BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
1º CONCERTO CONSERVATORIO DA GUARDA
Un curso máis o conservatorio municipal da Guarda difunde con diversas audicións os instrumentos que poden tocar se inician os seus estudos musicais.
( https://www.edu.xunta.gal/centros/cmuselementalaguarda/)
Desprazámonos ata o AUDITORIO MUNICIPAL o alumnado de primaria, de 1º a 6º .
Audicións de piano, guitarra e violín. O profesorado que os imparte foi explicando cada instrumento e fixo unha pequena interpretación:
Turno primeiro para PIANO:
E, así o oimos...
Agora a GUITARRA, nas dúas modalidades, guitarra española, que fixo soar así de ben VALENTINA de 4º...
e guitarra eléctrica que fixo as delicias do noso alumnado nas mans do seu profe:
Por último o VIOLÍN,normal e eléctrico. Así foi:
Rematou a audición cunha petición para tocar o piano de TOMÁS de 4º...
E os tres profes tiveron a amabilidade de tocar para nós varias pezas xuntos:
BRAVO POLA MÚSICA!!!!!