SEMANA DE INICIACIÓN AO BEISBOL

Esta semana vivenciaremos o BEISBOL na nosa escola, durante as sesions de EDUCACIÓN FÍSICA.

Fernando, un dos xogadores e monitor do equipo TRASNOS de Vigo, mostrará aos nenos e nenas de 3º-4º-5º-6º os fundamentos deste deporte. Esta visita fíxose coincidir coa programación trimestral da asignatura na cal traballamos este deporte.

Fernando Rodríguez é adestrador nacional de béisbol desde 2007 e experto adestrador de categorías base.

Foi manager e coach dos equipos base do Beisbol Barcelona (antiga sección de béisbol do FC Barcelona) en varias categorías: alevín (coach), infantil (coach), cadete (2008 e 2010 manager) e xuvenil (2007 coach e 2009 manager). Ademais de ser coach da Selección Catalana Cadete, Campións de España en 2008, e ben coach da Selección Nacional Absoluta.

O alumnado iníciase no beisbol dende primeiro de primaria co lanzamento da BILLARDA, xogo tradicional que mellora as habilidades de golpeo. Ao abeiro do proxecto da área de EF que vencella dende hai máis de dez anos, o xogo tradicional e o predeporte.

Aquí tendes unha montaxe do vivido nesta primeira xornada.

 

O DÍA DA PAZ 2017

Coma tódolos anos celebraremos o día da paz a finais de xaneiro, este ano a canción que cantaremos e faremos en lingua de signos todos será: APERTAS QUE VOAN.

Canto por aulas e festa de Nadal!

in

Hoxe foi o último día antes das vacacións de Nadal. Como cada ano fixemos o tradicional Canto por aulas, ademáis das merendolas nas aulas e, como novidade este ano, un torneo de Hockey adaptado.

Dende o cole queremos desexarvos unhas moi felices festas!!

Eu teño un agasallo...

in

Este ano pedimos aos nenos e nenas de infantil e primaria que pensaran que merece un agasallo. Quen fai do mundo un lugar mellor? Quen é bo conmigo? Quen se merece unha recompensa pola súa boa bontade? Aquí tedes unha mostra do que pensan os nosos alumnos e alumnas? Pasade o ratón por encima das árbores para ver as mensaxes.

FestiNadal 2016!!

in

Outro ano máis celebramos o FestiNadal, unha festa chea de panxoliñas, bailes, obras de teatro, cancións... onde os nenos e nenas demostraron toda o seu arte e creatividade! Aquí tedes as actuacións que podemos poñer na web.

3 ANOS A      3 ANOS B
4 ANOS A      4 ANOS B
5 ANOS A      5 ANOS B
1º B EP
2ºA EP     2ºB EP
2ºA EP     2ºB EP (INGLÉS)
3º B EP
4ºB EP     4ºB (INGLÉS)
6º A
6º A E B (INGLÉS)

O EQUIPO DE BALONCESTO FEMININO "CELTA-ZORKA" VISÍTANOS!

O Celta-Zorka Baloncesto Feminino compartiu co alumnado de 2º de Primaria unha sesión de clase. Tras a presentación das xogadoras, fixemos actividades de bote e lanzamento a canastra. Xogamos un parrtido contra elas e.... GAÑÁMOSLLES!

Para rematar a actividade, sortearon agasallos e déronnos entradas para o partido deste sábado. E sacamos fotos con elas. Podedes velas neste enlace: IMAXES VISITA EQUIPO BALONCESTO

A súa visita foi un bonito agasallo de Nadal. Grazas por vir!!

Fixemos este video (ten unha errata: é o equipo Celta-Zorka, non forka!).

O ALUMNADO DE SEXTO GOZA DO RUGBY

Aquí vos deixamos as IMAXES DO ALUMNADO DE SEXTO INICIÁNDOSE AO RUGBY da man de DIEGO DOLAN, monitor da Federación Galega de Rugby. Os nenos e nenas vivenciaron nocións de regulamento básico (pases de balón, placaxes, capacidade de reacción, e un partidiño...)

O carteiro de Correos visita Infantil!

Onte Gonzalo, o carteiro xefe da oficina de correos de Balaídos visitou o edificio de infantil para recoller as postais que mandamos por correo como cada ano. Trouxo un caixón de correos moi bonito cos tres Reis Magos debuxados. Esperamos que as familias lles gusten as postais que fixemos!!

Podedes ver as fotos de cada clase nos distintos blogues de aula.

Obradoiro de primeros auxilios.

Os alumnos/as do 5º de E. primaria realizaron onte un obradoiro de primeiros auxilios onde recibiron nocións básicas de como actúar frente a unha situación de atragantamento ou dunha parada cardíaca. Todos/as estiveron moi atentos e foron conscientes da importancia de saber actuar nunha situación así.

Xa chega o Nadal!

in

Xa non queda nada para que chegue o Nadal! No noso centro xa se empezan a escoitar panxoliñas e cada día está máis e máis decorado. As portas das aulas tranformáronse en árbores, agasallos, monecos de neve... Os corredores están decorados con imaxes de personaxes  propias desta festa de distintas partes do mundo, así como unha chea de receitas para facer deliciosas sobremesas.

Ao longo dos días intercambiaremos postais, cantaremos polas aulas e faremos o festival.

 

Distribuir contido

Back to top