BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
IMAXES DA SEMANA DA INCLUSIÓN
Deseñadas polo Equipo de convivencia leváronse a cabo durante esta semana diferentes actividades:
1) Customización dun paraugas nas sesións de plástica do alumnado de 5º e 6º para unirse á actividade promovida polo San Xerome "Baixo o mesmo paraugas"
E aquí está o noso paraugas!!! Portado por usuarixs do Centro San Xerome no acto que se celebrou en Vigo no que quixeron reivindicar que:
“A nosa meta é visibilizar unha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual. O paraugas simboliza a unión e todos temos cabida baixo o paraugas, sen diferenzas”.
2) Nas sesións de Educación Física fixéronse obradoiros dem GOALBALL .Trátase dun deporte de equipo creado especificamente para persoas cegas ou con baixa visión.
3) Para rematar, saimos todxs xuntxs ó patio para facer unha foto "baixo os paraugas"