Organizado polo Departamento de Orientación, como cada ano o alumnado de 6º tivo unha xornada de convivencia e foi a coñecer o centro de educación secundaria ó que acudirán o curso que vén, o IES A Sangriña.
Recibiunos a Orientadora Ánxeles Martinez , a vicedirectora e a profesora de P.T no salón de actos:
Alí, alumnado de 2º da ESO contoulles a súa experiencia no cambio de etapa .
A orientadora Ángeles Martínez, explicoulles como ía ser 1º da ESO e respostou a cantas dúbidas xurdiron.
De seguido, deron un paseo polo centro e coñeceron varias aulas e profesorado : os laboratorios e a biblioteca.
Por último, foron coñecer os patios e compartiron uns minutos con alumnado co que estudiarán o próximo curso.
Remataron a xornada cun agasallo para ir afacéndose ó que será o seu Centro o vindeiro curso:
Desexamos que lles vaia moi ben!