Skip to Content

XORNADA DE CICLISMO

Nova actividade organizada polo mestre de E.Física, Jorge, dentro do programa escolar Xogade.

Nesta ocasión foi o alumnado de 4º de primaria os que gozaron no patio dunha sesión de ciclismo.

Aquí deixamos un resumo de como transcurriu a xornada.

Graciñas por organizalo profe Jorge!!!

HOMENAXE A LUISA VILLALTA. CEIP A SANGRIÑA. LETRAS GALEGAS 2024

Deixámosvos unha pequena mostra da saída desta semana que fixemos para difundir a poesía e vida da escritora Luísa Villalta, a homenaxeada este ano nas Letras Galegas.

Agradecer especialmente a todas aquelas familias que puidestes achegarvos a arroupar ao noso alumnado nesta actividade.

Agardamos que vos gustase e que sigades compartindo momentos coma estes con nós.

PERCORRENDO A VILA CON LUISA VILLALTA. LETRAS GALEGAS 2024

Como o tempo non acompañou, tivemos que adiar o noso percorrido pola Vila recitando a Luísa Villata.

Pero como o sol volve brillar, as nosas trobadoras e trobadores recuperan esta actividade conxunta dos Centros públicos da Guarda organizada polos Equipos de dinamización da Lingua Galega.

Estes son os novos horarios.

Acompañádenos e comprobaredes o bo traballo que fixemos!!!

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Dende hoxe, e ata o 21 de xuño, está aberto o prazo para a solicitude de fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Xunto co Anexo I e II debedes entregar a seguinte documentación.

Podedes facer a entrega por vía telemática ou presencialmente no noso centro, tendo en conta o horario de Secretaría.

 

CRUEL FILOSOFÍA. LETRAS GALEGAS 2024

Coa poesía de LUÍSA VILLALTA, a homenaxeada das Letras Galegas este ano e a música do grupo folk A BANDA DA LOBA, a nosa profe Virginia de música fixo esta fermosa montaxe co alumnado de 6º curso

Aquí a deixamos para que a desfrutedes: 

Parabéns profe!!!

Para rematar a actividade, achegáronse a Alameda da Guarda acompañando ó alumnado de 4º de E.Infantil e...cantaron en vivo e en directo!!!

Aquí queda a súa actuación. Fixérono xenial. 

Parabéns rapazas e rapaces!!!

FROITA NA ESCOLA

Despois do éxito da introdución de froita nos recreos no inverno, retomamos este programa. O obxectivo é que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro.

Agora con froitas desta tempada: mazás vermellas, plátanos, uvas, amorodos, mandarinas, peras, nectarinas, arandos, frambuesas, nísperos das que desfrutan as nosas nenas e nenos nos recreos.

PERCORRENDO A VILA CON LUISA VILLALTA. LETRAS GALEGAS 2024

Este ano a homenaxeada no día das letras galegas é a escritora, filósofa e violinista, Luísa Villalta.

Para celebrar este día, o alumnado do CEIP Manuel Rodríguez Sinde, CEIP Plurilingüe As Solanas e o CEIP A Sangriña, realizaremos un percorrido polas rúas da Vila para divulgar a súa poesía e biografía, actividade organizada polo  Equipo de dinamización da lingua.

https://delerianominho.blogspot.com/2024/04/luisa-villalta.html

Estes serán os horarios e os lugares da Vila onde nos poderedes atopar. Encantaranos que nos veñades ver:

O alumnado de 6º de E.Infantil fixo esta fermosura de cartel que loce espléndida no Centro.

Parabéns polo traballo a alumnado e o seu profe Jose.

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O NOS FERMOSO IDIOMA GALEGO!!

ESPECTÁCULO "CANTA CONNOSCO" MIGALLAS TEATRO

O alumnado de 1º ciclo, 1º e 2º de primaria acompañado das súas mestras e mestres, asistiu en Vigo, na sala Ártika a un espectáculo de cancións teatralizadas.

Correu a cargo de MIGALLAS TEATRO

Combinando cancións con accións dramáticas, fixeron desfrutar enormemente ás nosas nenas e nenos que, logo dunha paradiña para a merenda de media mañá, regresaron ó Centro.

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2024/2025

Prazo: do 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.

Está dirixido a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:

  • Discapacidade.
  • Trastorno do espectro autista.
  • Altas capacidades.
  • Trastorno grave de conducta ou da comunicación e da linguaxe.
  • Trastorno déficit da atención e hiperactividade.

 

 Toda a información no seguinte documento e enlaces:  

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109

 https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.htm

ADMISIÓN ALUMNADO 6º PRIMARIA NO IES A SANGRIÑA

Todo o alumnado que solicitou plaza para o IES A Sangriña está admitido.

Como novidade este ano no IES A Sangriña inauguran unha nova canle para as prematrículas e as matrículas do alumnado de ESO e Bacharelato. En lugar de encher un formulario en papel, as familias accederán a un formulario web a través da páxina oficial do IES:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesasangrina/.

Inicio

Paseo de Portugal, 21, 36780, A Guarda - Tel. 886 110 060

Este proceso realizarase entre os días 3 e 13 de maio, ambos incluídos. 

Distribuir contido


by Dr. Radut