Libros e reagrupamentos para o curso 2016-2017

Para ver os libros que se empregarán nos distintos niveis o curso 2016 - 2017 pinchar na imaxe.

 

Os reagrupamentos de alumnos e alumnas para o próximo curso son os seguintes:

- 1º de Educación Primaria.

- 3º de Educación Primaria.

- 5º de Educación Primaria.

Excursións de 3º de primaria

Os alumnos e alumnas de 3º disfrutaron de dúas saídas moi interesantes a central de Vitrasa e a granxa de Bergando.

 

REUNIÓN INFORMATIVA COS RESPONSABLES DO ALUMNADO DE 4º NIVEL DE EDUCACIÓN INFANTIL ( 3 ANOS )

 

AVISO ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO MATRICULADO EN 4º NIVEL DE EDUCACIÓN INFANTIL

DO NOVO CURSO 2019/2020

 

HABERÁ UNHA REUNIÓN INFORMATIVA COAS TITORAS DO ALUMNADO O 26 DE XUÑO ÁS 10:00 HORAS

AS FAMILIAS QUE NON POIDAN ACUDIR POR CALQUERA MOTIVO PODEN PASAR POLA SECRETARÍA DO CENTRO PARA RECOLLER A INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADAPTACIÓN E RESOLVER CALQUERA DÚBIDA QUE TEÑAN

Balaídos contra o cancro infantil!

in

O día 3 de Xullo realizarase no noso centro unha xornada contra o cancro infantil coa colaboración dun montón de marcas e establecementos onde haberá exhibicións deportivas, xogos, regalos e moitas sorpresas!!

Festa fin de curso!!

Hoxe celebramos a festa de fin de curso! Os alumnos e alumans de infantil disfrutaron dun concerto, unha gran merendola (coas tartas dos que celebran os aniversarios no verán) e uns divertidos xogos de auga!

 
Podedes descargar as fotos aquí.
Mentres tanto os alumnos de primaria disfrutaron de varios obradoiros ou xogos onde puideron facer pulseiras de abaloiros, brochetas de froita, xogos de auga, sogatira... e logo realizaron festas en cada aula.
 
 
Podedes descargar as fotos premendo aquí.

Lipdub fin de curso!!

Hoxe os alumnos e alumnas xunto coas mestras e os mestres realizaron un lipdub para celebrar que se achega o fin de curso. Aquí tedes o fantástico resultado.

 

Excursión fin de curso 5º de primaria.

Os alumnos de 5º de primaria realizaron unha excursión ao museo da batalla de Rande e a illa de San Simón. Aprenderon moito e pasaron un gran día.

 

Podedes descargar as fotos aquí.

AXUDAS MUNICIPAIS ESCOLARES

in

Convocadas as axudas municipais  para comedor, libros e material escolar do Concello de Vigo

 

Para descargar o impreso de solicitude clicar aquí

Excursión a Kiriko

Os alumnos e alumnas de 4 anos fixeron a súa excursión de fin de curso a granxa O Kiriko en Fornelos de Montes.
 
 
Podedes ver más fotos entrando nos blogues de 4 anos A e 4 anos B.

Experimentamos con microspios!

O equipo de laboratorio preparou unha serie de experiencias  no laboratorio con microscopios. Durante o mes de xuño os alumnos e alumnas poderán examinar grans de polen, antenas de insectos, patas de moscas, placton... con distintos microscopios e distintas lentes de aumento.

Distribuir contido

Back to top