amosar algunhas fotos que dan conta do magnífico comenzo de curso.
A ENTRADA DO COLE ESTABA PRESIDIDA POR UNHA GRAN MULLER.
O pasado venres 29 de xaneiro celebramos na escola o DÍA DA PAZ.
Todos os nenos e nenas do colexio, ademais de traballar sobre a Paz na nosa aula, cantamos e bailamos xuntos unha canción con letra do recentemente finado Xosé Neira Vilas e que leva por título
No día de onte tivemos a sorte de contar coa visita do renombrado fotógrafo Antonio Nodar, nado en Baíñas pero con raíces estradenses.
Ademáis de contarnos un milleiro de cousas sobre a súa vida, tamén nos brindou con un taller fotográfico no que participamos facendo retratos de todo o cole.
Hoxe foi un gran día para LÍATANTOSCONTOS.Os nenos de 5 anos do cole ,aínda non viñeran á biblioteca para levar libros emprestados , pero hoxe tiveron unha sesión de biblioteca para coñecer o seu funcionamento e o uso dos carnets,cales son os libros máis axeitados para eles.....Grazas á sua profe Ana,fixeron uns marcadores coa súa foto e a súa pegada ( para colocar nos andeis ) cando collen algún libro no tempo de lecer.Todos e todas estaban entusiasmad@s.
Ímosvos amosar unha pequena mostra do seu paso pola nosa biblioteca.