Skip to Content

11F. DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Versión para imprimir

O 11 de febreiro foi o día da muller e da nena na ciencia.

Para conmemorar esta data, organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, tivemos varias visitas no centro de científicas da zona, todas grazas a  iniciativa do 11 de febreiro. 

 Estivo con nós Sara Varela, paleontóloga da Universidade de Vigo,  do departamento de Ecoloxía e bioloxía animal, e Clara Almecija, oceanógrafa e xeóloga da Unidade de Tecnoloxías Mariñas do CETMAR de Vigo.  

Con Sara, o alumnado de 5 anos aprendeu sobre fósiles. Puideron tocalos, manipulalos e incluso pintalos (eran mostras de xeso). 

Con Clara, o alumnado de primaria aprendeu sobre a vida nos fondos mariños, a importancia dos ruidos tanto naturais coma producidos polos humanos, e o noso papel para coidalo e preservalo. O seu centro de traballo ten unha boia de monotorización na Guarda! 

As dúas expuxeron o seu traballo facéndonos dalgunha maneira partícipes. Por un lado, aprendemos sobre traballos, neste caso desenvoltos por mulleres que non son tan visibles no noso día a día. E por outro, a importancia que ten a ciencia para seguir progresando na vida. 

Agardamos que estas actividades sirvan de inspiración para todo o noso alumnado, en especial as nenas conscientes de que poden facer o que queiran pois teñen capacidade de sobra!!!



page | by Dr. Radut