Skip to Content

INVITACIÓN ATLÉTICO GUARDÉS

O Clube Atlético Guardés fainos chegar os seguintes documentos en relación a horarios de partidos e actividades organizados para os días 21 e 22 de maio na fase de ascenso a 1ª autonómica.

 Trátase dunhas actividades deportivas previa ó partido ás que vos animan a participar.

ACTIVIDADE DE CONVIVENCIA CON AVELAIÑA

O Centro leva anos colaborando coa asociáción AVELAIÑA da Guarda que ten como obxectivo potenciar a inclusión das persoas con enfermidade mental, mediante a mellora da súa calidade de vida e dos seus familiares.

(https://xn--avelaia-9za.es/contacto/)


Esta vez foi o alumnado de 5 anos o que se achegou ata a súa sede onde estaba organizada unha actividade de convivencia e inclusión que todxs, alumnado e adultos desfrutaron e gozaron.

Decoraron macetas...

 

Plantaron uns amorodos...

  E que mellor cousa para rematar que merendar xuntxs e convivir!!!

Mil graciñas por deixarnos vivir estas experiencias que nos axudan a medrar nun mundo máis xusto e mellor!!!

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS

Inauguramos a celebración das Letras Galegas con varias actividades.

Dende as aulas chegaron poesías, marcapáxinasuns acrósticos propostos polo Equipo de Dinamización da Lingua , todos os traballiños feitos polo noso alumnado con moita ilusión...

 

E temos unha sorpresiña para as familias que levan tanto tempo, pola pandemia, sen ver xunto a todo o alumnado nunha actuación.

Será o venres 20 no Auditorio de San Bento tal como está anunciado na Web do Concello.

 Dende Dinamización da Lingua propoñen esta actividade en prol da cultura musical popular galega e chamárona:

MINI CONCERTO POPULAR CON MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS

Aquí deixamos unha pequena mostra en imaxes do ensaio xeral que fixemos no Centro, previo á actuación. Esperamos que veñades a vernos en directo porque...merecerá a pena!!!!Vémonos!!!Guay

DEPORTE NA ESCOLA: CICLISMO

Organizada polo Servizo provincial de deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia dende o programa Xogade, chegou ó Centro esta xincana ciclista da que desfrutaron no patio o alumnado de 4º e 5º

 

 

 

 

Xa a primeira hora foron chegando coas súas bicicletas moi ilusionadxs

 

Co obxectivo de que melloren a súa autonomía na bicicleta colocáronse para iniciar o percorrido...

 

  

Atención!!! Comezamos!!!

 

 

 Canto desfrutaron!!!!

CINE EN IGUALDADE: VALENTINA

Invitados polo Concello da Guarda, todo o alumnado do Centro asistiu á proxección da película VALENTINA no Centro Cultural.

É unha aventura de animación musical cunha nena con síndrome de Down como protagonista. A voz de Valentina foi interpretada pola nena Julia Seren con síndrome de Down.

Foi merecedora este ano dun premio Goya á mellor película de animación.

Deixamos aquí o trailer :

 

LETRAS GALEGAS. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

O equipo de DINAMIZACIÓN DA LINGUA achega unha escolma de recursos para coñecer e traballar ó autor homenaxeado este ano 2022 nas LETRAS GALEGAS.

Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de abrir un novo espazo dedicado a Florencio Manuel Delgado Gurriarán, o escritor que será homenaxeado o 17 de maio. Alén da súa biografía, tedes á vosa disposición diversos recursos dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG):

 https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas.

Na páxina web do Seminario Galán poderedes atopar actividades interactivas, así como actividades en PDF, carteis da exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, escolma de textos, fotos e actividades para infantil en lingua de signos,  video da biografía, canción sobre o poema " Pandeirada", cronoloxía, marcapáxinas... 

A ligazón da web do Seminario é a seguinte:

                         http://www.seminariogalan.org

Real Academia Galega xa ten en marcha a nova edición de Primavera das Letras, adicada a Florencio Delgado Gurriarán, protagonista do Día das Letras Galegas 2022. este proxecto dirixido ao público infantil, primaveradasletras.gal, pode descargarse a biografía do autor escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán.

Video realizado polo CPR San Pío X, de Ourense, sobre a biografía e obra de de Florencio  Delgado Gurriarán.

 

Un grupo de nenas e nenos do CEIP Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras) representa a dramatización de "Casoiro" . Este é un dos poemas que o protagonista do Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán, dedicou ao mundo do viño da súa comarca, Valdeorras, e incluíu en 'Galicia infinda' (1963).

 

"Aí vén o maio" é un dos poemas que Florencio Delgado Gurriarán, protagonista do Día das Letras Galegas 2022, incluíu no seu primeiro libro, 'Bebedeira' (1934). Neste vídeo seis alumnas e alumnos do CEIP Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras) interpretan a canción composta polo mestre de música do centro, Nacho Hermida, a partir da composición poética do autor.

 

Canción interpretada por CARLOS GARCÍA CASÁS cun poema de FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.

A PANDEIRADA:

 

IMAXES DO DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Empatía, porse no lugar dos demais,tolerancia, respectando as diferenzas, comunicación dos problemas, confianza para contalos...e nunca nunca mirar para outro lado se ves que alguén que tes cerca ten dificultades.

Despois de traballar nas aulas para intentar concienciarnos deste problema que afecta á nosa sociedade actual, o alumnado da Sangriña di alto e ben claro:

"STOP ACOSO ESCOLAR"

                                                       

CHARLAS NA AULA: "EDUCACIÓN PARA A SAÚDE"

A asociación ÉRGUETE BAIXO MIÑO (https://www.erguete.org/ofrécemos un curso máis unhas charlas/coloquios encamiñadas a adquirir coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas que fomentan o mantemento dunha vida máis saudable.

Son impartidas por M.Jesús Rodriguez a quen agradecemos a implicación e boa disposición co alumnado.

 

 

 

 

Téntase axudar ó alumnado de 3º/4º/5º/6º a mellorar as habilidades sociais e de comunicación, afrontando os conflitos con empatía incrementando a autoestima e o sentido crítico. 

  

EXPOSICIÓN "EL MUNDO DE LOS SELLOS"

A exposición escolar "El mundo de los sellos" que dende o luns estivo instalada no noso Centro, móstranos a historia do correo dende o seu nacemento ata hoxe a través de paneis expositivos...

A mostra está acompañada de elementos que identifican a Correos de España como o uniforme, a carteira e unha caixa de correos, entre outros.

 

 

 

 

 

 

 

Tamén inclúe un audiovisual de 15 minutos coa historia do selo, cun posterior test de preguntas, a escritura dun sobre patrocinado por Correos que recibe o alumnado na aula...

e a visita explicativa ós paneis...

 

Como actividade extra, está o concurso escolar “Debuxa un selo da túa localidade” que o alumnado está facendo nas aulas.

2 MAIO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 O Día Internacional contra O acoso escolar, coñecido tamén como Día contra o Bullying  conmemorase o 2 de maio. Esta iniciativa, nacida no ano 2013 foi aprobada pola UNESCO o mesmo ano, coa fin de axudar á concienciación deste problema. Trátase  dunha campaña de concienciación sobre o problema que afecta a millóns de escolares do mundo.

Bullying ou acoso escolar.

 O bullying é definido como a inxustiza ou abuso de poder que sofren os escolares nas aulas. Os nenos e nenas que  sofren acoso escolar por parte  doutros estudantes ou son testigos de situacións de violencia de forma reiterada teñen un menor rendimento académico a corto e  a longo plazo.

 O acoso escolar pode ocurrir física, verbal e/o socialmente. Tamén pode darse a través das redes sociais ( neste caso falamos de ciberacoso).

Por iso é clave que profesorado, alumnado e familias sexan capaces de identificar unha situación de acoso e actuar de inmediato. Entre todos debemos priorizar que nosos fillos/as aprendan a resolver situacións dun xeito non violento, sen imposicións nen coaccións e a través da negociación e a inclusión.

Dende o CONTRATO PROGRAMA Convive e Convivencia propóñennos o visionado de varias curtas para reflexionar sobre este problema:

Para 1º/2º/3º/4º un par de curtas:

Lou” de Pixar.

“Piedra, papel y tijeras”

  

Para traballar nas aulas temos actividades de nivel básico e nivel avanzado no seguinte blog:

https://unapizcadeeducacion.com/blog/

Para o alumnado maior de 5º e 6º:

O videoclip do grupo” Furius monkey house”, coa canción “Run”: 

 Rematamos cun rap  de "El Langui" contra o acoso escolar...SE BUSCAN VALIENTES para que non miremos para outro lado!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut