Novas

Inicio da Escola de pais e nais CEIP BALAÍDOS

O vindeiro MÉRCORES 19 DE NOVEMBRO terá lugar a segunda sesión da Escola de pais (ESPAZO FAMILIA) e nais CEIP Balaídos.

A maioría dos conflitos na aula danse no  ámbito interpersoal e intrapersoal. Estas relacións están impregnadas de fenómenos emocionais. O traballo en  educación emocional é fundamental tanto para alumnos e pais como para profesores, e estos poderán desenvolver nos alumnos competencias socio emocionais necesarias para que se xenere un clima de traballo efectivo, enriquecedor para a persoa e de plena convivencia.

O centro acóllese aos Contratos Programa, da Consellería de Educación, na súa modalidade de "Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros" para a financiación desta actividade que, conxuntamente cos Emociomartes e os talleres de habilidades sociais, contribuirá a mellorar a competencia emocional de toda a nosa comunidade educativa.

 

Renovamos a participación no programa "Introducción á robótica educativa en primaria"

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar a resolución definitiva dos centros que se incorporan neste curso 2018/19 ao programa de innovación Introdución á robótica educativa en primaria, un total de 50, o que supón que en Galicia dispoñen xa destes kits de robótica subministrados pola Xunta un total de 159 colexios públicos. Deles, 77 renovan ou continúan o proxecto do curso anterior e 32 participarán cun ampliado do ano pasado (isto é, recibirán unha nova dotación de robots e complementos de construción), ao abeiro desta última resolución publicada, que se pode consultar no enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26343 .

En concreto a dotación que recibirán os centros – tanto os de nova incorporación como os que amplían recursos– consiste en 6 robots Mbot (modelo básico) e kit de construción compatible de Lego, ademais dos manuais de uso e guía didáctica.  Os destinatarios destes materiais son alumnos de 4º, 5º e 6 de Primaria.

Como sabedes, o noso centro participou neste programa o pasado curso e ampliáronnos a participación tamén para este 18-19.

Suspéndense as actividades no exterior hoxe 6 de novembro

A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de suspender hoxe, a partir das 12:00 horas as actividades no exterior dos centros educativos das zonas de predición meteorolóxica do suroeste da Coruña, oeste da Coruña, noroeste da Coruña, litoral de Pontevedra da Mariña lucense, debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por refachos de ventos superiores a 100 quilómetros hora que comezará este martes e se prolongará ata as 00,00 horas de mañá mércores. 

Esta é a información que aparece na páxina da Consellería de Educación esta mesma mañá: ver o enlace seguinte http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26354

AXUDAS MUNICIPAIS DE COMEDOR

Comunícase ás familias que solicitaron a axuda municipal para o comedor escolar que poden pasar pola oficina do ANPA ou pola dirección do centro para saber se a teñen ou non concedida

Alumnado de sexto premiado na VI EDICIÓN DO CERTAME DE RELATO CURTO

Alumnado de sexto do noso cole foi premiado como finalista na VI Edición do Certame de Relato Curto da FANPA, na que participaron máis de 1050 participantes.

Se queredes máis información podedes acudir a este enderezo: http://blogs.nontedurmas.org/certame/2018/04/13/finalistas-da-vi-edicion-do-certame-de-relato-curto/

 

Charla sobre educación emocional

in

A Conselleríade Cultura, Educación e Ordenación Universitara invita ás familias a asistir a unha formación titulada A educación a debate que consta de varias sesións sobre distintos temas. O próximo mércores, 23 de maio, en horario de 18:00 a 20:00, no salón do CFR de Vigo (Camiño do Chouzo, nº 2 , 36208, Vigo ) terá lugar unha charla sobre Educación emocional a cargo de Raquel Pedrouso Carreira.

Avaliación diagnóstica e avaliación final de primaria

A Consellería de Educación fixou as datas de celebración da avaliación individualizada de 3º e a final de primaria (de 6º) para os vindeiros días 23 e 24 de maio (3º primaria) e 29 e 30 de maio (6º primaria).

A avaliación individualizada de 3º terá carácter censual e aplicarase a todo o alumnado que no curso 2017-18 estea realizando 3º curso de educación primaria en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. O vindeiro martes 15 de maio, ás 16:00h, terá lugar unha reunión informativa sobre a avaliación individualizada para as familias do alumnado de 3º de primaria do centro.

A avaliación final terá carácter mostral e unha finalidade diagnóstica. Este ano non se realizará noso centro, pois non foi escollido como mostra.

Nos enlaces seguintes está a normativa que as regula para este curso:

- Avaliación individualizada

- Avaliación final

ENQUISA DA BILIOTECA PARA AS FAMILIAS

in

Como todos os cursos, xa está no Blog da biblioteca o enlace para cubrir a enquisa das familias sobre a mesma.

Lembrade que esta enquisa é necesaria para a vosa valoración do funcionamento e servizo da biblioteca e serve de base para as posibles melloras cara o vindeiro curso.

Para facela podedes acceder dende este enlace: http://orecunchodexoan.blogspot.com.es/2018/05/enquisa-biblioteca.html

Charla sobre igualdade para o alumnado de sexto de primaria

Hoxe, o alumnado de sexto de primaria asistíu a unha charla sobre igualdade impartida por Paula, unha traballadora social da asociación Rede de mulleres veciñas contra os malos tratos de Vigo.

A partires dunha dinámica de traballo en grupos, falaron sobre a súa visión sobre as diferencias entre homes e mulleres.

   
   
Distribuir contido

Back to top