Aparición en la radio de los alumnos de 1º de primaria.

Hoxe os alumnos e alumnas de 1º A e B de primaria saíron no progarma de radio: Viva la mañana da radio 4G da 88.4. Aquí tedes o fragmento:

Día de Rosalía de Castro.

Hoxe 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro no noso centro. Se queredes ver todo o que fixemos non deixedes de visitar o blogue de normalización a Lareira Dixital.

Proxecto Vigo.

Os alumnos de 5º de E. primaria fixeron un traballo de músicos vigueses, ou da comarca.

 

- 4º de Educación Infantil.

 

 

-  5º de Educación Infantil. 

- 5º Educación Infantil. 

 

- Entroido adicado a Vigo.


Entroido 2016 - Kizoa Movie Maker

Un mundo de sellos.

Entre os días 4 e 8 de abril tivo lugar no noso centro a Exposición: El mundo de los sellos. Durante eses catro días montouse na biblioteca do centro unha aula filatélica onde todos os nenos de primaria disfrutaron dunha sesión de ao menos 50 minutos onde puideron traballar de forma moi amena e divertida sobre o apaisoante mundo da filatelia. Estas sesións foron dirixidas por Juan Carlos, un monitor nacional que fixo as delicias de todos os nenos e nenas coa súa disposición e bo humor. Ademáis, os corredores enchéronse de vitrinas con selos, traxes de carteiros e demáis material interesante relacionados cos selos.

Esta exposición estivo organizada por FESOFI, e contou con patrocinio de correos. Todos os nenos e nenas asistentes puideron recibiron agasallos por participar.

Ademáis, os días 5 e 6 pola tarde puidéronse achegar a exposición xente allea ao centro, xa que se fixeron xornadas de portas abertas e obradoiros para todas as idades.

 

El mundo de los sellos - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Dentro das actividades da exposición, destacamos a realización dun concurso onde se escolleron debuxos e creacións para crear varios selos de curso legal; dous representativos do noso centro e outro sobre a nosa cidade: Vigo. O último día realizouse un acto onde se presentaron eses selos, e os autores foron premiados con agasallos. A dito acto asistiron o Alcalde de Vigo Abel Caballero, a Conselleira de Educación Olga Suárez, así como outras autoridades como o Presidente e vicepresidente da sociedade galega filatélica de correos e o director da sucursal de correos de Balaídos.

Esta exposición foi a primeira vez que visitou un centro educativo da provincia de Pontevedra, e os medios de comunicación como o Atlántico Diario, o Faro de Vigo  ou o Xornal Vigo.org fixéronse eco da noticia.

Podedes ver máis fotos da exposición premendo aquí.

Entroido 2016.

O tema do entroido este ano foi Vigo. O noso centro encheuse de dinosetos, merdeiros, animais do zoo, pescadores, sereos e sereas, celtistas, vigueses da reconquista e franceses... Despois do desfile o meco recibíu o seu castigo ao lume por todo o malo que pasou durante o ano. 

 
Podedes ver as descargar as fotos aquí.

ABERTO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2016/2017

Reserva de praza para os alumnos/a do centro. (O formulario entregarano os/as titores/as)

Prazo: do1 ao 15 de febreiro

 

Alumnos/as 6º curso de Educación Primaria, teñen que presentar o ANEXO I para solicitar a reserva de praza no IES. 

PRAZO: do 1  ao 15 de febreiro

 

Xornada de portas abertas 

 1 de marzo de 16:00 a 18:00

Charla sobre os riscos de internet.

Estas son as datas e lugares de celebración das charlas sobre os riscos de internet:

- Martes 23/02/2016 as 16:00 no CEIP Plurinlingüe Carballal-Cabral.

- Martes 12/04/2016 ás 16:00 no CEIP Altamar.

Os mandatos do Meco.

A unha semana da celebración do entroido apareceu no cole a figura do Meco. Este ano é un castelo.

Como todos os anos, os días previos a celebración do entroido irá mandándonos cousas. O próximo mandato é:

Día da Paz 2016

Hoxe celebramos no noso centro do día da Paz. Como cada ano, lemos un manifesto, soltamos unhas pombas e interpretamos unha canción.  

 

Podedes ver e descargar todas as fotos dende aquí.

Obradoiro de robótica.

Os alumnos de 6º de primaria realizaron un obradoiro de robótica no área de ciencias naturais no que traballaron contidos da célula.

Distribuir contido

Back to top