Skip to Content

PLAN ADAPTACIÓN AO PROTOCOLO COVID CURSO 2021-22

Achegamos o Plan de Adaptación á situación Covid-19 para o curso 2021-2022.

ABALAR MÓBIL

Estimadas familias:

Recordamos que para poder recibir comunicacións do Centro e mensaxes das distintas titorías, deben ter descargado o ABALAR MÓBIL.

Aquí deixamos o enlace onde se recorda o procedemento

BENVIDXS Ó NOVO CURSO!!!!

Queridas familias:

O vindeiro xoves día 9 de setembro iniciamos o curso escolar 2021/2022 coa ilusión de que en breve poidamos alcanzar a tan desexada normalidade. Polo momento, despois do PROTOCOLO publicado pola Consellería, manteremos as normas implementadas o curso pasado, que tan  bos resultados nos deron.

Afrontamos este curso con moita ilusión, con forza e enerxía dispostas/os a traballar  xuntos na procura do benestar do alumnado. 

Un saúdiño agarimoso de todo o CLAUSTRO de mestras e mestres.Risa

 

RESOLUCIÓN VALES E FONDO DE LIBROS

A listaxe definitiva de Vales e Fondo Libros para o curso 2021-2022 pódese consultar no portal educativo accedendo ao servizo Fondo Libros> CIDADÁNS

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Deixamosvos un pequeno titorial para intentar solventar calquera pequena dúbida sobre o acceso:

 

 

Recordamos que os libros de LINGUA GALEGA, LINGUA CASTELÁ E MATEMÁTICAS de 4ºde Educación Primaria e de 6º de Educación Primaria serán entregados de balde a todo o alumnado.

 

A listaxe definitiva tamén estará publicada no Taboleiro de anuncios do centro  (entrada principal do cole) durante esta semana de LUNS A XOVES en horario de 14.00h a 20.00h.

 

Un saúdo, 

O Equipo Directivo.

VALES E FONDO DE LIBROS

 

Debido á Lei de Protección de datos non se poden publicar as listaxes de vales de material -de todo o alumnado e o fondo libros só de 1º e 2º de Primaria no curso 2021-2022- na web do centro, polo tanto todos os solicitantes poderán comprobar se se lles concedeu a axuda no taboleiro da entrada do colexio.

O fondo libros de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria no curso 2021-2022 entregarase en setembro.

Recordade que todo o alumnado de 4º e 6º de Primaria no curso 2021-2022 terá libros de Matemáticas, Lingua Castelá e Lingua Galega de forma gratuíta sexan ou non solicitantes de fondo libros xa que son cedidos polo centro.

Os beneficiarios poden acudir ao centro a recoller OS VALES os días martes 6 de xullo e mércores 7 de xullo en horario de 9:00 a 13:00

 

Un saúdo, 

 

O Equipo Directivo

DESPEDIDA DOS NOSOS NENOS E NENAS DE SEXTO

E xa para rematar temos que despedirnos dos nosos compañeiros e compañeiras de sexto, os maiores  do cole!! Desexámosvos moita sorte e que saibades que na Sangriña tedes sempre as portas abertas xa que todos e cada un de vos formades parte desta gran familia da que nos sentimos moi orgullosos!!!!

Moita sorte nesta nova etapa e aquí vos deixo as fotos do último día do cole no Camping Santa Tecla:

 

 

FESTIVAL FIN DE CURSO (INFANTIL)

Os nenos e as nenas de infantil preparaon ca profe Isa unhas preciosas coreografías para terminar este curso con alegría!! Mirade que ven o fixeron:

 

 

 

 

 

 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2021

Fomos quen de ESCOITAR, COMPARTIR ,AXUDARNOS e lograr este traballo colaborativo para acadar un obxectivo común: achegarvos a nosa enerxía, dinamismo e talento.

BO VERÁN!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PARABÉNS PROFE ROSA POR ESTE TRABALLO!!!!!

LIBROS DE TEXTO 2021-2022

 

SAÍDA FIN DE CURSO: 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado de 1º de Educación Primaria acudiu ao Montiño coa finalidade de despedir o presente curso. Ademais de contribuír a que as nenas e nenos gozasen cos seus compañeiros/as dunha experiencia diferente e enriquecedora.

Por desgraza, as condicións meteorolóxicas provocaron que tivésemos que acortar a saída. Non obstante, desfrutamos moito da experiencia. Que día tan fermoso!!

 

A continuación poden visualizar un vídeo no que se recollen algunhas imaxes da mesma.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut