IES ALEXANDRE BÓVEDA: XORNADA DE ACOLLIDA ALUMNADO DOS CENTROS ADSCRITOS

Este curso 2020-21, coma todos e todas sabedes, desenvolveuse sumido nunha situación moi complexa como é o COVID-19. Todas as actuacións docentes en todos os centros escolares foron enmarcadas tendo en conta as medidas de seguridade, adoptando as pautas e normas necesarias para minimizar os riscos de contaxio. 

No mes de xuño, o IES realiza a xornada de acollida onde o alumnado de 6º de EP dos centros adscritos visitan o que será o seu futuro centro escolar. Este curso a situación na que estamos inmersos fainos modificar a organización da visita e as actividades a realizar. Así a visita ó IES, ven condicionada polo número de nenos e nenas que participan na mesma, e poder gardar a distancia de seguridade. Polo tanto, acordaron dende o Departamento de Orientación e o Equipo Directivo seguir as seguintes pautas para o alumnado do CEIP Balaídos:

  • A visita será o XOVES 10 de xuño
  • Sairase do centro andando, con 2 mestras/es por cada grupo
  • O alumnado de 6ºA acudirá na 1ª sesión, en horario de 9:20 a 11:25h
  • O alumnado de 6ºB acudirá na 2ª sesión, en horario de 11:30 a 13:35h
  • A organización da xornada será a que segue:

 

HORA

PERSOAS RESPONSABLES

ACTO

1ª sesión

2ª sesión

09’20-09’25

11’30-11’35

Dirección e Xefe Departamento Orientación

Recepción na entrada e paso ó salón de actos

09’25-9’45

11’35-11’55

Dirección, Orientación, PTs

Recibimento e Video.MOON CRESTA - New year song [official music video] - YouTube (4 minus).

Explicación de normas xerais e das materias de 1º ESO. Entrega de dípticos. Preguntas por parte do alumnado.

9’45-9’55

11’55-12’05

Alumnado de 1º  da ESO

Explicación de alumnado de 1º ESO que representen a cada centro visitante. Preguntas

9’55-10’05

12’05-12’15

Alumnado da ESO e Bacharelato

Actuación musical

10’05-10’10

12’15-12’20

PTs

Explicación da visita

10’10-11’00

 

12’20-13’10

 

 

PTs

Visita : Acompañaran ó grupo Pilar e Lourdes: Biblioteca, Aula informática, Aulario, Patio e Cafetería

11’05-11’20

13’15-13’30

XDO e PTs

Voltaran ó salón de actos. Entrega dunha chapa como recordo do IES e dunha bolsa con froita e unha chocolatina.

11,25

13,35

Directora, XDO

Despedida

Back to top