Skip to Content

IMAXES DO 20 N.DEREITOS DA INFANCIA. CEIP A SANGRIÑA

Os Dereitos da Infancia son universais, indivisibles, interdependentes, e o cumprimento de todos eles é responsabilidade dos gobernos,  e da sociedade en xeral.

Deixamos as imaxes dun día importante para o noso alumnado... Por clases, baixamos a facer unha foto grupal cun cartel e un obxecto referido a cada dereito.

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA. 20N

20 N é un día moi especial para todas as nenas e nenos do mundo.

Ese día no ano 1959 aprobouse a Declaración dos dereitos das nenas e dos nenos por unanimidade por todos os paises da ONU.

É un día que dedicamos a reflexionar sobre os dereitos de nenas e nenos e celebralos, imaxinando novas formas de facelos realidade no mundo e na nosa contorna máis próxima.

 

Equipo de Convivencia do Centro deixa estes enlaces para traballar co alumnado :

PARA ED.INFANTIL: 

PARA 1º e 2º CICLO DE PRIMARIA: 

PARA 3º CICLO DE PRIMARIA: 

Imaxinades que se cumpriran todos eses dereitos para todas as nenas e nenos do mundo???

CHARLA FORMACIÓN EN IGUALDADE. ANPA ATALAIA

A segunda das charlas organizadas pola ANPA ATALAIA https://anpaasangrina.com/ foi o pasado martes 7 de novembro.

O título completo da charla foi:Como lle falo “diso”? Aprendendo a educar ás crianzas en sexualidade .

 Foi impartida por Martina González Veigapsicóloga xeral sanitaria, sexóloga e terapeuta.  Estivo acompañada na introducción da charla por Noelia Moreau, sexóloga e educadora social que fora encargada das charlas que recibiu o alumnado.

 

CHARLAS ENRIQUECEDORAS E BEN INTERESANTES. GRACIÑAS!!!

2ª CHARLA FORMACIÓN EN IGUALDADE, ANPA ATALAIA

Martina González Veigapsicóloga xeral sanitaria, sexóloga e terapeuta ofrécenos esta interesante e moi necesaria charla que, de seguro, axudará ás familias a enfrentarse a este tema.

Como lle falo “diso”? Aprendendo a educar ás crianzas en sexualidade.

 MARTES 7 de novembro ás 16.30 na Biblioteca do Centro.

Asistencia libre ata completar aforo. Recordade que haberá servizo de  “canguro” para aquelas familias que acodan cos nenos ou nenas.  

SAMAÍN SANGRIÑENTO 2023

Chegou un dos días máis esperado polas nosas nenas e nenos!!! A pesares da choiva, esperaban nerviosxs e impacientes o que ía suceder neste día...

O cole xa estaba ambientado coa temática...

 Pero esperábaos moitas sorpresas... coas luces acesas, demos un paseiño polo Centro...JAJAJAJA...isto era o que esperaba ó noso alumnado:

  

Chegou o momento!!! Luces apagadas, música terrorífica...carreiras, sustos AHHHHH. Algo de medo si que pasaron, aínda que non queiran recoñecelo...

Unha vez nas aulas comezaron as actividades: para o alumnado máis pequecho de Infantil, estaba preparado un TALLER SENSORIAL. O resto do alumnado foi convocado para un ESCAPE ROOM (Xogos de estratexía e inxenio).

De todos eles gozaron moitoooo. Aquí deixamos unha mostra: 

A continuación, turno para entregar premios de cabazas, todas ben terroríficas e feitiñas...

Pero...hai que elexir. Estes foron as nenas e nenos premiados. Parabéns!!!

Premios tamén para os concursos que convocou a Biblioteca do Centro https://bibliopepinho.blogspot.com/  : casiñas e beberaxes...

Estamos chegando ó final e sabemos que toda festa galega remata cunha boa merenda. Nesta ocasión, aportouna o alumnado de Infantil e da Gándara. Graciñas familias, todo moi rico.

E xa para o remate finalísimo o alumnado de 6º, dirixido pola profe Virginia, ofreceunos este baile. Parabéns!!!

Graciñas a todo o profesorado polo traballo e a implicación que fixo que esta primeira festa do curso fose un exitazo e, en especial, ó equipo de Actividades Extraescolares encargados da súa organización.

CHARLA: FORMACIÓN EN IGUALDADE

A primeira das charlas organizadas pola ANPA ATALAIA https://anpaasangrina.com/ foi o pasado martes 24 de outubro.

O título completo da charla foi: Proceso formativo en Igualdade para nais, pais e profesorado. Foi impartida polo mestre e psicopedagogo  Ramón Torrente García.

SEGURIDADE NAS REDES

Vivimos nun mundo conectado. O noso día a día é cada vez máis dixital e a tecnoloxía forma parte das nosas vidas. Miles de dispositivos conéctase a internet a diario aportando un mundo cheo de posibilidades pero tamén de riscos.

Buscando axudar a familias e alumnado na necesidade de facer un uso responsable da tecnoloxía,aportamos estas páxinas:

NAVEGA CON RUMBO: https://navegaconrumbo.cpeig.gal/

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo. Esta é unha iniciativa encamiñada a que o alumnado dos centros escolares de Galicia, navegue con seguridade..."Non fagas en Internet nada do que non farías na túa vida real".

INCIBE: https://www.incibe.es/menores

 Instituto Nacional de Ciberseguridade. Ofrece servizos de ciberseguridade orientados a fomentar o uso seguro das tecnoloxías por parte dos menores, educadores e familias.

PANTALLAS AMIGAS: https://www.pantallasamigas.net/

Ten como misión a promoción do uso seguro e saudable das TIC, incluído Internet, e o fomento do uso dixital responsable na infancia e a adolescencia.

CICLO DE CHARLAS. FORMACIÓN EN IGUALDADE. ANPA ATALAIA

Despois das charlas co alumnado do Centro, chega o turno das familias e profesorado. A primeira das charlas será o MARTES 24. na Biblioteca do Centro.

 Asistencia libre ata completar aforo. Recordade que haberá servizo de  “canguro” para aquelas familias que acodan cos nenos ou nenas.

  

AUXILIAR DE CONVERSA. CURSO 2023-2024

Presentamos a VANESSA MERCEDES BONILLA, a auxiliar de conversa que este curso acompañará ó noso alumnado nas súas clases de inglés para reforzar a súa competencia neste idioma.

WELCOME!!!!

HORARIOS SECRETARÍA DO CENTRO

Este son os HORARIOS nos que a secretaría do Centro está dispoñible:

Distribuir contido


by Dr. Radut