O TEMPO MADE IN BUEU
UN FENÓMENO METEOROLÓXICO ESTRAÑO...
Enviado por Marta Valbuena o Dom, 20/03/2022 - 19:30Esta semana tivemos a ocasión de coñecer un fenómeno meteorolóxico estraño... O martes 15, o alumnado da nosa escola comezou a preocuparse cando notaron que a néboa que cubría o ceo, era algo diferente á habitual, pois case semellaba ser de cor laranxa!!!
As mestras nos explicaron que efectivamente, o ceo non estaba cuberto de nubes, senón dunha nube de po que viña do deserto do Sahara. A borrasca Celia invadiu a Península Ibérica enchéndoo todo de area!
Ao principio nos parecía raro e mirabamos moi sorprendidos, pero despois descubrimos que efectivamente o Sol estaba no ceo querendo saír tras esa capa rara de area que as mestras dixeron se chama CALIXE SECA!!!
Despois, puidemos ver vídeos e fotos doutros lugares de España que se levantaron cunha boa capa de area, menos mal que en Bueu só caeu unha capa finiña...
Aínda así, as imaxes dende a nosa caseta meteorolóxica chamaban a atención e quixemos deixar constancia deste fenómeno meteorolóxico tan peculiar.
Mesmo as familias animáronse a enviarnos fotos da Ría de Pontevedra cuberta de calixe seca!
Non nos esqueceremos deste día tan especial!
APRENDEMOS METEOROLOXÍA!!
Enviado por Macu Rodríguez o Xov, 03/02/2022 - 21:33
APRENDEMOS METEOROLOXÍA!!
A de cousas que aprendemos...!!
As últimas dúas semanas do mes de xaneiro aprendemos a diferenza entre “tempo cronolóxico” e “tempo atmosférico”.
O certo é que desde o comezo do curso, cada mañá, ao facer “as rutinas” no noso “almanaque móbil”, observamos ambos tempos (os días da semana, os do mes, os meses do ano; as estacións, se chove, se vai vento, se está o día solleiro...); pero non sabiamos que en realidade houbese unha ciencia chamada METEOROLOXÍA que os estudase!
Así que, un día a profe apareceu cunha caixa de cor azul cunha inscrición na tapa que dicía “CAIXA METEOROLÓXICA” e explicounos que durante dúas semanas xs alumnxs de 1º seriamos xs responsables de tomar nota dos cambios meteorolóxicos que se producisen na nosa vila!!!!!
Para iso, debiamos acceder á caseta meteorolóxica, que se atopa nunha zona do patio dxs maiores. Como era a primeira vez que iamos, acompañounos a PROFE MARTA, que nos ensinou cales eran os diferentes instrumentos e aparellos que alí se gardan e como deberiamos empregalos para facer as medicións nos días vindeiros.
Explicounos o funcionamento do termómetro, o barómetro, o higrómetro e dunha especie de vaso un pouco raro que había colgado por fóra chamado pluviómetro!
No termómetro debíamos fixarnos en tres datos:
· A temperatura mínima correspondente a esa madrugada.
·A temperatura máxima, que sería a do mediodía anterior e
·A temperatura “actual”, a que había no momento (un frío...!!)
AH! E unha vez que as anotabamos naqueles papeliños tan raros, debiamos pulsar un botón sobre o cal aparecía a palabra “clear” para que se borrasen os datos do día anterior e puidese rexistrar os seguintes.
No barómetro tiñamos que fixarnos no número que sinalaba a agulla (indicaba a “presión atmosférica”) e fixarnos se no “debuxiño da esfera” apuntaba máis cara o sol ou cara a chuvia.
Tamén na esfera do barómetro aparecía o marcador do “higrómetro” que sinalaba a porcentaxe de “humidade” que había no aire.
Despois de tomar nota de todos eses datos, debiamos dar unha volta arredor da caseta meteorolóxica e comprobar se o “pluviómetro” contiña auga, o cal sería indicio de que chovera. Pero ata o último día non houbo sorte!!! En dúas semanas, apenas caeron unhas pingas!!!
Unha vez feitas todas as comprobacións, acudiamos ao corredor da biblioteca onde está O PANEL DA METEOROLOXÍA: “O TEMPO MADE IN BUEU” e alí deixabamos rexistrada toda a información que anotaramos.
A PROFE CRIS facía as veces de reporteira gráfica e facíanos fotos mentres nós desenvolviamos o noso labor de meteorólogxs!!!
MOITAS GRAZAS, PROFES MARTA E CRIS,
POLA VOSA AXUDA!!!
XA ESTAMOS DESEXANDO QUE NOS VOLVA TOCAR !!
OBSERVANDO O TEMPO METEOROLÓXICO
Enviado por Marta Valbuena o Xov, 27/01/2022 - 15:43A finais de decembro e principios de xaneiro, o alumnado de 2º fomos os encargados de observar os datos do tempo meteorolóxico na caseta que temos no patio da escola, e logo de rexistrarlos no panel do recuncho das meteoescolas que temos no corredor da Biblioteca.
Como curiosidade, destacamos as altas temperaturas que observamos na semana do 15 ao 21 de decembro, un pouco anómalas para estar a piques de comezar o inverno. Xusto á volta das vacacións de Nadal recollemos no pluviómetro moitísima auga das precipitacións que caeron durante as vacacións. Tanto é así que botaba por fóra a auga do recipiente. Posteriormente, baixaron as temperaturas e aínda que non chegamos a baixo cero, tivemos a sorte de recoller a temperatura mínima deste curso, 3º.
Na primavera volveremos a ter oportunidade de comprobar se as temperaturas e precipitacións van acorde coa estación.
O TEMPO EN BUEU
Enviado por Susi Fernandez o Mar, 07/12/2021 - 17:25Esta semana tocounos ir todos os días a recoller os datos meteorolóxicos á caseta! Encántanos esta actividade e este ano tivemos sorte porque non houbo temporal. É unha oportunidade para repasar todo o vocabulario do tempo en galego!
Xa estamos desexando que nos volva a tocar.
4ºA RECOLLIDA DE DATOS METEOROLÓXICOS DO 8 AO 19 DE NOVEMBRO
Enviado por Amalia Omil o Lun, 22/11/2021 - 19:11O alumnado de 4ºA fomos os encargados de recoller os datos meteorolóxicos durante unha quincena deste mes de novembro.
Cada día acudíamos a caseta meteorolóxica. Recolliamos os datos do termómetro de máximas e mínimas, do barómetro, do higrómetro e do pluviómetro.
Despois iamos ao corredor do Bibliocastelo e deixabamos rexistrado todos os datos.
Xa na nosa clase completabamos o climograma cos datos diarios.
Pero… Que aburrimento! Todos os días practicamente o mesmo. As temperaturas estables e NON CHOVEU NUNCA!
Hoxe transformamos o noso climograma nun texto. A profe tróuxonos o que fixeron o alumnado, que agora está en sexto, no mes de novembro de 2019. CHOVERA TODOS OS DÍAS! O novembro máis chuvioso dende que hai rexistros. E nós preguntámonos:
HAI CAMBIO CLIMÁTICO?
Agora é a quenda dxs nosxs compañeirxs de 4ºB. A ver a que conclusión chegan!
QUINTO RECOLLE A TESTEMUÑA DA ESTACIÓN METEOROLÓXICA
Enviado por Silvia García o Xov, 11/11/2021 - 12:52O alumnado de 5º recibíu a testemuña da caixa meteorolóxica que nos pasaron as compañeiras e os compañeiros de 6º para poder recoller e rexistrar os datos da estación.
Todos os días ás nove da mañá, durante dúas semanas, dirixímonos hacia a caseta meteorolóxica para recoller datos.
Unha vez recollidos os datos, dirixímonos hacia o corredor da biblioteca onde quedarán expostos para quen queira consultalos.
Antes de despedirnos ata o vindeiro trimestre queremos agradecer ás familias a vosa colaboración enviándonos fotos como esta:
Ata a próxima e MOITAS GRAZAS!!
RECOLLENDO DATOS NA NOSA ESTACIÓN METEOROLÓXICA
Enviado por Anónimo o Mér, 27/10/2021 - 21:59
Un ano máis, o alumnado de 6º, tivemos o privilexio de inaugurar a recollida e rexistro de datos da nosa estación meteorolóxica.
Esta actividade sempre é moi motivadora para nós e, ano tras ano, cumprimos coa nosa tarefa de xeito excepcional!
Aquí vos deixamos unha mostra:
RECUNCHO METEOESCOLAS
Enviado por Marta Valbuena o Ven, 02/07/2021 - 20:42Durante o curso 20/21 estivemos rexistrando os datos no recuncho METEOESCOLAS da Biblioteca. Alí acodía o alumnado a anotar os datos recollidos na caseta no termómetro, barómetro, pluviómetro...
Tamén podían levar en empréstito libros relacionados co tempo para as bibliotecas da aula ou para ler nas casas. Este espazo vai enchéndose de fondos bibliográficos pouco a pouco e xa temos unha boa bibliografía meteorolóxica.
Despedimos xa este curso que nos aportou tanto, meteorolóxicamente falando e quedamos á espera de solicitar este programa no vindeiro curso. Bo e soleado verán!
What's the weather like?
Enviado por Marina Presas o Lun, 28/06/2021 - 13:14Durante este ano, como tódolos anos desde a Area de Inglés estivemos traballando cos nosos alumnos o vocabulario do tempo atmosférico relacionado co mes do ano e coa súa estación correspondente. En todas as clases se traballa este tema ao inicio de cada clase e ao longo do curso escolar para que os alumnos aprendan e utilicen todo este vocabulario vencellado co tempo de xeito práctico e lúdico coas profes e tamén con Eliot, o auxiliar lingüístico. Aquí amosamos algúns exemplos desas interaccións.
PREGUNTAS CURIOSAS PARA RESPOSTAS SORPRENDENTES SOBRE O CLIMA
Enviado por Anónimo o Lun, 28/06/2021 - 10:05O alumnado de quinto de primaria, preparando os guións para a radio escolar, decidiron investigar sobre algúns fenómenos meteorolóxicos, facendo preguntas moi interesantes.
Seguro que vos sorprenden e aprendedes cousas novas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »