Resultado do sorteo das rifas para a excursión de 6º

O número premiado resultante do sorteo da Rifa para excursión de fin de curso para 6º de primaria do curso 2014/2015 que levará o Ipad mini é o 561.

No caso de non aparecer o boleto correspondente a este número, hai un número de reserva que é o 149.

Moitas grazas pola vosa participación!!!

 

Festiletras 2015.

Un ano máis celebramos o festival con motivo das letras galegas:
 
Tamén podemos disfrutar dos traballos do caderno do certame Novoneira, así como dos gañadores dos premios.
 
 

Achégase o festival das letras galegas!!!

O venres disfrutaremos un ano máis do noso Festiletras, no que poderemos ver todo isto!!

Visita de Almudena Aparicio.

Hoxe recibimos a visita no Ceip Balaídos de Almudena Aparicio (@AlmuAparicio), una ilustradora viguesa que estivemos traballando durante as pasadas semanas.

O seu percorrido comezou nas aulas de 3 anos e foi subindo de nivel ata chegar aos nenos de 6º de primaria. En infantil contou contos nos que ela fixo as ilustracións, Ademáis, en cada nivel fixo unha chuvia de ideas para decidir que podía  debuxar. Despois ela plasmaba esas ideas en un gran debuxo. Tanto alumnos como mestres quedamos abraidos co seu talento.

Explicounos que primeiro fai os debuxos a lapis e rotulador para logo pasalos polo ordenador e colorealos. 

 
Despois de ter todas as ilustracións, as decoraremos nas distintas clases e faremos unha gra exposición. Despois de compartir toda mañá con nós, Almudena regalounos tres libros para a biblioteca de aula.
Moitas grazas por visitarnos Almudena, volve cando queiras.

Teatro negro 2015

Como todos os anos, con motivo das letras galegas, os nenos de 6º de primaria realizaron unha obra de teatro negro chamda CHO-LÍN. 

6ºA

6ºB 

Revista Breogán 2015

in

Podedes descargar a revista en pdf aquí.

 

Avaliación individualizada 2015 para alumnos de 3º de primaria.

Infórmase ás familias de que terá lugar a avaliación individualizada, marcada pola lei orgánica de mellora e calidade educativa, os días 27 e 28 de maio. 

Para máis información podedes descargar esta circular. Ponse en coñecemento que tamén as familias terán a posibilidade de o cuestionario vía online o en papel. Tedes a información aquí. Máis adiante achegarase por cada neno o código para a súa realización.

Exposición de carteis vivos de inventos relacionados coa luz e a óptica.

Xa están preparados os carteis adicados a inventos relacionados coa luz e a óptica. Se queredes ver que esconden no seu interior, non tedes máis que pinchar na imaxe.

 

Distribuir contido

Back to top