Neste curso, para celebrar por primeira vez o día de Rosalía o 23 de febreiro, participaron representando ao noso centro, Gema e Gorka nun acto moi fermoso na Teatro Principal. Levaron un poema de Cantares Gallegos e fixérono tan ben que o queremos compartir con toda a comunidade educativa.
Esta semana de entroido, visitounos David Otero, escritor e mestre veciño de Codeseda, que coa súa naturalidade e frescura ofreceulle ao alumnado de 1º 2º 3º e 4º , un sinxelo pero ameno obradoiro de poesía.
Desde este ano, o día de Rosalía celébrase o 23 de febreiro por recentes achádegos da súa biografía que así o confirman. Para darlle a súa merecida homenaxe, aceptamos gustosamente a invitación que desde Radio Estrada e sobre todo Pilar Bernárdez no seu día nos fixo. Acudimos o propio día para participar xunto a outros centros da Estrada e levarlle a nosa versión da presenza de elementos da natureza silvestre na obra de Rosalía. Encargáronse tres rapazas da aula de 5º de primaria, Danna, Jamila e Fátima. Fixérono tan ben que convidámosvos a que desfrutedes co seguinte audio da súa intervención.
Acudimos á Festa das Palabras para acompañar aos gañadores e gañadoras desta novena edición do concurso de micropoemas e microrrelatos na que participan todos os centros educativos da Estrada.
Por fin puidemos asistir sen restricións a un acto moi bonito. PARABÉNS AOS PARTICIPANTES!!!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos diferentes obradoiros que este ano fixemos. Cociña e manualidades para os de infantil, primeiro e segundo, mentras que os de 3º, 4º, 5º e 6º, desfrutaron dos obradoiros de maquillaxe e baile.
Como remate de trimestre, dentro do PLAMBE, e seguindo a proposta que este ano nos fai o equipo de biblioteca do centro, todas as aulas do centro participaron na elaboración deste fermoso calendario centrado nas nosas aves.
O DÍA 15 TIVEMOS A SORTE DE COMPARTIR UN RATIÑO CON FERNADO GONZÁLEZ GRAÑA, AUTOR DO LIBRO DE POESÍA "ZAPATOS MÁXICOS". APARTE DE DESCUBRIRNOS ALGÚNS SEGREDOS SOBRE A SÚA OBRA, TAMÉN NOS BRINDOU A OPORTUNIDADE DE PARTICIPAR NUN CONTO SOBRE UNHA FRAGA , ONDE O ALUMNADO DE 3º E 4º ERAN, NIN MÁIS NIN MENOS QUE OS PROTAGONISTAS. DESFRUTAMOS TANTO, QUE AO DÍA SEGUINTE XA TIÑAMOS ALGÚN NENO E NENA ESCRIBINDO CONTOS LIBREMENTE.
Como novidade, este ano decidimos celebrar o día do Sorriso. A razón pode parecer absurda pero para nós resultou moi gratificante. A nosa compañeira e mestra de infantil, Thalía Troitiño González, non só ven de aprobar as oposicións ao corpo de mestres neste verán pasado, senón que tamén se estreou na eloxiosa labor de crear un libro para público infantil. "O poder máxico do sorriso" é o título desa obra que presentou o mes pasado no seu concello, en Silleda, e neste día tivemos a boa idea de convidala a que compartise con nós a súa experiencia como xove creadora.
Nesta actividade, colaborou o alumnado da materia de Valores sociais e cívicos de sexto curso de primaria.
Moitas felicitacións a todas (Jamila, Fátima e Danna) e moi en especial á nosa ESCRITORA, Thalía.
Aquí podedes consultar as recomendacións lectoras dos centros Plambe da Estrada. Que desfrutedes dun bo verán acompañados e acompañadas destas lecturas seleccionadas con moito coidado, esperando que sexan do voso agrado.
O 18 de xaneiro levamos a cabo a actividade sobre as aves para o segundo trimestre. Contamos con Alouette machine.
Alouette Machine é unha imprenta itinerante que traballa coa Tipografía, recuperando esta técnica artesanal mediante obradoiros e mostras de como funciona. Traballamos «Os superpoderes das aves», coa
Para conmemorar o día do libro convocamos un concurso de carteis, aquí podedes ver algún deles, en breve amosaremos o cartel gañador.
Agradecer ao noso voluntariado a labor que está facendo na biblioteca. Imos amosarvos algúns momentos deste día tan sinalado en que se levaron a cabo lecturas grupais, a cargo destas voluntarias.
COMO PRODUTO FINAL DO NOSO PDI " AS NOSAS AVES", NESTE SEGUNDO TRIMESTRE, O ALUMNADO DE 3º/4º E 5º/6º, PROFUNDIZARON NO ESTUDO DAS NOSAS AVES E ELABORARON AS PREGUNTAS PARA O TRIVIAL. UNHA BOA FORMA DE APRENDER E DIVERTIRSE, Á VEZ.
O ALUMANDO DE 1º E 2º LEVOU A CABO UNHAS FANTÁSTICAS MANUALIDADES.