O TEMPO MADE IN BUEU

THE WEATHER

Nesta entrada ides ver como se traballan as Meteoescolas nas clases de inglés dos peques do colexio:

 

Educación infantil: Ao inicio de cada sesión, despois dos saúdos e de dicir o día no que estamos (día da semana e día do mes), describimos o tempo atmosférico respondendo á pregunta "What's the weather like?". O alumnado observa o exterior e decide que tempo fai hoxe (sunny, cloudy, rainy) con apoio xestual.

1°EP: Ao inicio de cada sesión, despois de ver a data e a estación na que estamos, describimos o tempo atmosférico respondendo á pregunta "What's the weather like?". O alumnado observa o exterior e decide que tempo fai hoxe repasando o vocabulario do tempo (sunny, cloudy, partly cloudy, rainy, windy, snowy) e a temperatura (cold, warm, hot) co apoio visual de símbolos en goma eva e as tarxetas de palabras (wordcards).

O VERME DO TEMPO

Hoxe o alumnado de 4º de infantil quere presentarnos ao VERME DO TEMPO. Durante todo o curso foron rexistrando nel o tempo metereolóxico xunto cos días da semana.

Ao final da semana observaban cantos días de sol, choiva ou sol con nubes houbo nesa semana.

METEOESCOLAS INCLUSIVAS

Este ano fixemos unhas melloras no noso espazo da meteoroloxía que está no exterior da escola.

Na primeira delas, Ramón, o noso conserxe, colocou unhas losetas facendo un camiño dende o patio ata a garita meteorolóxica para que todas as persoas poidan acceder alí. Ademais así, cando vamos a observar os datos non nos mollamos nin embarramos os pés. Quedou estupendamente e agora apetécenos máis aínda visitar a nosa caseta meteorolóxica.

Ademais, fixemos os nosos recunchos meteorolóxicos máis inclusivos colocando carteis con pictogramas, para que todos saiban o tesouro que gardamos nesa caixiña branca tan misteriosa!

DÍA DE CHUVIA

DÍA DE CHUVIA

A semana do 12 ao 16 de abril tocoulle ao alumnado de 1º A recoller os datos da caseta meteorolóxica e rexistralos no lugar sinalado. Ademais gustábanos mirar cara o ceo cada mañá para coñecer as nubes e observar se estaban cargadas ou non de chuvia, tanto e así, que na clase un día lle dedicamos a identificar expresións e vocabulario relacionadas con este meteoro. Aquí pódese ver no traballo do alumnado.

 

DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL

O 23 de marzo celébrase o DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL e como nós aprendemos nunha METEOESCOLA, celebrámolo con multitude de actividades.

- Aproveitando que a chegada da PRIMAVERA foi uns días antes, falamos do equinoccio e fixemos uns debuxos moi bonitos.

          

- Decoramos a nosa axenda, como é costume nas datas importantes, con meteoros e instrumentos meteorolóxicos.

          

- Fixemos unha portada para a carpeta das fichas do 2º trimestre na que o protagonista era o SOL, polo que previamente aprendemos cousas sobre el.

Preme nesta imaxe para ver como o fixemos

  - Finalmente construímos a nosa RODA DO TEMPO, unha roda na que podemos marcar cada día como está a situación meteorolóxica.

Preme nesta imaxe e verás o proceso

Resultou ser unha data moi interesante, coa que aprendemos moito sobre o tempo!

DÍGOCHO EU METEOROLÓXICO

O alumnado de terceiro de primaria puxemos o noso gran de area ao proxecto de Dinamización Lingüística elaborando un vídeo, formato DÍGOCHO EU.  Serviu, ademais, de broche de ouro para pechar o noso proxecto de meteoroloxía.

Ten a particularidade de que incluímos palabras de Bueu o do Morrazo, que lonxe de reixetalas, valoramos e que moitas delas están recollidas pola Real Academia da Lingua Galega.

 

POEMA DE PRIMAVERA

O alumnado de terceiro recibimos a primavera recitando un poema de Antonio García Teijeiro. Como xa fixemos coa chegada do outono e do inverno gravámonos en vídeo e aquí temos o resultado:

POEMA DE PRIMAVERA 3º B

 

POEMA DE PRIMAVERA 3º A

 

 

PROXECTO DE METEOROLOXÍA

O alumnado de terceiro realizamos durante o segundo trimestre un proxecto sobre meteoroloxía. 

A parte de aprender cales son os aparatos que miden o tempo atmosférico ou de descubrir os distintos tipos de clima e a influencia que teñen sobre a flora e a fauna, tamén investigamos sobre cambio climático, efecto invernadoiro, burato da capa de ozono, ou quencemento global. Soubemos que había moitas asociacións ecoloxistas e intersámonos especialmente por Green Peace. Admiramos a Greta Thunberg, polo seu valor e dedicación.  Todo este traballo queda enmarcado no PDI do cole sobre os ODS (Obxectivos de desenvolvemento sostible.

Todos estes traballos quedaron recollidos nun libro que elaboramos entre todos e que agora, tras desinfectarlo ou deixalo en corentena, viaxa polos nosos fogares. 

Deixamos a continuación a presentación que fixemos as dúas aulas de terceiro

 

 

METEOESCOLAS 3º E. PRIMARIA

O alumnado de terceiro de primaria, fomos xs encargdxs de visitar a caseta meteorolóxica e de rexistrar os datos no comezo do segundo trimestre.

Tivemos a sorte de rexistrar as temperaturas máis baixas, recollendo algúns días temperaturas por debaixo do cero graos. Outro día sorprendeeunos a borrasca Justine, á que sucedeu inmediatamente Karim. Tanta auga caeu que non cabía no noso climograma. 

Deixamos rexistro nestes climogramas, que iamos construíndo a diario:

DÍA MUNDIAL DA METEOROLOXÍA

O 23 de marzo celébrase o DÍA MUNDIAL DA METEOROLOXÍA. Aproveitando que no noso centro contamos coa nosa propia estación meteorolóxica, grazas ao programa METEOESCOLAS, o alumnado de 4ºA elaborou o seu propio libro de aula con palabras galegas relacionadas co tempo. 

Agardamos que vos guste!

Distribuir contido