Skip to Content

MAGOSTO 2022

Despois da chuvia, chegou o sol, día espléndido para esta celebración tan popular que tanto desfrutan as nosas nenas e nenos.

Como en anos anteriores compoñentes da asociación AVELAIÑA da Guarda acompañáronos. Queremos dar as grazas á ANPA https://anpaasangrina.com/ por aportar á festa uns quiliños de castañas.

Así que...comezou a preparación, lume aceso e castañas nas parrillas:

Mentras se facían o Equipo de Actividades Extraescolares organizou uns xogos populares dos que desfrutaron moitoooo: circuito de castañas, tres en raia de castañas, birlos, baile, puntería....

Todxs preparados para baixar, os primeiros os máis peques, cargadiños de ilusión:

Aquí deixamos as imaxes:

    

 Despois de tanto exercicio...que fame!!! que cheiriño a castañas asadas...alá imos, a comer!!!!

 Graciñas a todxs, organizadores e profesorado, sempre implicado para que todo saia estupendo!!!

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DESTE CENTRO

De conformidade co que establece a resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,  establécese o calendario para a realización de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

O Consello Escolar é o órgano de participación dos diferentes membros da Comunidade Educativa do Centro.

Este curso imos proceder a renovalo.Vanse convocar, neste Centro Público  de Educación Primaria ,eleccións para a renovación parcial dos representantes dos distintos sectores (responsables do alumnado, profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos) no seu Consello Escolar.

O prazo de presentación de candidaturas empeza o venres 11 de novembro e remata o venres 18 de novembro ás 14:00 h. Animamos ás familias a presentar a súa candidatura. 

TOUPICIENCIA SHOW

Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua e coa colaboración da Biblioteca Escolar na conmemoración do mes da Ciencia na Biblioteca Escolar chegou á Sangriña:



A Xanela do Maxín presentou este espectáculo de monicreques do que puideron gozar o alumnado de 2º,3º e 4º no que se fomenta e promove a divulgación científica en galego.

Todo preparado para recibir ó alumnado:

 

Da man de Toupiña e do seu axudante Protonio nenas e nenos viviron unha xornada científica en galego con diversos experimentos...

 

Temas de presión, electricidade...foron facendo hipóteses e probando segundo o método científico para finalmente chegar ó resultado preciso.

Canto lles prestou!!!

Graciñas a organizadores e á Xanela do Maxín!!!

SAMAÍN SANGRIÑENTO 2022

Chegou o día máis terrorífico!!!

Nenas e nenos esperaban impacientes e nerviosxs a entrada preparada con esmero polo profesorado.

Antes e coas luces acesas demos un paseo polo Centro para ver as sorpresas que esperaban ó noso alumnado:

Chegou a hora:luces apagadas: 

Despois de unhas cantas carreiras e algo de medo, chegada ás aulas onde nos mostraron os seus disfraces e maquillaxes:  

E comezaron as actividades:

Para o alumnado máis pequeno, Infantil e 1º estaba organizado un TALLER SENSORIAL do que desfrutaron moitísimo: 

O alumnado máis maior foi convocado para un ESCAPE ROOM (Xogos de estratexia e inxenio) 

Toda festa galega remata con merenda. Nesta ocasión, a nosa foi traida polo alumnado de 5º e 6º. Graciñas ás familias, todo estivo exquisito.

E non faltaron os bailes e as cancións entre todxs:

Ahhhh e queda para finalizar os premios ás cabazas que máis gustaron:

SAMAÍN 2022 :EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Este curso volven con forza as celebracións á Sangriña. O noso Samaín está sendo moi participativo!!! 

Unha das actividades que máis gustan son o tallado e exposición de cabazas.

Damos as grazas ás familias pola colaboración para que a entrada do Centro luza chea de cor, creatividade e orixinalidade:grandes, pequenas, pintadas, talladas,con formas e ata con feitizos!!!  As nosas cabazas!!

Aquí as tedes. Parabéns a todas e todos as/os artistas!!!Guay  

 

MANUALIDADES DO NOSO SANGRIÑENTO SAMAÍN!!!

Falta moi pouquiño para o día máis terroríficooooo.

Para prepararse, o cole encheuse de esqueletes, bruxas, cabazas, carautas, teas de araña...que nenas e nenos fixeron con ilusión en diversos talleres e nas aulas.                  

Nenas en nenos en acción!!!! 

Paseando polo cole atopamos moitooo medo e creatividade:

 

ACTIVIDADES NA SANGRIÑA

Tamén polas tardes encontraredes actividade no Centro.

Retomada a normalidade, volveron as actividades que organiza a ANPA (https://anpaasangrina.com/) que quedan deste xeito:


Así mesmo, dende a vindeira semana, nas tardes dos luns, mércores e xoves, retoma a actividade a Biblioteca do Centro cheiña de boas lecturas e outras cousiñas como poderedes comprobar. No seu blog poderedes atopar toda a información.

http://bibliopepinho.blogspot.com/

En exclusiva tamén presentamos  o proxecto anual do Centro que estará coordinado pola Biblioteca Escolar:

"A Guarda é vida"

 

ESTÁ CHEGANDO!!!! SANGRIÑENTO SAMAÍN!!!

Acércase a festa máis terrorífica e o Equipo de  Extraescolares quere achegar algunhas das actividades que se van celebrar...

HAHAHAHAGuayESTADE PREPARADXS!!

 

A ORIXE DA NOSA LINGUA GUAPA

A RAG (Real Academia Galega) estrea esta curta de ficción coa que pretende achegar ós máis cativos/as a lingua galega dun xeito ameno e diferente. Nesta ocasión explícanos o proceso de formación da nosa lingua galega.

Baseada nunha idea orixinal da escritora FINA CASALDERREY e a mestra-meiga Fátima R. Ruibal que protagoniza o guión acompañada do alumnado do CPI St. Lucía de Moraña, centro no que exerceu como mestra Fina Caslderrey.

Aquí deixamos o vídeo:

  

E a canción: LINGUA GUAPA: 

IMAXES DAS XORNADAS DE BALONMÁN

Remataron estas xornadas nas que o noso alumnado de Infantil e primaria coñeceu e puxo en práctica o balonmán.

Estas xornadas leváronas a cabo de xeito conxunto o MECALIA  ATLÉTICO GUARDÉS  e o ATLÉTICO NOVÁS.

Estiveron presentes os dous coordinadores da canteira Fabio Lima do Guardés e César Armán do Novás. Con eles tamés estivo a porteira do Guardés, Miriam Sempere.

Aquí deixamos imaxes...canto desfrutaron!!! Graciñas!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut