Skip to Content

XORNADA DE CONVIVENCIA NO CENTRO SAN XEROME

 

O luns 5 de decembro, os alumnos e alumnas de 4º de primaria  desfrutaron dunha xornada de visita e conviencia no Centro San Xerome Emiliani    https://www.sanxerome.com/

Alí, ademais de mostrarlles como é o centro, puideron participar en tres obradoiros. Cada obradoiro sorprendía ó alumnado máis ca o anterior:

Fixeron chapas e coñeceron a sala multisensorial

 Descubriron a percusión a través de preguntas e respostas musicais

 

e aprenderon que se pode xogar de formas diversas e que hai un deporte que se chama Boccia (deporte de pelota de precisión, semellante á petanca,concebida para personas con discapacidades), co que gozaron maiores e pequenxs.

Foi un día estupendo. Moitísimas grazas San Xerome !!!

XOGANDO EN FAMILIA . BIBLIOPEPIÑO

A Biblioteca do Centro viviu este sábado unha emotiva xornada de xogos en familia.

Emoción de ver a nosa Biblio cheiña de nais, pais, fillas e fillos compartindo e convivindo. Tedes todas as imaxes no blog:

http://bibliopepinho.blogspot.com/

IMAXES DA SEMANA DA INCLUSIÓN

Deseñadas polo Equipo de convivencia leváronse  a cabo durante esta semana diferentes actividades:

1) Customización dun paraugas nas sesións de plástica do alumnado de 5º e 6º para unirse á actividade promovida polo San Xerome "Baixo o mesmo paraugas"

 

E aquí está o noso paraugas!!! Portado por usuarixs do Centro San Xerome no acto que se celebrou en Vigo  no que quixeron reivindicar que:

“A nosa meta é visibilizar unha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual. O paraugas simboliza a unión e todos temos cabida baixo o paraugas, sen diferenzas”.

 2) Nas sesións de Educación Física fixéronse obradoiros dem GOALBALL .Trátase dun deporte de equipo creado especificamente para persoas cegas ou con baixa visión.

3) Para rematar, saimos todxs xuntxs ó patio para facer unha foto "baixo os paraugas"

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

Dende o Equipo da Biblioteca do Centro  http://bibliopepinho.blogspot.com/ 

convidan ás familias a diversas xornadas nas que poder intercambiar e vivir momentos especiais: lecturas, xogos, cine...

Seguro que vos gusta algunha, hai variedade. Aquí deixamos toda a información:

25N. 2022. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 N celébrase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO para denunciar e erradicar a violencia que sofren as mulleres en todo o mundo. É importante detectar a desigualdade para loitar contra ela.

Estamos convencidas que so educando en igualdade entre mulleres e homes, entre nenas e nenos, estaremos contribuíndo a eliminar esta lacra.

A profe Chus de Relixión contribuiu á data cun fermoso mural moi reivindicativo feito co seu alumnado.

Loce así de ben no corredor do 1º andar:

O equipo de Convivencia do Centro propúxonos esta actividade ben fermosa e reivindicativa..

Unha marea de mans moradas con lemas alusivos ó tema tema invadiu as aulas.

Debuxaron, recortaron, decoraron e lucíronas...

 

E recorreron o pobo con elas  ...que non o credes, aquí tedes as imaxes:

 

 

GRACIÑAS FAMILIAS!!!!

SEMANA DA INCLUSIÓN

3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que ten como obxectivo fundamental promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

 E é que ás veces necesitamos sentarnos nunha cadeira de rodas ou tapar os nosos ollos para comprobar que un paseo pola vila pode ser unha carreira de obstáculos, ou ben unha proba de alto risco. A nosa vida á carreira impídenos, moitas veces, fixarnos no que nos rodea, aprender dos demais e entender que a discapacidade non é só para outros, que en calquera momento podemos atoparnos nunha situación de discapacidade temporal ou permanente. Unha caída, un accidente, unha enfermidade pode levarnos a esa discapacidade e entón quererás unha sociedade preparada para iso. E por iso debemos loitar. Por unha sociedade inclusiva e preparada para todas e todos. 

Tamén todos os nenos e nenas deben ter as mesmas oportunidades de estudo deseñadas para contemplar as diversas necesidades individuais, ou sexa, unha educación inclusiva ou incluinte.

Durante esta semana celebraremos no Centro esta data con diferentes actividades e unímonos á actividade que propón o San Xerome Emiliani:

Estaremos unidxs  baixo os paraugas formando a palabra INCLUSIÓN pensando que todxs somos diferentes, pero ó mesmo tempo iguais. 

                                    Somos únicos e diversos.

CONSELLO ESCOLAR: VOTACIÓN DAS FAMILIAS

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL do Centro fixo pública  a relación de nomes dos candidatxs no taboleiro do Centro.

A votación será o martes 29 de novembro en horario de 15:30 a 18:00 horas, tempo no que a mesa electoral  estará aberta.

Animamos ás familias a exercer o seu dereito a votar. Participa!!!!

CHARLAS NA AULA. EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

Un curso máis, a asociación ÉRGUETE BAIXO MIÑO (https://www.erguete.org/) achega ó noso Centro, dentro dos seus programas educativos, unhas charlas /coloquios encamiñadas a adquirir coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas que fomentan o mantemento dunha vida máis saudable. 

 

 

 

 

 Asisten a elas todo o alumnado do Centro co obxectivo da  axuda coa xestión das emocións e, no alumnado máis maior, incidindo tamén na resolución de conflitos.

Son impartidas por M.Jesús Rodriguez a quen, coma sempre, agradecemos a súa implicación e o seu bo facer cas nosas nenas e nenos.

20 N. DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

20 N é un día moi especial para todas as nenas e nenos do mundo.

Ese día no ano 1959 aprobouse a Declaración dos dereitos das nenas e dos nenos por unanimidade por todos os paises da ONU.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación das nenas e nenos máis desfavorecidxs, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Equipo de Convivencia do Centro propuxo ó alumnado a lectura e decoración por estrofas deste poema de MARÍA ALONSO SANTAMARÍA onde se fala destes dereitos. Co traballo de cada aula fixeron este fermoso video poema que, en formato libro tamén, quedará exposto na Biblioteca do Centro.  

BO TRABALLO!!!

CONFERENCIA "NON DEIXES QUE SE APAGUE A TÚA CREATIVIDADE"

Por vez primeira o alumnado máis maior do Centro, 4º,5º e 6º asistiu en streaming a unha interesante conferencia. Algo novedoso para as nenas e nenos que esperaban impacientes a ver que ía pasar...E así foi:

Patricia García, docente e pedagoga falounos da forma de ensinar a través da creatividade.

E como se fai?:

 

Curiosidade, Orixinalidade, inventiva, imaxinación... como obxectivo para que non se acabe nunca a creatividade.

Aprendemos que todxs somos creativxs, so necesitamos gañas...de crear e de escoitar...

  

UNHA EXPERIENCIA DISTINTA!

Distribuir contido


by Dr. Radut