Novas
FEIRA ABELEIRA DE EXPERIMENTOS 2022
Este curso retomamos a Feira Abeleira de experimentos como en anos anteriores pero, ao estar aínda vixente o protocolo COVID no centro, non vai ser de xeito presencial senon a través de vídeos montados cos experimentos realizados.
A idea inicial era que fose na primeira semana de maio, coincidindo coa presencia no centro do equipo de Ciencia en Movemento pero, por cuestións organizativas non deu tempo a ter todos os vídeos preparados. Deixaremos a criterio de cada clase-titoría o visionado dos vídeos cando o considere oportuno.
O equipo de Ciencia en Movemento, como en anos anteriores, trouxo ao centro a experiencia do Museo Científico para o alumnado de 4º de primaria e do Obradoiro Kids para o de 6º de infantil.
Na táboa que segue poderedes ver os vídeos correspondentes aos experimentos realizados polo alumnado dos cursos 4ºB de EI, 2ºA, 3ºB e 5ºB (que son as titorías dos membros do equipo de Laboratorio do centro).
EXPERIMENTOS FEIRA ABELEIRA 2022 |
||
CURSO |
TÍTULO |
ENDEREZO YOU TUBE |
4ºB EI |
Colores |
https://drive.google.com/file/d/1PJNKbUbHRnwLeVx00s85Dvh-H4sUADQ-/view?usp=sharing
|
Hielo |
https://drive.google.com/file/d/1mRpX8_AzSpLrHtUZAlNDzb-ZW-hUHlLu/view?usp=sharing
|
|
Leche |
https://drive.google.com/file/d/1tJXQvAN-bnY1xcqsz8DyyuFoD9qHluut/view?usp=sharing
|
|
Maicena |
https://drive.google.com/file/d/1p2zdXBMrhP45G6586y-MLQgnnRxDk_hz/view?usp=sharing
|
|
2ºA EP |
Filtracion |
|
Decantación |
|
|
Separación de mesturas |
|
|
Separación de mesturas 2 |
https://www.youtube.com/watch?v=5uKlAihV_yY
|
|
3ºB EP |
A forza do aire |
|
A presión do aire |
|
|
Compresión do aire |
|
|
Formación do vento |
|
|
Osíxeno e lume |
|
|
Palliña clavada |
|
|
5ºB EP |
Fabrica a túa momia |
|
Vasos comunicantes |
|
|
Facemos un volcán |
|
|
A refracción da luz |
|
AXUDAS MUNICIPAIS ESCOLARES CURSO 2021-2022
AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
CURSO 2021-2022
A partires do vindeiro xoves 10 de xuño e ata o 7 de xullo ábrese o prazo de presentación de solicitudes para as axudas municipais escolares para o curso 2021-2022.
As solicitudes presentaranse a través da carpeta cidadá do concello de Vigo ou presencialmente mediante cita previa (poderase pedir a partires do 7 de xuño).
- Por teléfono: 010 ou 986 810 260
- Pola web do Concello: www.vigo.org
- Máis información na Sede electrónica (convocatorias e subvencións):https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/?lang=gal
As axudas de libros e material escolar (para o alumnado de infantil) pasan a 100€/ alumno.
Nos arquivos adxuntos podedes consultar as bases da convocatoria e/ou descargar o ANEXO I-SOLICITUDE, o ANEXO III-XUSTIFICANTE HIPOTECA_2021_2022 e/ou o ANEXO II-CONTRATO ALUGUER VERBALames_2021_2022
IES ALEXANDRE BÓVEDA: XORNADA DE ACOLLIDA ALUMNADO DOS CENTROS ADSCRITOS
Este curso 2020-21, coma todos e todas sabedes, desenvolveuse sumido nunha situación moi complexa como é o COVID-19. Todas as actuacións docentes en todos os centros escolares foron enmarcadas tendo en conta as medidas de seguridade, adoptando as pautas e normas necesarias para minimizar os riscos de contaxio.
No mes de xuño, o IES realiza a xornada de acollida onde o alumnado de 6º de EP dos centros adscritos visitan o que será o seu futuro centro escolar. Este curso a situación na que estamos inmersos fainos modificar a organización da visita e as actividades a realizar. Así a visita ó IES, ven condicionada polo número de nenos e nenas que participan na mesma, e poder gardar a distancia de seguridade. Polo tanto, acordaron dende o Departamento de Orientación e o Equipo Directivo seguir as seguintes pautas para o alumnado do CEIP Balaídos:
- A visita será o XOVES 10 de xuño
- Sairase do centro andando, con 2 mestras/es por cada grupo
- O alumnado de 6ºA acudirá na 1ª sesión, en horario de 9:20 a 11:25h
- O alumnado de 6ºB acudirá na 2ª sesión, en horario de 11:30 a 13:35h
- A organización da xornada será a que segue:
HORA |
PERSOAS RESPONSABLES |
ACTO |
|
1ª sesión |
2ª sesión |
||
11’30-11’35 |
Dirección e Xefe Departamento Orientación |
Recepción na entrada e paso ó salón de actos |
|
09’25-9’45 |
11’35-11’55 |
Dirección, Orientación, PTs |
Recibimento e Video.MOON CRESTA - New year song [official music video] - YouTube (4 minus). Explicación de normas xerais e das materias de 1º ESO. Entrega de dípticos. Preguntas por parte do alumnado. |
9’45-9’55 |
11’55-12’05 |
Alumnado de 1º da ESO |
Explicación de alumnado de 1º ESO que representen a cada centro visitante. Preguntas |
9’55-10’05 |
12’05-12’15 |
Alumnado da ESO e Bacharelato |
Actuación musical |
10’05-10’10 |
12’15-12’20 |
PTs |
Explicación da visita |
10’10-11’00
|
12’20-13’10
|
PTs |
Visita : Acompañaran ó grupo Pilar e Lourdes: Biblioteca, Aula informática, Aulario, Patio e Cafetería |
11’05-11’20 |
13’15-13’30 |
XDO e PTs |
Voltaran ó salón de actos. Entrega dunha chapa como recordo do IES e dunha bolsa con froita e unha chocolatina. |
11,25 |
13,35 |
Directora, XDO |
Despedida |
OS PERIGOS DE INTERNET
Nestes días o noso alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria recibíu a visita da Policía Nacional (do Departamento de Participación Cidadá) para recibir unha charla sobre os perigos de internet.
Tanto alumnado como ponentes saíron moi contentos coa experiencia que, a ben seguro, repetiremos para o vindeiro curso.
É moi importante que as familias esteades atentas a este tema e por iso facilitámosvos esta información a través de carteis e materiais elaborados por especialistas a este fin.
|
Neste enlace podedes consultar un pequeno libro con consellos para evitar o ciberacoso e o mal uso de internet. Clicando aquí descargaredes unha "Guía para padres sobre el uso seguro de videojuegos por menores"
Enquisa Educonvives
Enquisa de diagnose da convivencia 2021
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha a III macroenquisa de diagnose da convivencia 2021 dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (profesorado, alumnado a partir de 5º de primaria, persoal non docente e familias). O prazo está aberto desde o 12 ata o 29 de abril, ambos incluídos. Esta acción enmárcase dentro da futura Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2021-2025.
Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónima, a través da aplicación convivenciaxestion.
Documentos informativos:
As familias recibirán un escrito coas claves de acceso e as indicacións precisas sobre como actuar.
Acceso ás enquisas:
Parentalidade positiva
Dende Cruz Vermella infórmannos do seu proxecto “ Apoio á parentalidade positiva” o cal ten como finalidade apoiar ás familias con menores de idade ó seu cargo nas súas funcións de crianza e socialización ó longo do seu ciclo vital. Fortalecendo ás familias para que as necesidades e os dereitos da infancia sexan satisfeitos, e para fomentar o goce de relacións familiares positivas que permitan o desenvolvemento dos seus membros.
Para máis información podedes contactarnos nos seguinte mails:arosa@cruzroja.es, pontevedra@cruzroja.es ou ben no teléfono: 986 512 244.
Aprazamento da convocatoria de eleccións para a renovación do consello escolar
A RESOLUCIÓN conxunta do 30 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 08 de outubro de 2020) pasa a quedar sen efecto pola nova RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e FormaciónProfesional, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dosconsellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
A situación derivada do empeoramento da crise sanitaria xerada pola pandemia do COVID-19 levou ás autoridades sanitarias a ditar a Orde do 21 outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada doCOVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Neste contexto, coa finalidade de preservar a saúde das persoas e evitar aglomeracións faise necesario o aprazamento da convocatoria de eleccións a consello escolar de centros docentes sostidos con fondos públicos. Isto é o que dicta esta nova resolución, que sairá próximamente no DOG.
A composición do consello escolar do centro manterase como estaba ata o momento. No caso de ter que cubrir algunha baixa, tirarase da última lista saída da elección anterior.
Servizo de comedor e aula matinal
Según información da ANPA, o vindiero luns 26 de outubro darán comenzo os servizos de comedor e aula matinal.
Levaranse a cabo baixo o PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AL COVID-19 DE LOS SERVICIOS GESTIONADOS POR EL ANPA BALAÍDOS EN EL C.E.I.P. BALAÍDOS PARA EL CURSO 2020-2021.
Os detalles de cada servizo pódense consultar nas entradas correspondentes “Aula Matinal” e “Comedor” da web https://ampabalaidos.wordpress.com/
Días non lectivos para este curso escolar
Como sabedes, todos os cursos o centro escolle un ou dous días non lectivos (en función de como coincidan as festividades locais). Este ano tocan dous días.
As datas escollidas son o martes 13 de outubro e o martes 18 de maio.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »