Skip to Content

EXCURSIÓN FIN DE ETAPA. 6º PRIMARIA.MANZANEDA .XUÑO 2024

O alumnado de 6º de E.Primaria remata a súa etapa. Parece que foi onte cando a maior parte deles chegaban ó Centro con 3 aniños...Pois xa remataron 6º!!! Para despedilos, organizouse unha excursión na estación invernal de Manzaneda (Ourense).

Foron tres días moi intensos e cargados de actividades variadas: tiro con arco, rocódromo, parque multiaventuras, piscina, velada e...discoteca!!!

Todo moi ben organizado para que puidesen desfrutar.

Agradecemento especial á Tania e Jorge, profes acompañantes. E felicitacións a todo o alumnado por un comportamento impecable.

Aquí queda unha pequena reseña de imaxes:

SAÍDA FIN CURSO. E.PRIMARIA. HUMOR AMARILLO.13-6-2024

O alumnado de E. Primaria, de 1º a 5º desfrutou dunha xornada de xogos no parque de HUMOR AMARILLO en Vigo.

Ó chegar cada grupo tiña un monitor ou monitora asignado. Guiounos polas diferentes actividades, que tiñan un tempo establecido, había percorrido pola tela de araña, salto na cama elástica esquivando uns rolos que  xiraban, tirar da corda, carreira de dragóns, loita sobre o tronco, inchables, loitadores de sumo, fútbol con balons gigantes...

Para repoñer forzas despois de tanto movemento, comeron alí e regresaron ó Centro cansados/as  pero felices pola experiencia vivida.

Unha magnífica xornada da que deixamos aquí algunhas imaxes:

 

CAMPING SANTA TREGA.SAÍDA FIN DE CURSO. E.INFANTIL.12 XUÑO 2023

O alumnado de E.Infantil pecha o curso cunha saída ó camping de Santa Tecla (https://www.campingsantatecla.es/). 

Acompañados das súas mestras e mestres, coñeceron as instalacións do camping e desfrutaron delas. Alí os agardaban inchables, unha cama elástica, xogos diversos e para finalizar unha rica merenda para repoñer as forzas de camiñata e xogos.

Unha xornada estupenda por cortesía da familia de DANI de 3 anos,  xestores do lugar, á que damos as grazas.

Deixamos un resumo do que fixeron: 

OBRADOIRO:QUE LLE PIDES Ó CONCELLO PARA A VILA?

Organizado polo Concello da Guarda para todo o alumnado de 2º de primaria da Vila, este obradoiro dividiuse en dúas partes:

Primeiro un debate en clase respondiendo á pregunta: que lle pediriades ó Concello para a vosa vila? Reflexionando sobre aspectos educativos, sociais, medioambientais ou de infraestructuras.

Posteriormente e xa  nas dependencias do Concello,  fixeron un obradoiro no que converteron as  ideas que foran saíndo nas aulas nun modelo creativo en 3 dimensions empregando estructuras de ensamblaxe de papel.

Tiveron a visita do alcalde e os concelleiros e o alumnado transladoulles as súas peticions: arraxar a alameda e porlle unha tirolina, pistas deportivas, un carril bici ata Camposancos, pistas deportivas e ata un zoo e un parque de atracciones… Por pedir que non sexa!!!

Escolleron 5 propostas, 5 equipos e mans a obra!!!Sobre papel continuo, nun mapa da Guarda foron buscando e explicando os emprazamentos para as súas propostas.

 

INTERESANTE EXPERIENCIA!!! GRACIÑAS!!

A XANELA DO MAXÍN. SUPER COROZA

Organizado pola EEI DA GÁNDARA boa parte do alumnado de E.Infantil e E.Primaria asistiu a unha representación teatral a cargo da compañía de teatro visual e de títeres A XANELA DO MAXÍN.

SUPER COROZA...un superheroe "made in Galicia" que amosa a través de contos, adiviñas e cancións os costumes tradicionais do campo galego.

Graciñas por convidarnos!!!

Deixamos un breve resumo do que aconteceu: 

5 XUÑO. DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hai corenta anos que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas fixou o 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente, para fomentar a sensibilización sobre o coidado da natureza.

 A data conmemórase con múltiples actividades arredor do planeta. Dende o Ceip A Sangriña tamén quixemos sumarnos a esta data e así dende EDUSOSTENIBILIDADE organizaron unhas andainas centradas no noso monte Santa Trega.

Así, o alumnado de E.Infantil fixo unha pequena andaina ata o Montiño. No 1º ciclo camiñaron ata a zona de Chans. No 2º ciclo achegáronse ó Castro de Mergelina e de Santa Trega onde gozaron dunha visita guiada. O alumnado máis maior, do 3º ciclo, accedeu ó museo de Santa Trega e a Capela nunha estupenda visita guiada. 

Fermosas imaxes que ensinamos aquí: 

CONCERTO ANUAL CONSERVATORIO DA GUARDA

Como ven sendo habitual o Conservatorio da Guarda...

https://www.edu.xunta.gal/centros/cmuselementalaguarda/

...ofreceu ó alumnado de primaria un concerto co obxectivo de presentarlles os instrumentos que se estudan no Centro e o profesorado que os imparte.

Foron presentándonos: guitarra, violín, piano, gaita, vento/madeira, vento/ metal. A maioría das nenas e nenos que tocaron foi alumnado do noso Centro que estuda no Conservatorio.

Remataron o acto cunha pequena actuación dos instrumentos de vento. 

O noso alumnado desfrutou moitooo das actuacións. cantando e dando palmas en moitas das actuacións.

Aquí o veredes: 

GRACIÑAS POR ESTA EXPERIENCIA!!!

NOVIDADE NO CENTRO: PEPIÑO NAS ONDAS!!!

Acaba de nacer...sorpresa, sorpresa!!!A radio chega ó noso Centro!!!

Pechamos o mes de maio co primeiro programa de...

"Pepiño nas Ondas"

Durante este mes de maio moito do noso alumnado tivo o primeiro contacto coa Radio do Cole, foron pasando por alí para gravar .

Como non, este primeiro programa está adicado a Luísa Villalta, a homenaxeada no día das Letras Galegas. É o primeiro dos moitos que imos facer.Agardamos que sexa do voso agrado!!!

Aquí deixamos o enlace para que nos escoitedes:

 

XORNADA DE CICLISMO

Nova actividade organizada polo mestre de E.Física, Jorge, dentro do programa escolar Xogade.

Nesta ocasión foi o alumnado de 4º de primaria os que gozaron no patio dunha sesión de ciclismo.

Aquí deixamos un resumo de como transcurriu a xornada.

Graciñas por organizalo profe Jorge!!!

HOMENAXE A LUISA VILLALTA. CEIP A SANGRIÑA. LETRAS GALEGAS 2024

Deixámosvos unha pequena mostra da saída desta semana que fixemos para difundir a poesía e vida da escritora Luísa Villalta, a homenaxeada este ano nas Letras Galegas.

Agradecer especialmente a todas aquelas familias que puidestes achegarvos a arroupar ao noso alumnado nesta actividade.

Agardamos que vos gustase e que sigades compartindo momentos coma estes con nós.

Distribuir contido


by Dr. Radut