BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
O 5 de xuño, foi o Día Mundial do Medio Ambiente. Con este día cada ano preténdese sensibilizar á sociedade en todos os temas relacionados co medio ambiente, o coidado da biodiversidade e a súa protección.
As familias así como os educadores xogan un importante papel na educación ambiental. Debemos ensinar ós nenos e nenas a importancia de coidar o medio ambiente, pero tamén o respecto polo resto de seres vivos, a reciclaxe e a reutilización de materiais e a redución da contaminación.
É un día para reflexionar e para que teñamos conciencia sobre o impacto que temos sobre o planeta e que actuemos en consecuencia con pequenos compromisos e accións que axuden á súa conservación.
Pois ben...aínda que atrasado o alumnado do CEIP A SANGRIÑA quere poñer o seu gran de area pola defensa do planeta.Así que este luns a partires das 10.15 da mañá faremos saídas por diferentes espazos naturais da Vila...montiño, esteiro de Miño e tramo do Camiño de Santiago para facer unha limpeza de residuos que vaiamos atopando.
Precisamos roupa e calzado cómodo, unha mochiliña con auga( botella reutilizable) e merenda con residuos 0. Podemos levar tamén unha pequena bolsiña plástica para a recollida e opcionalmente luvas.
Porque TERRA non temos máis que unha...axudemos a coidala!!!