Skip to Content

SEMANA DA INCLUSIÓN

Versión para imprimir

3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que ten como obxectivo fundamental promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

 E é que ás veces necesitamos sentarnos nunha cadeira de rodas ou tapar os nosos ollos para comprobar que un paseo pola vila pode ser unha carreira de obstáculos, ou ben unha proba de alto risco. A nosa vida á carreira impídenos, moitas veces, fixarnos no que nos rodea, aprender dos demais e entender que a discapacidade non é só para outros, que en calquera momento podemos atoparnos nunha situación de discapacidade temporal ou permanente. Unha caída, un accidente, unha enfermidade pode levarnos a esa discapacidade e entón quererás unha sociedade preparada para iso. E por iso debemos loitar. Por unha sociedade inclusiva e preparada para todas e todos. 

Tamén todos os nenos e nenas deben ter as mesmas oportunidades de estudo deseñadas para contemplar as diversas necesidades individuais, ou sexa, unha educación inclusiva ou incluinte.

Durante esta semana celebraremos no Centro esta data con diferentes actividades e unímonos á actividade que propón o San Xerome Emiliani:

Estaremos unidxs  baixo os paraugas formando a palabra INCLUSIÓN pensando que todxs somos diferentes, pero ó mesmo tempo iguais. 

                                    Somos únicos e diversos.



page | by Dr. Radut