Skip to Content

XOGANDO NOS RECREOS

20/10/2021 19:14
Europe/Madrid

Queremos que vexades en imaxes a que xoga o alumnado de máis idade do Centro nos recreos.Seguro que sentides curiosidade...sempre nos grupos burbulla e cumprindo todos os protocolos coma auténticas campioas e campeóns, non so xogan ó fútbol que segue gustando moooitoooo.

A zona nova con construcións de madeira resuta moi atractiva...

Raquetas...

Xogos tradicionais...cordas, ligas...

Desfrutan tanto escribindo nos taboleiros...

Practicando cos zancos...

Baloncesto...

Moita variedade!!!! En breve veredes ós peques do cole!!!

SAÍDA DO ALUMNADO DE 4º E 5º

Hai  25 anos  nacía o programa VOZ NATURA  co obxectivo de fomentar a defensa do medio ambiente de Galicia desde as aulas.O noso Centro leva varios cursos participando nas distintas actividades programadas.

Os colexios guardeses A Sangriña e As Solanas foron os primeiros de Galicia en participar nas accións especiais que conmemoran o 25 aniversario de Voz Natura.

Nesta ocasión, a acción dos centros escolares da Guarda desenvolveuse no primeiro dos cinco tramos do Camiño Portugués da costa que realizarán os colexios durante este curso e que lles levará a pasarse a testemuña duns a outros.

 Comezou o noso tramo de camiño no Centro coa foto de partida do alumnado de 4º e 5º ...

...collendo a testemuña da man da mestra responsable de Voz Natura, Lucía Lima.

 

Na praia retomaron forzas despois da camiñata...

Entregaron a testemuña ó Centro das Solanas:

E rematou a xornada coa fotaza final dos dous Centros xuntos.

 

Para rematar, aquí deixamos o enlace á noticia  no xornal "La voz de Galicia" onde se pode ler ademáis o traballo ambiental desenvolto nos dous cursos anteriores no noso Cole. 

http://www.voznatura.es/articulo-de-actualidad-2309-La-25%C2%AA-edici%C3%B3n-de-Voz-Natura-arranca-con-dos-colegios-de-A-Guarda&idioma=Galego

PRESENTAMOS Ó AUXILIAR DE CONVERSA

06/10/2021 17:34
Europe/Madrid

Outra novidade moi interesante para este curso chega desde a asignatura de Inglés. Temos un curso máis un auxiliar de conversa que acompaña ás dúas teacher, Linda e Angie nas súas clases para  posibilitar a práctica da conversación oral en inglés apoiando ó alumnado para a mellora da lingua oral.

Presentamos a MITCHELL ENGLISH.

 

Aquí o vemos na aula de 6º facendo o seu traballo en grupos pequenos:

Magnífica experiencia que, sen dúbida aproveitará o alumnado!!!!

CAMPAÑA PARA REDUCIR O USO DE BOTELLAS PLÁSTICAS NO NOSO COLE. ECO-SANGRIÑA

04/10/2021 16:33
Europe/Madrid

Un curso máis renovamos a nosa participación en VOZ NATURA, programa de educación medioambiental de La Voz de Galicia co que intentamos poñer o noso gran de area no medioambiente.

A primeira acción deste curso é o empeño en eliminar o plástico dun so uso...

 Toda a información no tríptico que vedes a continuación e que compartimos nas aulas co alumnado.

COMEDOR ESCOLAR

30/09/2021 23:16
Europe/Madrid

O comedor escolar é un servizo complementario que se ofrece, con carácter xeral, de setembro a xuño, contribuíndo a favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.

Iniciado o curso coa normalidade que nos permite a pandemia queremos mostrar as imaxes do Comedor escolar da Sangriña, por suposto cumprindo todas as medidas e protocolos. 

 

BOLSAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO (ANEAE)

REQUISITOS:

  • Recibir apoio fora do centro nunha empresa/entidade (gabinete)

PRAZO: Ata o 27 de setembro no centro.

PROCEDEMENTO: Rexistro na web PREMA AQUÍ e cumprimentar os datos que correspondan.

 

DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBERÍA ENTREGAR NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ademais da solicitude:

  • Fotocopia de tódolos membros da unidade familiar 
  • Certificado Conta Bancaria
  • Informe Gabinete

 

PLAN ADAPTACIÓN AO PROTOCOLO COVID CURSO 2021-22

Achegamos o Plan de Adaptación á situación Covid-19 para o curso 2021-2022.

ABALAR MÓBIL

Estimadas familias:

Recordamos que para poder recibir comunicacións do Centro e mensaxes das distintas titorías, deben ter descargado o ABALAR MÓBIL.

Aquí deixamos o enlace onde se recorda o procedemento

BENVIDXS Ó NOVO CURSO!!!!

Queridas familias:

O vindeiro xoves día 9 de setembro iniciamos o curso escolar 2021/2022 coa ilusión de que en breve poidamos alcanzar a tan desexada normalidade. Polo momento, despois do PROTOCOLO publicado pola Consellería, manteremos as normas implementadas o curso pasado, que tan  bos resultados nos deron.

Afrontamos este curso con moita ilusión, con forza e enerxía dispostas/os a traballar  xuntos na procura do benestar do alumnado. 

Un saúdiño agarimoso de todo o CLAUSTRO de mestras e mestres.Risa

 

RESOLUCIÓN VALES E FONDO DE LIBROS

A listaxe definitiva de Vales e Fondo Libros para o curso 2021-2022 pódese consultar no portal educativo accedendo ao servizo Fondo Libros> CIDADÁNS

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Deixamosvos un pequeno titorial para intentar solventar calquera pequena dúbida sobre o acceso:

 

 

Recordamos que os libros de LINGUA GALEGA, LINGUA CASTELÁ E MATEMÁTICAS de 4ºde Educación Primaria e de 6º de Educación Primaria serán entregados de balde a todo o alumnado.

 

A listaxe definitiva tamén estará publicada no Taboleiro de anuncios do centro  (entrada principal do cole) durante esta semana de LUNS A XOVES en horario de 14.00h a 20.00h.

 

Un saúdo, 

O Equipo Directivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut