Skip to Content

PROXECTO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE. ANPA ATALAIA

Boas novas para o alumnado e as familias do noso Centro!!!.

A Anpa en coodinación co Centro  organiza un programa de charlas para o noso alumnado.Ademáis organizan tamén dous faladoiros para nais, pais e profesorado, que se celebrarán na biblioteca Bibliopepiño, e para os que contaremos con servizo de conciliación ou “canguro”, para aquelas familias que acodan cos nenos ou nenas.

 https://anpaasangrina.com/concesion-da-subvencion-de-igualdade/

Aquí deixamos o programa: 

 GRACIÑAS POR OFERCERNOS ESTA EXPERIENCIA!!!

ÉRASE UNHA VEZ...UN COLE DE CONTO!!!

Este curso o proxecto do Centro, organizado pola Biblioteca Escolar (http://bibliopepinho.blogspot.com/) versará sobre os contos e chamarase...

O profesorado do Centro quixo que a volta ás aulas fose divertida e convertémola nunha sorpresa...alá fomos mestras e mestres vestidxs dos contos que traballaremos nas aulas...bruxas, piratas,carapuchiñas e unha chea de personaxes de Contos encheron o Centro e fixeron as delicias do alumnado.

Foi un xeito diferente de iniciar o curso!!!

FELIZ CURSO 2023-2024!!!

MERENDAS SAUDABLES.RECREOS. RESIDUOS CERO. CURSO 2023-2024

Dende o contrato programa EduSaúde, seguimos  recordando ás familias que o benestar físico e emocional do alumnado é decisivo para a consecución dunha aprendizaxe efectiva.

Por iso, desde o Centro, un curso máis, queremos contribuír a este benestar físico e alimentario, polo que debemos impulsar tanto a actividade física como os hábitos alimentarios ligados a unha vida saudable para que poidan ser mantidos ó longo da vida.

Aquí deixamos unhas pequenas recomendacións de merendas saudables que podedes mandar ós vosos fillos e fillas durante todas as semanas para a merenda que fan nos recreos. Pedimos a vosa colaboración no mantemento do calendario establecido.

 Tamén comentarvos, que o Centro participa por segundo ano consecutivo no programa «RECREOS RESIDUOS CERO» que consiste en motivar ó alumnado para que nos seus xantares ou merendas non haxa residuos, ou polo menos, o mínimo posible. Para iso deberán usar envases retornables como friambreiras para sólidos e cantimploras para a auga a fin de eliminar as botellas de plástico e os envases dun só uso como plásticos,papel de aluminio, etc

 

Animádesvos a seguilas?

 

REUNIÓNS INICIAIS PRINCIPIO CURSO 2023-2024

Estimadas familias:

Para ir coñecendo profesorado, aulas e cuestións organizativas do curso, convócanse as seguintes reunións no Centro:

O alumnado de 5º de primaria aínda non ten asignado profesorado, cando estea asignado, informarase debidamente ás familias.

CURSO 2023-2024. BENVIDXS

Estimadas familias:

Despois deste descanso estival tan merecido para todxs no que repuxemos forzas, damos comezo ó novo curso 2023/2024 coas enerxías renovadas, con moita ilusión e cunha mochila ben cargadiña.... novos retos e proxectos esperan a ser desenvolvidos.

Un curso máis pedimos a vosa colaboración e apoio para traballar xuntxs na procura do benestar do alumnado.

Un saúdo agarimoso: Equipo directivo/Claustro de mestras e mestresRisa

 

REMATANDO O CURSO 2022-2023

Remata o curso 2022/2023. O Centro quere agradecer ás familias a implicación e a cercanía manifestada.

Tomamos un descansiño ben merecido para todxs, para repoñer forzas e empezar en setembro con enerxías renovadas.

COMEZAMOS E. INFANTIL!!!

A incorporación dos nenos e nenas de 3 anos á vida escolar debe ser unha experiencia positiva, que os faga sentir que se fan "maiores" de forma divertida.

Os primeiros días de clase son xeralmente duros para os nenos e as nenas. Uns incorpóranse por primeira vez a un centro educativo; outros deixan o seu centro preescolar para ir ao "cole de maiores", e, en calquera caso, despois dun longo período vacacional, cústalles recuperar o ritmo de traballo. ¿A quen non?

Pero cun apoio axeitado, por parte das familias e do profesorado, as xornadas  converteranse pronto nunha diversión continua e as inseguridades, os nervios e os choros desaparecerán sen decatarnos.

De novo, a orientadora, María Masana, propón unhas pautas, que expuxo, acompañada do equipo de apoio, Ana e Carmen  ás familias : 

PASO DE E.PRIMARIA A E. SECUNDARIA

O paso do colexio ó instituto adoita converterse nun momento importantísimo, especialmente cando supón un cambio de ambientes, novos compañeiros e amigos, novxs titorxs e rutinas. Axudar e preparar ó alumnado é fundamental, sobre todo a medida que se achega o cambio.

De novo a orientadora María Masana preparou esta presentación para, acompañada do equipo de apoio Ana e Carmen, presentarlla  ás familias. 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

Esta é a listaxe de libros do CEIP A SANGRIÑA para o vindeiro curso: 

PASO DE E.INFANTIL A PRIMARIA

O paso de E.Infantil a E.Primaria supón un gran cambio para as nenas e nenos e as súas familias. Prodúcense moitos cambios con respecto a rutinas e métodos de aprendizaxe.

Conscientes disto, a orientadora do Centro, María Masana, preparou esta presentación, e, acompañado do profe Jose, da mestra de apoio, Ana e da mestra de A.L, Carmen convocaron ás familias para visionala e comentala.

Aquí a deixamos para que a repasedes se necesitades e lista para as familias que non puideron asistir á charla:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut