Invitación feita polo centro SAN XEROME para unha xornada de convivencia con centros da Vila á que acudimos hoxe todo o Centro.
Nin o tempo, ameazante de choiva nos fixo dubidar ante a troula, a rememoración de algo tan noso, que levamos tan dentro como son as FESTAS DO MONTE.
Así que o alumnado chegou vestido ou coa roupa da súa banda ou con vestimenta cómoda e acompañados con instrumentos tradicionais, bombos, caixas, pandeiretas e gaitas.
Hoxe tamén estivemos de estrea, uns panos rotulados co nome do cole e da nosa Biblio que luciron as nosas nenas e nenos e tamén unha bandeira que nos identificaba co mesmo logo. Así chegamos...
Iniciamos a subida ó Montiño para compartir xornada. Madriñas e padriños ,o alumnado máis maior, foron recoller ás súas afilladas e afillados, o alumnado máis cativo, para subir con eles. Agradecemos o cariño e a atención con que os atenderon.
Unha vez alí, comezou a celebración:
Lectura dun MANIFESTO redactado polo alumnado de 6º, que leron con moito sentimento, Sara e Machado. Aquí queda:
Logo, merenda, amenizada coa nosa música tradicional:
E agora...tocar...tocar...todxs xuntos:
Un día inesquecible cheo de fermosas imaxes. Aquí quedan algunhas: