Aínda que o seu día se celebrou o pasado 18 de outubro, no centro puidemos celebrar o Día das Mulleres Escritoras o venres 22 coa visita ao centro de Elvira Ribeiro, autora entre outras de obras como "Ola! Son un bicho bóla!" e coa que fixo pasar un bo rato aos máis pequenos. Aí vos quedan unha pequena mostra do seu paso polas diferentes aulas do centro.
O 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca. Comenzan as mochilas viaxeiras a súa andaina polas casas. Tomaremos as medidas pertinentes á hora de cambiar de domicilio. Pero esta situación non vai a conseguir que non podamos disfrutar desta selección de material para compartir coas familias.
Aquí vos amosamos unha mostar de algunha das nosas mochilas.
Para dar comezo a un novo proxecto sobre a flora silvestre tivemos a sorte do contar con Montse Fernández, nai dunha alumna de 4º de primaria, Catarina, e que non só nos ensinou algunha das plantas que podemos atopar no entorno do noso colexio, senón que tamén puidemos degustar algunha das saborosas receitas que con esas herbas elaboramos na nosa nova cociña. Preparamos unhas tortitas feitas con ovo, fariña de espelta, leite de avea, fiuncho e couselo (embigo de Venus), que acompañamos con sirope de arce e froitas (arandos, amorodos e plátano). Para rematar brindamos cun zume feito con mazás, e correolas ou llantén(maior e menor), menta silvestre (mentrastes) e dente de león.
Para celebrar o Día Mundial da Radio convidamos a Dna. Emérita Rivas, mestra xubilada que estivo durante moitos anos vinculada ao centro, para que nos contase experiencias e recordos persoais relacionados coa radio. Contamos tamén, con música en directo, e foi alumnado do centro como Saínza, Carla cos seus clarinetes, e Germán coa súa flauta traveseira os que nos acompañaron ao comezo e ao remate do programa. Acompañaron á nosa convidada Brais (2º), Danna (3º) e Manuel (5º) para que as súas preguntas servisen para coñecer a importancia da radio na vida de Dna. Emérita.
Foi unha sesión de radio diferente e sobre pretendiase que o alumnado das diferentes etapas e niveis tivese hoxe un protagonismo especial, deixándonos tamén eles as súas vivencias e impresións.
O alumnado de infantil segue a traballar no horto, aquí podedes ver os allos, a lombarda, repolo, allo porro, chícharos,,....En breve seguirémosvos informando sobre estes xoves agricultores.
Este martes 15 de febreiro, visitounos Carmen Freire, colaboradora de Mans Unidas que nos ensinou moitos dos usos e propiedades das diferentes plantas que podemos utilizar no noso horto. Co seu gran entusiasmo e sabedoría fixo varias quendas de traballo coas diferentes aulas para poder contarlles moitos dos usos e propiedades dalgunha das plantas que usamos.
Pasámolo moi ben e agardamos con moito interese que volva a visitarnos a mediados de abril!!!
NO NOSO COLE DECIDIMOS FACER, PARALELAMENTE AOS PROXECTOS NOS CONTEXTOS, O PROXECTO DO HORTO E DOS MAS MEDIA DURANTE TODO O CURSO, NA SESIÓN DOS VENRES.
AQUÍ PODEDES VER ALGÚNS DOS TRABALLO SLEVADOS A CABO NO HORTO.
NOS RECANTOS E NOS CONTEXTOS NON PODÍAN FALTAR EXPERIMENTOS COMO O QUE ESTÁN LEVANDO A CABO OS NENOS E NENAS DE INFANTIL, COS ALLOS.
Na semana do 14 ao 18 de febreiro tivemos tamén a sorte de poder contar cunha actividade de robótica na aula de 3º e 4º. A actividade foi organizada pola fundación ABANCA e permitiulles á cativada desa aula deseñar un dispositivo con son para avisar ás aves mariñas de que non quedasen atrapadas nas redes dos barcos. Usaron sensores de presenza e intercambiaron mensaxes entre eles, e todo usando as posibilidades que os microbits lles ofrecen.
Pasárono xenial e esperámolos para o mes de abril con outra visita ao noso centro!
Con máis retraso do agardado, publícase a revista escolar deste curso, que coma sempre recolle o relevante deste curso que remata. Ao igual ca no curso pasado, recordade que en moitas das reportaxes adxúntase un enlace a unha videomontaxe relacionada co artigo en cuestión. Esperemos que vos guste, e coas reiteradas desculpas pola demora na súa publicación, desexámosvos a todos unhas boas vacacións de verán. Para o ano máis e mellor!!
Este curso, para conmemorar o día da Muller Traballadora (8 de marzo), tivemos a sorte de que Rosa Herráiz, Rosa de Cabanas para moita xente, aceptase a nosa invitación e viñese ao centro a presentar un fermoso traballo seu. Do 3 ao 17 de marzo, estará exposto na Casa das Letras da Estrada, unha exposición de 52 retratos de mulleres de relevancia en diferentes eidos que a autora elaborou o pasado ano, un por cada semana e usando diferentes técnicas gráficas.
A importancia da exposición garda moita relación coa necesidade de dignificar e divulgar as aportacións destas grandes creadoras, e poder comprender as dificultades e inxustas discriminacións que tiveron que sufrir ao longo das súas vidas profesionais.
Neste curso, para celebrar por primeira vez o día de Rosalía o 23 de febreiro, participaron representando ao noso centro, Gema e Gorka nun acto moi fermoso na Teatro Principal. Levaron un poema de Cantares Gallegos e fixérono tan ben que o queremos compartir con toda a comunidade educativa.