Benvidos e benvidas ao curso 21-22!!

Dende o noso centro queremos dar a benvida a todos os membros da comunidade escolar neste primeiro día do curso 2021-2022. Voltamos con moita ilusión, recuperando actividades e abrindo novos espazos. Todo sempre seguindo as medidas marcadas nos diferentes protocolos froito da situación sanitaria que seguimos a vivir. 

Por agora, seguiremos facendo entradas e saídas escalonadas, así como reunións e titorias telemáticas.

Para máis información non deixedes de ver este vídeo feito por Laura, a directora do noso centro, onde amplía máis información sobre este tema.

Acto de inauguración da obra de cubrición do patio.

Hoxe foi un día histórico para o noso centro xa que comenzaron as obras de cubrición do noso patio. Abel Caballero, alcalde  Concello de Vigo e Carmela Silva, representante da Deputación de Pontevedra, presidiron o acto de inicio das obras xunto co noso novo Equipo Directivo.

Neste acto enterrouse una cápsula do tempo no que se meteu as portadas dos xornais de hoxe, a acta firmada do acto, o deseño do proxecto e máis obxectos significativos.

Esperamos con impaciencia ver as obras terminadas!!

Fin de curso 2020-2021

Este curso non foi como os demáis, e aínda que non puidemos facer moita cousa, intentamos despedilo como se merece, con actuacións musicais e obras de teatro para intentar animalo un poco!! Temos:

- 3 anos A. Superheroes da pandemia.

- 3 anos B. O Rock Molón

- 4 anos A. Quero ser astronauta.

- 4 anos B. A quen lle importa

- 5 anos A. Imos a primaria

- 5 anos B. Imos a primaria

- 2ºA de E.P. Todos a Reciclar.

- Obra de teatro de 3ºA de E.P.

- Obra de teatro de 3ºB de E.P.

- Interpretación de pezas clásicas por alumnas de 6º:

      + Claudia, Lucía,e Ariadna o coro de Judas Macabeo.

      + Lucía. Concerto en Si menor O Rieding po 35.

      + Ariadna. Rule Britania de Thomas Arne.

      + Claudia. Hunter´s Chorus  C.M. Weber.

     + Claudia e Lucía. Somewhere over the rainbow.

 

Ademáis destas fantásticas actuacións, tamén fixemos xogos ao aire libre, sempre respetando os grupos estables de convivencia, que foron moi divertidos.

 

Xubilación de Rogelio.

Este curso 2020 - 2021 foi un curso diferente, pero o que ven será aínda máis xa que non estará Rogelio na porta cada mañana. Despois de moitos anos de traballo no noso centro tócalle o turno de descansar e xubilarse. Botaremos moitísimo en falta o seu sorriso, as súas bromas, os seus espectaculares disfraces e todo o que facía para que o noso colexio funcionase sempre de maravilla.

Nestes vídeos podemos ver unha mostra do que significa Rogelio para o cole Balaídos:

 

A comunidade educativa no ten palabras para  poder expresar todo o que agradecemos a Rogelio a súa labor durante todos estes anos e botarémoste moitísimo de menos.

Rogelio tamén quiso agradecer todo o agarimo recibido e escribíu esta fermosa carta:

Grazas Rogelio!!

Xubilacións de Malena e Mar

Este curso despedimos a dúas mestras que levan moitos anos no noso centro, a profe Mar e a profe Malena. Moitos foron os nenos e nenas que tiveron a sorte de telas coma titoras. Botarémolas moito de menos!!!

 

 

 

EMOCIOMARTES: OCA, PASAPALABRA E RULETAS EMOCIONAIS

Para rematar o curso traballamos a alfabetización emocional co alumnado de primaria a través das RULETAS e o PASAPALABRA emocional.Pouco a pouco van adquirindo un vocabulario para as experiencias e emocións que sinten. Canto maior sexa este vocabulario, canto mellor poidan nomear o que sinten, poderán tamén ir aprendendo a xestionalas.

 

O alumnado de infantil fixo un repaso dos contidos traballados nos EMOCIOMARTES coa OCA EMOCIONAL.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2021-2022

 

NO ARQUIVO ADXUNTO ACHEGÁMOSLLES O CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO ACADÉMICO 2021-2022

 

AS CLASES COMEZARÁN O 9 DE SETEMBRO E REMATARÁN O 22 DE XUÑO, AMBOS INCLUSIVE

Vacacións escolares

Os períodos de vacacións escolares serán os seguintes:

– Nadal: desde o día 22 de decembro de 2021 ata o día 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.

– Entroido: os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2022.

– Semana Santa: desde o día 11 ata o día 18 de abril de 2022, ambos inclusive.

 

Días non lectivos

- Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da devandita consellería.

- Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos o 11 de outubro de 2021.

- A maiores haberá un día de libre elección do centro que está pendente de autorización pola Consellería de Educación.

AXUDAS MUNICIPAIS ESCOLARES CURSO 2021-2022

in

  

AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

CURSO 2021-2022

 

 

 A partires do vindeiro xoves 10 de xuño e ata o 7 de xullo ábrese o prazo de presentación de solicitudes para as axudas municipais escolares para o curso 2021-2022.

As solicitudes presentaranse a través da carpeta cidadá do concello de Vigo ou presencialmente mediante cita previa (poderase pedir a partires do 7 de xuño).

 As axudas de libros e material escolar (para o alumnado de infantil) pasan a 100€/ alumno.

Nos arquivos adxuntos podedes consultar as bases da convocatoria e/ou descargar o ANEXO I-SOLICITUDE, o ANEXO III-XUSTIFICANTE HIPOTECA_2021_2022 e/ou o ANEXO II-CONTRATO ALUGUER VERBALames_2021_2022

IES ALEXANDRE BÓVEDA: XORNADA DE ACOLLIDA ALUMNADO DOS CENTROS ADSCRITOS

Este curso 2020-21, coma todos e todas sabedes, desenvolveuse sumido nunha situación moi complexa como é o COVID-19. Todas as actuacións docentes en todos os centros escolares foron enmarcadas tendo en conta as medidas de seguridade, adoptando as pautas e normas necesarias para minimizar os riscos de contaxio. 

No mes de xuño, o IES realiza a xornada de acollida onde o alumnado de 6º de EP dos centros adscritos visitan o que será o seu futuro centro escolar. Este curso a situación na que estamos inmersos fainos modificar a organización da visita e as actividades a realizar. Así a visita ó IES, ven condicionada polo número de nenos e nenas que participan na mesma, e poder gardar a distancia de seguridade. Polo tanto, acordaron dende o Departamento de Orientación e o Equipo Directivo seguir as seguintes pautas para o alumnado do CEIP Balaídos:

  • A visita será o XOVES 10 de xuño
  • Sairase do centro andando, con 2 mestras/es por cada grupo
  • O alumnado de 6ºA acudirá na 1ª sesión, en horario de 9:20 a 11:25h
  • O alumnado de 6ºB acudirá na 2ª sesión, en horario de 11:30 a 13:35h
  • A organización da xornada será a que segue:

 

HORA

PERSOAS RESPONSABLES

ACTO

1ª sesión

2ª sesión

09’20-09’25

11’30-11’35

Dirección e Xefe Departamento Orientación

Recepción na entrada e paso ó salón de actos

09’25-9’45

11’35-11’55

Dirección, Orientación, PTs

Recibimento e Video.MOON CRESTA - New year song [official music video] - YouTube (4 minus).

Explicación de normas xerais e das materias de 1º ESO. Entrega de dípticos. Preguntas por parte do alumnado.

9’45-9’55

11’55-12’05

Alumnado de 1º  da ESO

Explicación de alumnado de 1º ESO que representen a cada centro visitante. Preguntas

9’55-10’05

12’05-12’15

Alumnado da ESO e Bacharelato

Actuación musical

10’05-10’10

12’15-12’20

PTs

Explicación da visita

10’10-11’00

 

12’20-13’10

 

 

PTs

Visita : Acompañaran ó grupo Pilar e Lourdes: Biblioteca, Aula informática, Aulario, Patio e Cafetería

11’05-11’20

13’15-13’30

XDO e PTs

Voltaran ó salón de actos. Entrega dunha chapa como recordo do IES e dunha bolsa con froita e unha chocolatina.

11,25

13,35

Directora, XDO

Despedida

REVISTA BREOGÁN 2021

in
Xa está aquí a revista Breogán!
 
Pinchade na foto para poder vela:




Distribuir contido

Back to top