Skip to Content

INFORMACIÓN PROTOCOLO COVID

Estimadas familias:

Ante as dúbidas xeradas sobre os protocolos COVID, o Centro quere facer chegar esta información para saber actúar. Asi que imos respostar a esta pregunta:

VISITAS DO NADAL

Rematou o trimestre...e que mellor maneira de pechalo que vendo a ilusión das nosas nenas e nenos cando recibiron dúas visitas que so aparecen no Nadal...

Chegado dende terras do Caurel apareceu polas aulas ...o APALPADOR!!! que, como sabedes trae castañas para agasallar pero...esqueceunas na súa casa da montaña e como non quixo chegar coas mans baleiras, repartiu...caramelos!!!! Canto lles gustaron...Mirade mirade...

E a visita máis esperada polos máis pequechos esperounos ó lado da árbore...sorpresa!!!! Papá Noel chegou!!! Que alto e que barba tan longa!!!...un a unha foi recibindo ás nenas e nenos que lle pedían cousas e  mirábano con ollos de sorpresa e emoción e ata algo de medo...ah!!! e recolleu as súas cartas...que emoción!!!!

Pois...toca despedirse xa rapazada!!!!

Portádevos moi moi ben. Ata o vindeiro anoooooo HOHOHOHOHOHO

MERENDA COS BOLECHAS NO NADAL

Aquí deixamos unha carta dos Bolechas na que vos convidan a interactuar con eles.Lede con atención o que hai que facer...

Animádesvos???

Ola!

Este Nadal temos moitas boas noticias que contarvos. Ademais da tradicional xira de Nadal, coa que estaremos en oito localidades galegas, este ano verémonos diariamente, de luns a venres, nun programa especial en directo no que poderemos interactuar e pasalo en grande.

 

Desde este luns 20 de decembro e ata o día 7 de xaneiro conectaremos en streaming a través da

 

CANLE OFICIAL DA TELEVISIÓN DE GALICIA EN YOUTUBE

 

para xogar, divertirnos, aprender e celebrar estas festas de Nadal na vosa compaña. E, sempre, en directo.

PODES VER AQUÍ UN AVANCE

 

Braulio, Pili, Loli, Carlos, Sonia, Tatá e Chispa e o resto da parentela Bolechas (a nai, o pai, avós e avoas… e ata Lusco e Fusco) celebrarán este Nadal con todas as familias de Galicia xunto a outras persoas convidadas en cada capítulo que porán música, baile, diversión, maxia e unha chea de sorpresas nesta aventura audiovisual.

 

“Merenda cos Bolechas” emitirase todos os días de luns a venres ás 17.00 horas, agás o día de Noiteboa (24 de decembro) e o de Fin de Ano (31 de decembro) en que a conexión en directo será ás 12.00 h. Durante o programa poderedes falar cos Bolechas, contarlles como estades a pasar o Nadal ou enviar saúdos aos vosos personaxes favoritos a través da canle de Youtube.

 

Esperámosvos a partir deste luns en www.youtube.com/televisiondegalicia

 

Os Bolechas

SAÍDA DO ALUMNADO DE 4º E 5º

Convidados pola Comunidade de montes de Camposancos e enmarcado dentro de VOZ NATURA e o Contrato programa EDUSOSTENIBILIDADE o alumnado de 4º e 5º de primaria acompañados da súa mestra e mestres subiron a Chans no noso Monte Trega a arrincar acacias, especies invasoras que pretenden colonizar o monte.

Unha mañá solleira pero ben fría que non foi impedimento para que as nenas e nenos gozasen coa actividade.

Aquí os tedes arrincando moi concienciad@s:

Ó remate dos traballos foron agasallad@s cunha merenda por parte da Comunidade de montes.

Sen dúbida, unha boa actividade!!!

FELICITACIÓN NADAL 2021

Rematado o 1º trimestre e sentindo xa ben cerquiña as festas, o Claustro de mestras e mestres do CEIP A SANGRIÑA quere desexar á comunidade educativa un moi feliz Nadal e que o Aninovo 2.022 veña cheiño de boas cousas, en especial nestes tempos de incerteza, de saúde.

XINCANA SENSORIAL

O profesorado organizador desta xincana, ofreceunos unhas actividades moi interesantes que fixeron que o noso alumnado se metera na pel dunha persoa discapacitada e poidese experimentar por un anaco como se sinten. Aprenderon que...

Traballaron:

DISCAPACIDADE VISUAL: adiviñaron obxectos co tacto, alimentos co olfacto e percorreron un circuíto cos ollos tapados axudados dun compi.

DISCAPACIDADE AUDITIVA: Coñeceron e traballaron o alfabeto braille e o dactilolóxico para poder facer un crebacabezas.

DISCAPACIDADE MOTORA: realizaron un circuíto cun so pé.

3 DECEMBRO DIA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE

30/11/2021
Europe/Madrid

A discapacidade NON é unha enfermidade, é unha condición que pasa desapercibida si eliminamos as barreiras do entorno.

Dende o CONTRATO PROGRAMA IguálaT chéganos esta interesante proposta para que este día non pase sen reflexionar co noso alumnado.

Obxectivos:

  1.    Dar a coñecer ao alumnado o significado de discapacidade ( diversidade).
  2.    Promover os dereitos e o benestar das persoas con diversidade funcional       en diferentes ámbitos da vida cotiá.
  3.   Concienciar e sensibilizar aos nenos e nenas das diferentes realidades do        mundo que nos rodea. 

Actividades propostas:

Para comezar e aproximar ó alumnado ó día que debemos conmemorar, cada titor ou titora proxectara na súa aula, os días anteriores a celebración, uns cortos ou audiolibros, adaptados a idade do alumnado. 

 Para infantil suxírense os seguintes:

     *Mis amigos especiales : https://www.slideshare.net/albertodepablo/cusersfideldesktop25-aniversariomis-amigos-especiales

     *El cazo de Lorenzo.  https://youtu.be/nSh_KGiYjqk      

     * Monstro rosa https://www.youtube.com/watch?v=AljPBaB5I4A

Para 1º 2º e 3º de primaria os que se indican a continuación:  

    * Tamara https://www.youtube.com/watch?v=foRUY2l4-3I&t=62s

   *  Pip Universidade Canina  https://www.youtube.com/watch?v=W2E9DBeOhVU

    * Conociendo el mundo con otro sentido https://www.youtube.com/watch?v=63S7mi3fM-I&t=297s

En 4º 5º e 6º:

   *  Cuerdas https://www.youtube.com/watch?v=4INwx_tmTKw

   * El regalo https://www.youtube.com/watch?v=-iPuxBAkUYg&t=4s

   * Ian https://www.youtube.com/watch?v=OHma93eZiBY

   * Lo incorrecto https://www.youtube.com/watch?v=SBLiBLb23ZA

O propio dia 3 de decembro levarase a cabo unha serie de actividades das que daremos conta tamén.

MERENDAS SAUDABLES

Dende o contrato programa EduSaúde queremos recordar ás familias que o benestar físico e emocional do alumnado é decisivo para a consecución dunha aprendizaxe efectiva.

Desde o Centro, queremos contribuír a este benestar físico e alimentario, polo que debemos impulsar tanto a actividade física como os hábitos alimentarios ligados a unha vida saudable para que poidan ser mantidos ó longo da vida.

Aquí deixamos unhas pequenas recomendacións de merendas saudables que podedes mandar ós vosos fillos e fillas durante todas as semanas. Animádesvos a seguilas?

25 N CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Mañá 25 de Novembro celébrase o día contra a violencia de xénero, unha lacra que afecta gravemente á nosa sociedade. Dende o CONTRATO PROGRAMA Iguála-T propuxeron varias actividades, a primeira foi poñer á disposición do alumnado libros, enlaces e música para traballar o tema. A segunda foi pedir a colaboración das familias para encher a entrada de bolboretas violetas feitas coas súas fillas e fillos.E chegaron mooitaasss... de papel, papiroflexia, con brillantina, grandes, pequenas...todas fermosas e moi orixinais. Mil graciñas ás nosas familias pola súa implicación co alumnado!!!!

Pero...por que pedían bolboretas? Coma unha grande homenaxe ás IRMÁNS MIRABAL. Coñeceredes a súa dura historia neste enlace:

                   https://youtu.be/kpE9vBdYwoI

Aquí tedes ás protagonistas, as bolboretas...

É importante detectar as desigualdades e loitar conta elas. Estamos convencidas de que so educando en igualdade entre nenas e nenos estaremos contribuindo a eliminar esta lacra.

VOTACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Mañá día 23 de novembro  entre as 15:30 e as 18:00 realizaráse a votación de pais e nais para a elección dos/as representantes das familias. Poden votar ambos proxenitores de cada alumno/a. Esperámosvos!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut