Skip to Content

CONSELLO ESCOLAR

CONSELLO ESCOLAR 2022-2023

Despois do proceso de renovación levado a cabo segundo a lexislación vixente, a composición do Consello Escolar deste Centro, queda como segue:

CONSELLO DE DIRECCIÓN

 

 

REPRESENTANTES PROFESORADO

 

 

REPRESENTANTES FAMILIAS

 

 

REPRESENTANTE 

ADMINISTRACIÓN

 

 

REPRESENTANTE CONCELLO

Isabel Lomba Alonso (Directora)

 Linda Rodriguez Santoke (Xefa estudos)

 Lucía Otero Gil (Secretaria)

 

   

María Español Berridy

 María Estrada Rodriguez

 Lucía Lima Pacheco

 Ana Mª Seves

Rodríguez

 Jose A. Vicente Rodríguez

   

M.Carmen Álvarez Acuña (ANPA)

 Alexia Pérez Lomba

 Paula Orta Isasi

 Fabián González Álvarez

 Paula Souto Quinteiro

     M.Isabel Martínez Vicente     Fátima Rodríguez Marcos

CONSELLO ESCOLAR: VOTACIÓN DAS FAMILIAS

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL do Centro fixo pública  a relación de nomes dos candidatxs no taboleiro do Centro.

A votación será o martes 29 de novembro en horario de 15:30 a 18:00 horas, tempo no que a mesa electoral  estará aberta.

Animamos ás familias a exercer o seu dereito a votar. Participa!!!!

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DESTE CENTRO

De conformidade co que establece a resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,  establécese o calendario para a realización de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

O Consello Escolar é o órgano de participación dos diferentes membros da Comunidade Educativa do Centro.

Este curso imos proceder a renovalo.Vanse convocar, neste Centro Público  de Educación Primaria ,eleccións para a renovación parcial dos representantes dos distintos sectores (responsables do alumnado, profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos) no seu Consello Escolar.

O prazo de presentación de candidaturas empeza o venres 11 de novembro e remata o venres 18 de novembro ás 14:00 h. Animamos ás familias a presentar a súa candidatura. 

VOTACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Mañá día 23 de novembro  entre as 15:30 e as 18:00 realizaráse a votación de pais e nais para a elección dos/as representantes das familias. Poden votar ambos proxenitores de cada alumno/a. Esperámosvos!!!

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Bos días familias, 

Informamos que se abre o prazo para a presentación de candidaturas para o Consello Escolar do 9 ao 16 de Novembro nos diversos sectores educativos, mestres, familias e PAS.

Animámosvos a presentarvos!

Distribuir contido


by Dr. Radut