Skip to Content

VOZ NATURA

TRABALLOS DA HORTA ESCOLAR 2024

A nosa hortiña empeza pouco a pouco a porse en marcha...

En outubro baleirouse  o composteiro e abonamos todos os bancais. Agora tocou arrincar malas herbas e  prantar. Nesta ocasión foron: patacas, chícharos, cebolas e leitugas.

Participaron nestes labores hortícolas o alumnado de Infantil de 3 anos e os de 1º, 2º 4º e 5º de primaria. 

Agora algo de rego cando sexa preciso e esperar que medre a nosa colleita desexando que a friaxe dos meses vindeiros non a estrague... 

 

GRACIÑAS POLO ESFORZO A ALUMNADO E PROFESORADO!!!

VISITA GUIADA MONTE ALOIA (TUI)

Que mellor xeito de pechar a celebración do DÍA DO MEDIO AMBIENTE que unha visita a un parque natural!!! Alá fomos ó MONTE ALOIA en Tui para facer  unha fermosa senda ó redor da aula da natureza que tamén visitamos. Observamos in situ especies de arbores e arbustos e os animais que habitaban o lugar. Na aula mostráronos  unha pequena historia do monte e fotografías de plantas e animais.

Agradecemos a complicidade e a paciencia dos guías que nos acompañaron e que se adaptaron estupendamente ás distintas idades do noso alumnado.

Aquí quedan as imaxes: 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Conmemoramos o día do medioambiente no noso Centro lembrando algunas das pequenas accións e xestos que día a día fan do noso cole un centro máis sostible e coidadoso co medio e coa natureza.

Son moitas pequenas cousas que, xuntas, fan un cole máis sostible: xa case non usamos botellas plásticas, cada vez traemos menos envoltorios, levamos os restos orgánicos ó noso composteiro, reciclamos en todas as aulas, facemos  andainas para gozar da nosa contorna, limpezas para manter limpo os espazos que nos rodean…

Por todo isto queremos agradecer a cada unha das nosas nenas e nenos a súa colaboración no programa RECREO RESIDUOS 0 e en VOZ NATURA  coa entrega dunha botelliña que poderán utilizar moitaaaaaas veces. Tamén hai un agasallo especial para aqueles nenos e nenas que menos residuos trouxeran ao centro ao longo do curso.

                                                             GRACIÑAS!!!!

PLANTACIÓN NA HORTA DA SANGRIÑA

Chegou o tempo de plantar na nosa hortiña.

Ata ela nenas e nenos de 4 anos, primeiro, segundos e 4ºA ...levaron diversas variedades de leitugas e amorodos.

Plantaron, abonaron, regaron e...esperar pola colleita!!!

BO TRABALLO!!!

ACTIVIDADES VOZ NATURA CURSO 2022/2023. O NOSO COMPOSTEIRO

Recollemos no vídeo como facemos o compost no Centro, a diario o noso alumnado recolle os restos da súa merenda e lévaos ó composteiro que temos ó lado da horta. Son eles mesmos os encargadxs de botarlle os produtos necesarios para que estea en perfecto uso. Tamén o alumnado que vai ó comedor fai esta función a diario.

E...para que se usa? Pois abonamos con el as árbores plantadas e as que acabamos de plantar.

Aquí tedes a explicación en imaxes:

  

Agradecemento especial ó profe Gil que se achegou ó Centro para a plantación.

INICIAMOS OS TRABALLOS NA HORTA

Chegou o momento de preparar a nosa hortiña!!! Neste momento participa neste proxecto o alumnado de 1º,2º,3º e 4º de primaria.

O curso pasado tivemos moi boa colleita, así que...mans á terra!!!

Nunca mellor dito, comezamos por arrincar as malas herbas, traballo no que as nosas nenas e nenas puxeron todaaa a súa forza e ilusión.

Non o credes...ollade, ollade: 

Logo sacharon

Abonaron co compost que producimos no cole:

 

E...a plantar!!! Brócoli, repolo e coliflor.  Sen esquecerse de regar claro!!

IMAXES DO DÍA DO MEDIOAMBIENTE

Todxs preparadiñxs!!! roupa cómoda, bolsiñas, luvas...e comezaron a caer unhas pinguiñas!!! 

Ohhh que decepción, nada so foron catro gotas que pronto despexaron e non nos impediron desfrutar do paseo, merenda en grupo e á volta, recoller cantos residuos fomos atopando pensando que con esta pequena acción estamos axudando á nai Terra.

Xa de volta no cole, fixemos reconto do recollido.

Aqui deixamos as imaxes. 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 

 

O 5 de xuño,  foi o Día Mundial do Medio Ambiente. Con este día cada ano preténdese sensibilizar á sociedade en todos os temas relacionados co medio ambiente, o coidado da biodiversidade e a súa protección. 

 As familias así como os educadores xogan un importante papel na educación ambiental. Debemos ensinar ós nenos e nenas a importancia de coidar o medio ambiente, pero tamén o respecto polo resto de seres vivos, a reciclaxe e a reutilización de materiais e a redución da contaminación. 

É un día para reflexionar e para que  teñamos conciencia sobre o impacto que temos sobre o planeta e que actuemos en consecuencia con pequenos compromisos e accións que axuden á súa conservación.

Pois ben...aínda que atrasado o alumnado do CEIP A SANGRIÑA quere poñer o seu gran de area pola defensa do planeta.Así que este luns a partires das 10.15 da mañá faremos saídas por diferentes espazos naturais da Vila...montiño, esteiro de Miño e tramo do Camiño de Santiago para facer unha limpeza de residuos que vaiamos atopando.

Precisamos roupa e calzado cómodo, unha mochiliña con auga( botella reutilizable) e merenda con residuos 0. Podemos levar tamén unha pequena bolsiña plástica para a recollida e opcionalmente luvas.

Porque TERRA non temos máis que unha...axudemos a coidala!!!

PLANTACIÓN DA HORTA DA SANGRIÑA

Coa axuda dos Contrato Programa EDUSOSTENIBILIDADE e VOZ NATURA renovamos a nosa horta: uns robustos bancais de madeira, terra e...  un moi bo abono que fomos obtendo no noso composteiro.

Coa nova estación, a primavera, chegou o momento da plantación!!!

Cargados coas plantiñas, a regadeira cheiña de auga e toda a ilusión do mundo, o noso alumnado púxose mans á obra!!!

Plantamos de todo un pouquiño, tendo en conta claro, o espazo do que dispomos.

As nenas e nenos máis pequech@s, plantaron leitugas, cenorias, cebolas e porros. Os máis maiores pementos de Padrón, brócoli,cabaciñas e máis cenorias.

Agora a esperar que medren, regándoas e coidándoas. 

  

BO TRABALLO!!!!

REVITALIZA: APÚNTATE Á COMPOSTAXE

O Centro participou por 2º ano neste programa, organizado dende VOZ NATURA que quere concienciar ó alumnado sobre a problemática dos residuos, para acadar un cambio de actitudes na separación de residuos orgánicos domésticos informando sobre a importancia da compostaxe.

A maioría do alumnado do Centro participou nalgunha das actividades:

1) O ALUMNADO DE INFANTIL E 1º CICLO: a través de contos e xogos...

                                 

2) O RESTO DO ALUMNADO: a través de charlas, adaptadas á súa idade e coloquios e visitas ó composteiro do Centro para os máis maiores.

Achegáronse ó tema do lixo doméstico, identificaron os invertebrados presentes no composteiro, coñeceron os intrusos que fan dano nun composteiro, como os microplásticos e viron o estado do horto escolar e do composteiro:

Aquí deixamos un resumo das imaxes para comprobar todo o que aprenderon e o interesad@s que estiveron:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut