Skip to Content

11F. DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 11 de febreiro foi o día da muller e da nena na ciencia.

Para conmemorar esta data, organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, tivemos varias visitas no centro de científicas da zona, todas grazas a  iniciativa do 11 de febreiro. 

 Estivo con nós Sara Varela, paleontóloga da Universidade de Vigo,  do departamento de Ecoloxía e bioloxía animal, e Clara Almecija, oceanógrafa e xeóloga da Unidade de Tecnoloxías Mariñas do CETMAR de Vigo.  

Con Sara, o alumnado de 5 anos aprendeu sobre fósiles. Puideron tocalos, manipulalos e incluso pintalos (eran mostras de xeso). 

Con Clara, o alumnado de primaria aprendeu sobre a vida nos fondos mariños, a importancia dos ruidos tanto naturais coma producidos polos humanos, e o noso papel para coidalo e preservalo. O seu centro de traballo ten unha boia de monotorización na Guarda! 

As dúas expuxeron o seu traballo facéndonos dalgunha maneira partícipes. Por un lado, aprendemos sobre traballos, neste caso desenvoltos por mulleres que non son tan visibles no noso día a día. E por outro, a importancia que ten a ciencia para seguir progresando na vida. 

Agardamos que estas actividades sirvan de inspiración para todo o noso alumnado, en especial as nenas conscientes de que poden facer o que queiran pois teñen capacidade de sobra!!!

CHARLAS NA AULA:EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

Un curso máis, a asociación ÉRGUETE BAIXO MIÑO (https://www.erguete.org/) achega ó noso Centro, dentro dos seus programas educativos, unhas charlas /coloquios encamiñadas a adquirir coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas que fomentan o mantemento dunha vida máis saudable. Este curso os destinatarios é o alumnado de 5º e 6º de primaria desenvolvendo estes temas:

Son impartidas por M.Jesús Rodriguez a quen, coma sempre, agradecemos a súa implicación e o seu bo facer cas nosas nenas e nenos.

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

O próximo día 1 de marzo comeza o prazo de admisión para o curso 2024-2025.

Aquí tedes toda a información necesaria.

Podedes chamar ó teléfono 886110081 para resolver as vosas dúbidas.

POSTOS VACANTES PARA O CURSO 24-25

Relación de postos escolares vacantes para o curso 2024-2025.

 

IMAXES DE CENTRO

Imaxes do centro

Álbum: AS NOSAS INSTALACIÓNS -> O NOSO CENTRO

Prazas vacantes 2024-2025

CHARLA:PROTECCIÓN DA NATUREZA

Enmarcada no Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros educativos e o seu entorno e impartida pola Garda Civil, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu hoxe a derradeira charla por este curso dentro deste plan.

Esta vez, faláronlles do Seprona, o Servizo de Protección da Natureza ,unha unidade da Garda Civil,encargada da conservación da natureza e os recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal. Para rematar, visionaron varios vídeos dos traballos que realizan estes profesionais.

 

BATUCADA

Hoxe foi o día...o alumnado de 5º e 6º fixo esta actividade que quedara adiada o último día do Entroido porque o tempo non acompañou.

Dirixindo maxistralmente esta actividade estivo ANTONIO OCAMPO CARRACELAS  do grupo de percusión ODAIKO (https://www.youtube.com/user/odaikopercusiongroup/videos) e a profe VIRGINIA ós que achegamos un agradecemento especial.

O alumnado saiu do Centro cara a praza do As de Copas enchendo de ritmo e son a Vila e sorprendendo gratamente ás persoas que ían polas rúas.

Así transcorreu a actividade:

ENTROIDO 2024. VENRES. CEIP A SANGRIÑA

Remate final deste atípico entroido. O tempo non acompañou e houbo que anular a festa programada para hoxe.

A pesares disto as nosas nenas e nenos viñeron coa súa mellor actitude e co seu disfrace favorito. Nas aulas compartiron merenda, xogos e cine. 

Aquí deixamos as imaxes: 

ENTROIDO 2024.XOVES. CEIP A SANGRIÑA

Aínda que o tempo non axudou, o noso alumnado non o notou...chegaron ó cole : carapuchiñas,ananos,magos,mortadelo, spiderman,moscas e moitos máis personaxes de contos moi ben caracterizados. 

A mal tempo,...disfraces fermosos e ben orixinais!!!

Aquí quedan:

Mañá como o tempo non vai acompañar, tivemos que anular algunhas actividades pero a festa está garantizada!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut